Habemus sorpresas.

2009
03.17

Este é sen duda o titular da xornada. Os dous partidos adiantados ao sábado non marcaron a pauta do que debían facer o resto de equipos o domingo. As sorpresas chegaron, e so algunhos tiveron máis sorte que outros nesta xornada 25.

• Guntín – Muralla 0 – 0. Empate que pode ser crucial para o muralla. Presionado pola victoria do castroverde o sábado, o muralla debía ganar para non sair dos postos de ascenso a segunda rexional. Afrontou o partido confiado, nun campo sempre difícil, recuperando incluso a xogadores titulares. Pese a que todo o equipo o intentou non puido pasar do empate a cero goles.

Sagrado Cor. – Pradeda 1 – 1. Dos partidos do domingo, éste era dos que máis expectación levantaba posto que se xugaba moito o sagrado corazón. Incluso podía supoñer un cambio de lider se o calasancio non conseguía a victoria. O equipo local foi incapaz de marcarlle un gol ao Pradeda a pesar das innumerables ocasions que tuvo. Aínda así, mantense en postos de ascenso aínda que desaproveita unha magnífica ocasión para seguir a estela do lider, e tamén para alonxar un pouco máis ao muralla. O pradeda pola súa banda prosigue na seu particular duelo de colistas co lucense, dous puntos por riba.

No resto de partidos non houbo lugar as sorpresas, e os equipos que aspiran ao ascenso conseguiron sumar unha nova victoria. Así o calasancio impúxose por un 0-2 no sempre difícil campo do Portomarín, que xa non se xoga nada. O último equipo en discordia polo ascenso, o Oural, venceu na súa visita a Carqueixa, en Sober, por un claro e contundente 1-5, que manten aínda as experanzas de conseguir unhas das tres prazas.

Tags: , , , , , , , , ,

Comments are closed.