Pedras contra tanques. Simplemente

2009
01.13

Moito se fala do conflicto árabe-israelí e que mellor que recuperar esta canción para mostrar o desacordo e protesta contra unha guerra desproporcionada.

Para todos aqueles que sofren esta noxenta masacre, “Pedras contra tanques”, tema con letra de Suso de Toro que as Leilía incluíron no seu Madama.
Pedras contra tanques

Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.

Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.

Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.

O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada.

[gv data=”XXpRbm6Bu5Q” width=”425″ height=”350″][/gv]

Tags: , , , , , , ,

5 Responses to “Pedras contra tanques. Simplemente”

  1. Millan Fernandez di:

    Esencialmente dacordo aínda que por desgracia, non todo é tan simple. É un conflito histórico, vello e endiañado con máis complicacións. Ademáis de selo nudo gordiano de graves e grandes problemas mundiais.
    Unha auténtica barrabasada o que está a facer o estado irresponsable e expansionista de Israel, que non respetou as súas fronteiras, está enemistado con tódolos veciños e non fai máis que abusar de que posúe o exército máis sofisticado do planeta, empregándoo contra un pobo que ten unhas tasas de mortandade infantil, hacinamento, analfabetismo e desemprego brutais.
    Israel mostrouse ilexítimo por facer un uso desmesurado da forza. Pero do lado palestino hai que comprobar que dende que se desprestixou a ANP, morreu Arafat e Hamás (armado e financiado por EEUU e Israel) se fixo co poder a cousa non fixo máis que empeorar, entrando nunha espiral sin xeito e nunha guerra civil de facto. Non se podería caer na trampa de defendela causa palestina apoiando o integrismo relixioso e a práctca do terrorismo, coma algúns ultimamente caen. eso é un erro porque levan as de perder.
    E coma si eu lle quero pegar unha paliza ó quinteto inicial dos Lakers.
    Por outra parte, a actitude da maioria da comidade internacional e de institucións como a UE ou a ONU é bastante vergonzosa, certo, aínda que tampouco se debera caer na trampa de desprestixalas en exceso, pois son quenes poderían poñer freo a esta irracionalidade pola vía diplomática. É o que lle interesa a Israel para seguir masacrando, empregando armas químicas ou facendo animaladas dese calibre.
    A triste desgracia é que hai un choque de fundamentalismos exacerbados, de paixón desmesurada, e naide pon unha gota de razón, e mentras así siga sendo Gaza seguirá estando nun espectacular campo de concentración, morrendo de fame…e logo virá Cisxordania…
    O triste é ver como pode morrer xente inocente tanto en campos de refuxiados coma nun bus no centro de Tel Aviv.
    E o que tamén da que pensar é que se poña tanta atención nesta sangría, porque ademáis de ser o que é, é tamén un grande plató de televisión retransmitindo para o mundo. Naide fai nada, pero tampouco naide fai nada noutro grandísmo campo de concentración, e nunha traxedia maior, como é África.

  2. IriaenLanuBe di:

    Conflito histórico, e polo que parece, interminable.

    En Madrid, na manifestación pola liberdade de Palestina podian lerse pancartas coma esta:
    “No hay mayor hipócrita que el que dice no a la guerra vendiendo armas. Exportaciones bélicas de España a Israel en la 1ª 1/2 del 2008 = 1.550.000 €”

    Non hai maior cego co que non quere ver…

  3. Millan Fernandez di:

    …é a triste realidade e é un insulto ós cidadáns que esteamos a armar un exército que practica o terrorismo. Deberíase de cancelar ese contrato armamentístico por dignidade, pero supoño que a cambio, Israel deixaría de mercar e comercializar con España. O volumen podería ser importante, e en momentos de crise habería xente que non o entendería. Que pesa máis? o interese ou a moralidade?

  4. Tino di:

    Está claro, o interese. O negocio está feito, e se non queren ver como di Iria, pois non hai nada que se poida facer.
    Recomendo ampliar algo máis o tema na entrada de millán…
    http://millansocial.blogspot.com/2008/12/son-dos-que-pensa-que-cmpre-chamar-s.html
    onde explica con máis detalle, e nos comentarios, todo o conflicto e as posibles solucions.

    P.D. Aínda naide dixo nada da canción… curioso. Ten polo menos 4 ou 5 anos.

  5. Laura di:

    A canción moi chula, nunca a oíra. Moi apropiada para o tema que tratas