E o pleno falou

2009
01.20

PiscinasAprobouse definitivamente o plan parcial, o denominado Sur D-3. O plan permitirá ampliar a superficie prevista (60.000 m. cadrados) para o polígono industrial dun total de 120.000. A fase inicial abarcará uns 80.000 metros e estará financiada pola Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa). Segundo se prevé, a mediados de ano poderán comezar as obras de urbanización.

PiscinasTamén no pleno extraordinario, se aprobou unha ampliación do proxecto para as piscinas municipais. Cun orzamento inicial de 542.00€, ampliase por problemas na cimentación, e que se vai a mellorar. Así o convenio coa Deputación chega o importe de 711.000€ , e outros 60.000€ que aporta o concello. Serán en total, oitocentos mil euros, para rematar, por fin, con anos de retraso as piscinas(1995).

PiscinasTamén se ratificaron as obras que se presentarán ao Fondo Local. Dous dos proxectos xa aprobados, son a renovación e abastecemento de auga a Castroverde, e a mellora no alumbrado na Rúa da Feira, O campo de fútbol e o Camiños primitivo, cun total de 112033€. O importe das axudas restantes, 445126€ serán para a renovación de accesos a varias parroquias do concello(asfaltar).

Tags: , , , , , , , , ,

4 Responses to “E o pleno falou”

  1. PiYaDoOo di:

    Que ben non?¿

    Saúdos

  2. Tino di:

    Esperemos, esperemos¡¡¡¡ Pero cando a política se mete polo medio…

  3. Millan Fernandez di:

    …home, a política sempre se mete polo medio, sobre todo naquelas decisións que son políticas.

    O das piscinas….sen tempo non era…ahora, que ter unhas piscinas para disfrutar 15 días ó ano….ter unhas climatizadas era boa idea, o peor é mantelas. O do diñeiro do Goberno, está ben..servirá para facer cousas que, doutra maneira, levaría 10 anos facer.

  4. Tino di:

    jajaja, xa home, se non quería decir eso. jejejeje

    Sen tempo non era, non!!! pero aínda falta para velas rematadas e ver o resultado…