Posts Tagged ‘xente’

Vilalle 22 anos despois…


2009
07.15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Resaca festeira


2008
12.29

CCD18122007CartelFestaXuventude2008América e Hiroshima puxeron a música e a xente as ganas de pasalo ben, mui ben(menos xente da esperada?). A organización coma sempre perfecta, e na que como di a Voz, colaborou  unha vez máis Enrique da Casa do Zapateiro, publicista afincando en Barcelona que se encarga do deseño das camisetas, e tamén do regalo adicional deste ano, que consistía nun primeiro capítulo dun misterioso libro aínda sen rematar.

Este ano a temática que inspira a celebración xira en torno a enigmática figura da torre para reclamar a atención dos veciños, visitantes e as institucions e o respeto do valor histórico e artístico da edificación medieval. Deso e de outras moitas cousas tivemos a ocasión de falar con Enrique, tranquilo pero inquieto, cun mar de ideas que por veces aventáxante en anos e tamén en experiencia. Todo un placer coñecelo e compartir mesa!

E despois dete rollo, as fotos. Mañá o regalo extra… por se alguén non o leu… aínda!! e falta a crónica do Castroverde 3 – Guntín 1 que non ten sitio polo momento, xa veremos.

O próximo ano máis e mellor!!!!!

Cena e as rapazas guapas de castroverdePereira e mario Richard e amiga Vista da xente desde o palco Rubén e pibe Raquel e susana