Posts Tagged ‘poligono industrial’

E o pleno falou


2009
01.20

PiscinasAprobouse definitivamente o plan parcial, o denominado Sur D-3. O plan permitirá ampliar a superficie prevista (60.000 m. cadrados) para o polígono industrial dun total de 120.000. A fase inicial abarcará uns 80.000 metros e estará financiada pola Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa). Segundo se prevé, a mediados de ano poderán comezar as obras de urbanización.

PiscinasTamén no pleno extraordinario, se aprobou unha ampliación do proxecto para as piscinas municipais. Cun orzamento inicial de 542.00€, ampliase por problemas na cimentación, e que se vai a mellorar. Así o convenio coa Deputación chega o importe de 711.000€ , e outros 60.000€ que aporta o concello. Serán en total, oitocentos mil euros, para rematar, por fin, con anos de retraso as piscinas(1995).

PiscinasTamén se ratificaron as obras que se presentarán ao Fondo Local. Dous dos proxectos xa aprobados, son a renovación e abastecemento de auga a Castroverde, e a mellora no alumbrado na Rúa da Feira, O campo de fútbol e o Camiños primitivo, cun total de 112033€. O importe das axudas restantes, 445126€ serán para a renovación de accesos a varias parroquias do concello(asfaltar).