Archive for Abril, 2009

Marea Verde


2009
04.06

Resultados
Pradeda – Castroverde 1 – 6
Oural – Muralla 0 – 2
Comercial – Lugo 2 – 0
Garabolos – Sagrado 0 – 1
Calasancio – Río Sil 4 – 0
Rubián – Antas 3 – 3
Friol – Lucense 4 – 0
Portomarín – Guntín 1 – 1

a proxima xornada sera:


Próxima Xornada
Guntín-Río Sil
Antas-Sagrado Cor.
Lucense-Lugo
Portomarín-Muralla
Friol-Castroverde
Rubián-Pradeda
Calasancio-Oural
Garabolos-Comercial

A marea verde e blanca chegou ata Pradeda. Alí o equipo ofreceu unha boa imaxe os moitos afecionados que se achegaron ata o campo do Pradeda(Gracias).
Nunha comenzo fulgurante con claras ocasions, no minuto catro de partido, o primeiro gol obra de Juan. O máis difícil estaba feito, abrir a lata. Este gol despertou os locais, que se viñeron arriba e neses 15 seguintes minutos tiveron as mellores ocasions. Aínda así non conseguiron marcar, e o castroverde desperdiciou numerosas ocasions ata que Marcos Veiga fixo o segundo pouco antes do fin da primeira parte.
Na segunda monólogo dos visitantes que conseguiron catro tantos máis, dando conta da diferencia entre os dous equipos na clasificación, tres obra de Marcos Veiga, e outro de Gelo, que rompe coa súa mala racha de cara o gol.
Partido moi complicado, que se resolveu con contundencia, sobre todo na media hora final, e co equipo xusto de efectivos polas dúas sancions e as baixas xa habituais. Con nove puntos por xogarse, todo é posible.

SD Castroverde: 1-Marcos, 2-Óscar, 3-Bruno, 4-Juán, 5-Javi, 6-Marcos, 7-Toño, 8-Manu, 9-Marcos Veiga, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron 12-Iván, 13-Chino e 14-Tino.

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 27 20 5 2 76 20 65
2. Castroverde 27 18 4 5 67 31 58
3. Muralla 27 17 6 4 55 18 57
4. Sagrado Cor. 27 17 5 5 42 20 56
5. Oural 27 15 8 4 62 32 55
6. Comercial 28 14 8 6 55 39 50
7. Friol 26 11 7 8 52 33 40
8. Portomarín 27 10 5 12 43 43 35
9. Rubián 27 8 9 10 46 57 33
10. Río Sil 27 8 5 14 23 47 29
11. Antas 27 8 5 14 43 69 29
12. Garabolos 28 7 5 16 36 49 26
13. Guntín 26 5 10 11 30 42 25
14. Lugo 28 6 2 20 38 78 20
15. Pradeda 27 3 6 18 31 60 15
16. Lucense 28 3 4 21 23 84 11

Luzmila unfa fan do correo


2009
04.02

Últimamente cheganme correos (non deseados) co mesmo mensaxe e foto; a remitente: unha tal Luzmila, que di:

Ludmila

Hola.
A mi queria conocera mucho.
Utilizaba nunca el Internet para la comunicacion. Pero he decidido probar este modo. Mucho me incomodo fuerte, pero le he escrito con todo. Me llamo Ludmila. Pienso que debo enviarle la fotografia que podriais verme. Bien? Espero que le gustara mi fotografia, y recibire su respuesta. Quiero conocerle. Probablemente seremos amigos? Espero. Espero realmente en aquello que seremos amigos, conoceremos uno a otro, y cambiar las fotografias.

Ahora utilizo estimare los trabajos, y por eso le pido escribir a mi direccion personal:  ludmilafatt2007@yahoo.com

Esperare su respuesta con la impaciencia. Bien?
Con la esperanza Ludmila

As direccións cambian e xa teño catro sitios onde contactar con ela:

remitente: atreus@atozasia.com. Contacto: ludmilafatt2007@yahoo.com

remitente: cheslak@internationalsos.com. Contacto: ludmilafa2007@yahoo.com

remitente: van@aia.com.sg. Contacto: ludmilafa2006@yahoo.com

remitente: adowning@sunjapan.com. Contacto: ludmilafa2007@yahoo.com

Ademais da inconexión do texto (producto dun mal traductor?), é evidente que se trata dun correo non desexado, o famoso spam vamos. Seguramente quería a miña dirección para darme de alta ou rexistrarme nalgúnha web de dudosa procedencia, ou me pida diñeiro para algún negocio aínda máis dudoso, ou algo aínda máis sospeitoso.

Unha pena para a pobre Ludmila, non poderá coñecerme!

Huerta urbana por “UndeTordea”


2009
04.01

Vaia termo se sacaron da manga os “neoecoloxistas”. Veñen reclamando que os espacios urbanos sexan máis abertos con zonas verdes e con pequenas hortas. Incluso se está a pensar en instalar as hortas na cima dos edificios como si tales xardins de babilonia se tratara. Eu podo chegar a valorar a idea como positiva, pero que non veñan a decir das hortas novas pois aínda quedan vellas que moito lles poden ensinar. Interior de cidades, Fontiñas en Lugo,Ronda de Brais en A Coruña…mostran aínda unha paisaxe rural. Esa xente que non quere renunciar o seu traballo a súa forma de vida e que invadidos polo formigón non esquecen aquelas primaveras gloriosas do seu trinco de terra.

O vídeo corresponde as hortas urbanas en Lugo, as beiras do río rato. Para pasar as horas… Pincha na imaxe da galega para velo video.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Calendario Copa diputación 2008/09


2009
04.01

Costou encontrar o dichoso calendario, que parece mentira… pero ahí vai por fin o calendario da copa diputación 2008/2009 para equipos da segunda e terceira Autonómica.

Cuadro copa diputación Lugo 2008-09

A Sociedade Deportiva Castroverde enfrentarase ao Becerreá que actualmente está luitando por conseguir o ascenso a Primeira Autonómica.O que gañe esta eliminatoria enfrentarase ao gañador do Residencia – Garabolos.

Para todos os partidos desta primeira eliminatoria, o primeiro cruce será no campo do equipo de superior categoría. Sorte a todos.

P.D. Podedes ver a imaxe ampliada facendo click aquí.