Ai que vida esa, canto te das conta xa pasaron os mellores anos.
Dura como ningunha, e sacrificada, que vos vou contar, ese sacrificio que se fai á hora de mercar a comida, como aqueles compañeiros que compraban a comida para o mes, ían a “Continente” enchían un carrito de latas de cervexa e outro de salchichas cocidas marca “continente”, e así pasaban o mes!…
A vida da semana; tardes dos luns que quedas, martes ceas na casa dun colega e vas pro karaoque, mércores viñote de batalla e licor café se sobremesa, saída de última hora pra o garito coñecido, xoves a tope e venres cun careto…si si que, vida sacrificada.
Pero non tes nada, nin un duro, todo che chega a nada, alargas a pasta o máis posible pero nada, sácaslle á comida para saír… deberíamos facer unha sección de cociña par estudantes (aí vai unha suxerencia para este blog), pasta con atún (nunca queda o gusto de todos), arroz pasado con ovos, tortilla con ou sen cebola?, bocadillo para ver o televexo e non ter que cociñar, e incluso xexún para o venres.
Aínda que sexa con xexún contamos ás túas peripecias e calamidades! Comparte a túa opinión, interésanos!
Tags: anos, calamidades, estudante, vida, xexún
No DIA, por un brik de tomate frito, unha lata de atun en aceite vexetal e unha bolsa de espaguettis estaba a pouco mais dun euro e chegaba para un par de días, e era unha típica comida de estudantes, que a min aínda me segue gustando.
Sen dúbida a mellor vida é a do estudante, universitario por suposto.
Pero e o vértigo que da cando aprobas o último exame e te ves coa carreira rematada???
xa che digo, preguntaste…agora que?, eso daría pra outro tema…os que pasan de todo e esperan ó traballo na casa, os que se aventuran, os que seguen estudando, os que deberían estudar…un mundo de posibilidades…
uffff….. aki a mala estudianta….. ejem!! o meu máximo kedou no ciclo superior…….. e como q non me pasei x clase o sease q…………..
outro tema: o pensar, ¿pq non estudiaria eu nakeles tempos, pa non estar matandome a kurrar ahora?? leccion pós xovenes!!!! (din q se pode ir d festa e estudiar o mesmo tempo, eu so atendin a festa) jejeje
Nalgunha ocasión… cando xa queda pouco onde rascar, tiramos de nevera e a xuntar todo o que tiñamos. Claro, aquelo non era de Arguiñano, precisamente, pero comer comemos, porque cando te levantas de resaca todo vale!
Buf!!eiqui hai moito por donde escribir…!!!! eu a verdade e que tiven sorte. coidaronme moi ben e non tiven falta de comida na neveira……pero sempre facias polos cartos. Sobre todo en Madri, cando saia cas compañeiras da uni a una discoteca (entre que costaba medio riñon a entrada e outro medio a copa) un cubata duraba case toda a noite.
Cando non levabamos a botella de alcohol no bolso, e pedias unha coca-cola jejejejejejeje…………………..¡¡¡¡¡¡QUE TEMPOS!!!!!!! QUEN OS VOLTARA COLLER.