O mundo ó revés. Por UndeTordea.

Eso é o que lle parecería a calquera que parase o seu ritmo de vida durante un par de minutos e reparara no que acontece o noso redor.

mundo o revésMultinacionais que poñen en xaque a gobernos, protagonismo esaxerado de relixións, desastres naturais, invasión de zonas únicas, sometemento das poucas tribus illadas que quedan, i é que da a impresión de que o mundo que coñecemos estea dirixido por algo, como unha man negra, que intenta levalo a deriba.

E que se pode esperar dun mundo no que en lugar de crear cousas para cubrir as nosas necesidades, dende sempre se fixo ó revés, creanse cousas, e logo créase  a necesidade para ter que empregalas, ainda que a súa utilización non sexa para nada lóxica nin racional, e secadra de aquí veña o que moitos científicos digan que somos o animal menos racional que existe.

Terase que facer un maior esforzo na integración de compoñentes, na facilidade do seu uso, na mellora da súa

O mundo o revés

fiabilidade e sobre todo na axuda cara á interpretación das necesidades reais. Así por exemplo, a un agricultor de nada lle serve ter moita información se non se emprega, polo tanto o reto futuro será o de xeralizar cada vez máis o emprego de dispositivos que grandes multinacionais crean para satisfacer necesidades posteriores, pero facelo de maneira útil e sinxela e non como unha moda que o único que fai é crear incertidume nos agricultores. Así por exemplo uns investigadores (Lamb et al. 2008) observan que a adopción das tecnoloxías da “agricultura de precisión” é menor do esperado polo feito de que existe unha diferencia entre oque desenvolven os investigadores e o que precisan os agricultores.

E falo dos agricultores por citar un exemplo, pero o consumidor común temos ese mesmo problema, gastamos cada vez mais no que non tería que ser necesario, pero que outra xente nos fai creer que si é.

Un comentario en “O mundo ó revés. Por UndeTordea.”

Os comentarios están pechados.