Archive for Maio, 2009

Un día calquera


2009
05.12

Morreu Antonio Vega, pero seguirá no sitio do seu recreo. Non puido coa súa luita de xigantes.

 

Duatlon cros Castroverde 2009


2009
05.08

Volve de novo o campeonato de España de Duatlon Cros a Castroverde.

Este ano será o 23 de Maio, coma sempre en Vilabade, na ermita e arredores.
O percorrido será o seguinte:
1 segmento: 6 km de carreira a pé; 4 voltas a un circuíto de 1,5 km.
2 segmento:
20 km de bicicleta; 3 voltas a un circuíto de 6,7 km.
3 segmento:
3 km de carreira a pé: 2 voltas a un circuíto de 1,5 km


A carreira a pé discorre por un prado situado ao lado, desde o que se pode ver toda a carreira a pé.
O tramo de ciclismo realízase pola monte situado por detrás da Ermida, pasando en cada volta polas inmediacións da Área de Transicións.

Os tramos de subida e de baixada discorren por pistas forestais amplas.

Así na zona alta da monte o trazado ten características máis técnicas. A zona baixa chega ata as proximidades de vilalle, cruzando un pequeno rego. Todo un reto este circuito, pola súa dura esixencia!

Os premios serán o seguintes, tanto para categoría femenina como masculina:

Premios Individuales
1º y 1ª
367 €
2º y 2ª
262 €
3º y 3ª
198 €
4º y 4ª
145 €
5º y 5ª
104 €
6º y 6ª
93 €
7º y 7ª
78 €
8º y 8ª
67 €
Premios Clubes
1º y 1ª
218 €
2º y 2ª
130 €
3º y 3ª
88 €


Ética periodistica.


2009
05.07

Este pasado viernes outra victima máis caeu na LU530.  Foi no cruce cara Barreiros e Sobrado, na zona conocida como a Villalola ou Lamouzán, dirección Fonsagrada.

Desta maneira Castroverde é de novo coñecido e nombrado, aínda que sexa por un desgraciado accidente, e case sempre na sección de sucesos.  Unha pena ademais que os periodistas pouco axuden na redacción das noticias e so busquen o morbo, o estilo do felizmente desaparecido “Aquí hay tomate”.

“La moto, una Suzuki de 1.000 centímetros cúbicos, salió despedida y sobrevoló unos 40 metros hasta impactar contra el soporte de la línea eléctrica.” Sobrevolou 40 metros? que aporta esa ou outra cifra a noticia? Espectacularidade?

“El día soleado propio de primavera, el puente, la celebración en Jérez del Gran Premio de Motociclismo de España y una carretera con alta siniestralidad en accidentes de moto resultaron, una vez más, un cóctel letal.” Que pode influir o gran premio de xerez co coctel letal? Aquí mezcla cousas que nada influen unhas con outra, pero realmente queda ben.

E por último outro dato contrastado, so lle falta decir o tempo que os motoristas teñen que superar…

“desafian la ley de la gravedad con arriesgadas «tumbadas» con que tomar las curvas a ras de suelo. Hay quien apunta, incluso, que existe un récord de velocidad de Gondar a A Fonsagrada que muchos motociclistas intentan batir.”

En fin, que aínda que moitos de nos non teñamos moto, creo que este tipo de noticias pouco aportan, enchen follas e poñen a imaxen dos moteir@s polo suelo, cando o que necesitan é contrario, unha boa imaxe para conseguir que se reduzan os accidentes e as mortes deste colectivo.

Os problemas do leite


2009
05.06

Xa se prevía o peche, pero non deixa de sorprender que Leche Pascual deixe de recoller leite en Galicia. Primeiro foi prescindindo de parte da produción das cooperativas, Terra Cha e Melisanto, e hoxe remata o traballo para 150 persoas da fábrica de Outeiro de Rei. Unha fábrica que en 1998 abordou un importante investimento para incrementar a súa capacidade de producción que hoxe remata, deixando de recoller leite de concellos como o noso, Castroverde, Ordes ou Santa Comba.

O que non se acaba de entender é como se chegou a esta situación. O sector lácteo galego progresou de forma ineficiente, houbo unha recorvensión increible, pero insuficente? é o mundo, cambiou muito?.

Un sector que acumula a tantas familias non é posible que esté tan desorganizado. Xa hai tempo (máis de 20 anos) que moitas multinacionais francesas puxeron o pé na pénínsula ibérica, concentrando profundamente o negocio da venda de productos agrogandeiros. Eso xa era un síntoma de que o seu sector estaba en mudanza. Máis recentemente introduciron productos chamados de marca branca que ainda dan unha volta máis na situación. Qué fai mentres o sector….NADA??.

Por outra banda entran en xogo as subvencions. Durante moitos anos chegaron subvencions, pero aínda así  non chegan a ser nin a metade de productivos que os franceses(estes ademais apoiados polo estado), por exemplo. Salvo algunhas excepcions o que se fai cos cartos das subvencions e metelos no peto en vez de invertir na SÚA EMPRESA. Chega con darse unha volta polo rural…  na maioría dos casos pouco cambiou coas subvencions. Si, o que quedou ten máis vacas, pero a maioría emigraron; e o máis habitual e comprarse un tractor último modelo, así trabállase máis cómodo e a vez temos un tractor máis grande que o do veciño, quen o pode negar!.

O leite vale o que vale, gastos de producción aparte, pero cal é o precio xusto? A que empresario,ou a que traballador lle aseguran un prezo minimo por algo? A ningun?.  A administracion pouco fixo tanto polos productores de leite como polos gandeiros e agricultores, e nada por modernizar e facer rendible o rural galego.

O peixe que se morde a cola, no que todos somos responsables en maior ou menor medida. Sabremos saír?

Onde hai unha estrella?


2009
05.05

Onde hai Estrella (http://ondehaiestrella.com) é unha iniciativa para divulgar aqueles locais do mundo que sirven a cervexa “Estrella Galicia”.
Pois si, xa está inventado, a través dun mapa google, podes engadir o teu local preferido para tomar unha estrella, en calque parte do mundo!  Polo de agora está comenzando, faltan moitos locales en todas as cidades e vilas. Segundo ese mapa e a túa situación( datos facilitados polo proveedor de internet) calculan a distancia ao local máis próximo para tomar a túa estrella.
Contanos se o probas, e os lugares que recomendas… por certo, tamén teñen grupo en facebook!

Radio contra podcast. Ventaxas e desventaxas.


2009
05.04

O certo e que jose de mividaengeriatría pediume axuda pra a creación de unha radio en directo a través de internet.  Agora chegan as diferencias, eu propoñolle un podcast, e él prefire a radio a través da rede. O ideal entón serí un podcast en directo. Pero como, e onde cos recursos dos que dispoñemos! Ahí queda esta pregunta… para as sugerencias pertinentes. Ademais adxunto pros e contras da radio vs podcast, quen sairá vencedor?:

Tempo de descarga. Está claro que escoitar a radio so é necesario encendela. No seu canto, escoitar un podcast que precisa para a descarga o inconvinte da descarga toma parte. A favor do podcast (archivo mp3, mp4, ogg gravado previamente) está que se pode escoitar tantas veces como se queira.
Falta de contacto humano. No radio pode participar de concursos, facer chamadas a xente … mentres que nun podcast non é posible.
O “tempo real”. O radio transmite en tempo real. o podcast primeiro grávase e a continuación, escoitase. Por suposto, se este non fora así, a radio non sería radio e o podcasting non sería podcasting aínda que xa case(limitacions de itnernet) se poida facer un podcast en directo …

Seguro que hai moitas máis ventaxas e desventaxas de un é outro, comparteas con todos!