O goberno está a impulsar a creación dun organismo administrativo dependente do Ministerio de Cultura a través do será posible pechar páxinas web que vulnerasen os dereitos de autor, o que ten toda a pinta do mundo de ser inconstitucional(presuntamente, por se queren pechar tamén este blog), e a todas luces sería un abuso, por antepor os dereitos de autor aos dereitos fundamentais.
Non sei coma se pode comer e entender esto, xa que se un xuíz non é quen de pechar por non ser ilegais, como unha comisión de “expertos” si o fará?.
Aquí vai o manifesto en contra desta medida e que está composto por 10 puntos:
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentaisdos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión. 2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial.Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web. 3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español,prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional. 4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural.Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes. 5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas,modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo. 6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e accesiblese que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir. 7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticasauspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre. 8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España,ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro. 9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectualorientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras. 10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas.Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
Esta web utiliza cookies para poder funcionar y mejorar la experiencia de uso. Asumimos que estás de acuerdo si sigues navegando.AceptarRejectLeer más
Privacidad & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.