Eso é o que lle parecería a calquera que parase o seu ritmo de vida durante un par de minutos e reparara no que acontece o noso redor.
Multinacionais que poñen en xaque a gobernos, protagonismo esaxerado de relixións, desastres naturais, invasión de zonas únicas, sometemento das poucas tribus illadas que quedan, i é que da a impresión de que o mundo que coñecemos estea dirixido por algo, como unha man negra, que intenta levalo a deriba.
E que se pode esperar dun mundo no que en lugar de crear cousas para cubrir as nosas necesidades, dende sempre se fixo ó revés, creanse cousas, e logo créase a necesidade para ter que empregalas, ainda que a súa utilización non sexa para nada lóxica nin racional, e secadra de aquí veña o que moitos científicos digan que somos o animal menos racional que existe.
Terase que facer un maior esforzo na integración de compoñentes, na facilidade do seu uso, na mellora da súa
fiabilidade e sobre todo na axuda cara á interpretación das necesidades reais. Así por exemplo, a un agricultor de nada lle serve ter moita información se non se emprega, polo tanto o reto futuro será o de xeralizar cada vez máis o emprego de dispositivos que grandes multinacionais crean para satisfacer necesidades posteriores, pero facelo de maneira útil e sinxela e non como unha moda que o único que fai é crear incertidume nos agricultores. Así por exemplo uns investigadores (Lamb et al. 2008) observan que a adopción das tecnoloxías da “agricultura de precisión” é menor do esperado polo feito de que existe unha diferencia entre oque desenvolven os investigadores e o que precisan os agricultores.
E falo dos agricultores por citar un exemplo, pero o consumidor común temos ese mesmo problema, gastamos cada vez mais no que non tería que ser necesario, pero que outra xente nos fai creer que si é.
pois a min esa primeira foto sóame de algo…