Archive for Xuño, 2011

Ortodoxía futbolística?


2011
06.15

O sorteo para a promoción a Segunda B celebrado o lunes empeza a ser sonado gracias a Internet. Fálase de escándalo, e que é o sorteo dos partidos que foi  moi pouco ortodoxa, inclsuo un escándalo ou tongo.

O protagonista foi Pablo Córdoba, presidente do SportAlcobendas, coa responsabilidade de facer de man inocente . É sospeitoso cando lle pregunta o condutor da RFEF polo Arandina (equipo de Aranda de duero). Este señala unha bola, e o protagosnita saca a mesma bola, sen soltala, e axita o resto. Cando o membro da Federación le en voz alta o nome do equipo seleccionado (arandina), o presidente do Alcobendas celebrao abertamente, mentres aínda non sei quen sería o rival, doutro lado do cadro.

Ata o momento, pódese pensar de casualidade, pero o certo é que cando empeza a extraer a bola do outro lado do cadro, para coñecer o rival do Arandina, nin se molesta en axitalas, e directamente saca unha, a do Sport Alcobendas.

A idea de tongo corre rapidamente polos diversos foros futbolísticos de internet, xa que case se alegra máis ao sacar a primeira bola do bombo, que a segunda, a do seu equipo. Ahí está o video. ¿Ortodoxo? ¿Casualidade?

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/YED--sks3mk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O futbol ten cousas moi ingratas, e se finalmente se descubre que estaba amañado, sería unha máis dunha larga lista.

Un servizo menos


2011
06.14

061 urxencias sanitariasPrimeiro foi o PAC (Punto de atención continuada). Agora tócalle a base do 061. ¿Cal será o próximo?

Mañá é o día no que se fai firme a decisión da xunta de galicia de trasladar a base do 061 que opera
061, ambulanciadesde Castroverde ao PAC do Corgo. Algo que se podía esperar, desde aquel momento, xa que é o habitual neste tipo de situacions.

O pasado ano, concretamente en marzo, xa se especulaba intensamente co traslado, que as eleccionsparece que reafirmaron definitivamente. Daquela houbo un matiz importante, a intervención dos concellos de castroevrde e baleira conxuntamente fixo que o cambio non chegara a producirse, no que desde logo vamos a perder todos, e sobre todo os veciños de baleira.

Os indignados levántanse de sol


2011
06.13

indignados resumen

A maioría de ‘indignados’ da porta do sol en Madrid levantaron o seu campamento. Cumpriron a promesa, limpouse a zona e instalouse alí un punto único de información, mentras o movemento continuará de forma descentralizada.

Aínda que os indginados das principais cidades galegas que permanecen acampados dende o pasado día 17 de maio  “non levantarán” as acampadas ao “non cumprir aínda” os seus obxectivos como “conseguir unha democracia máis real”.   Os campamentos seguirán nas prazas e centrarán o seu traballo na preparación da marcha que terá lugar o próximo día 19 de xuño en todo o resto de cidades.

chega españistan


2011
06.02

Españistan non é o novo estado que está chegando, é un comic de Hipotecas, corrupción, resaca de ladrillos e “soldos de merda”. Aleix Saló acompañou o seu libro cun pequeno corto que está a ter un gran éxito na rede, superando o millón de visitas en menos de cinco días, doble trend topic en twtitter, máis de 1.600.000 visitas en menos de 7 días, canal de you tube más visitado o 27 de mayo… ahí vai:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/N7P2ExRF3GQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

déjà vu pasado-presente-futuro


2011
06.01

Por millán fernández en xornal. Extenso pero merece a pena botarlle un ollo.

O xornalista e escritor Santiago Jaureguízar dicía en 1994, nas liñas de El Progreso: “Lo más característico de Castroverde va cediendo a la ley de la gravedad. ¿Cuál es la solución? Tal vez dar el do de pecho”. Non lembro o contido exacto do artigo pero estas verbas resignadas poderían recuperarse literalmente contemplando calquera das posibilidades ás que aludía, nun dos concellos mais ricos e fermosos da zona de transición entre a Terra Chá e a Montaña lucense. Non podo saber se o autor falaba da dolosa e dolorosamente abandonada Torre da Homenaxe da súa fortaleza medieval (símbolo total do concello sobre a cal escribiu Benito Vicetto no S.XIX) ou á súa xente, ou ao seu particular panorama político.
Castroverde resiste estoicamente o transcorrer implacable dos anos, como a maioría do rural do país. Semella que nada se move. Non é amigo de cambios bruscos.
A pequena algarabía prodúcese polas mañás no núcleo da vila, ou as fins de semana cada 15 días cando hai feira local e as “pulpeiras” non dan abasto. A vida camiña “amodiño, centro urbán”. Algún movemento os domingos se xoga a esedé (SD Castroverde), na segunda autonómica, ou se hai algunha actividade no Pavillón Municipal. Pode que en calquera evento excepcional que rache coa monotonía.
A capital da provincia está a dez minutos pola estrada que parte en dous o seu corazón e que vai de Lugo á Fonsagrada. Está ben comunicado. A Mariña e A Coruña a tres cuarto de hora.
O nome da arteria principal é a Rúa Rosalía de Castro, antes do Xeneralísimo. Tamén atravesa o Camiño Primitivo que, seguindo as estrelas, chega a Compostela. Os peregrinos non tiñan onde hospedarse pero semella que nun futuro poderán facelo.
O volume de poboación diminúe incesantemente. A media de idade ronda os 52. Pode tamén que, nun futuro, a xente maior dispoña dun Centro de Día. Como mostra, un botón: en 1940 había censados 9.017 habitantes, 550 na capitalidade. No 2006 eran 3.187 e 412, respectivamente. Hoxe a cifra é menor, e continúa á baixa. Mais mortes que nacementos. Mais emigrantes que inmigrantes. Leva sendo así décadas pois é terra que escoita contos moi reais da diáspora.
A economía local xira arredor dos afanosos sectores agrogandeiro, forestal e de servizos. Hai bos sitios para comer. Noutros tempos houbo fulgor de zoqueiros, tecedoras, segadores, muiñeiros, ferreiros, canteiros…
O colexio, que goza dunhas boas instalacións, dálle vida, pero o número de cativos que ingresa nel descende cada setembro. O Centro Médico tamén é fonte de rebumbio xa que se achegan de todo o municipio e aproveitan para facer encargos ou tomarlle algo. E as fontes de auga cristalina e reparadora espállanse polas parroquias onde igrexas de estilo románico, pazos, cruceiros, petos de ánimas e restos megalíticos complementan unha paisaxe idílica e inzada de carrilleiras, prados e outeiros. O desemprego castiga, pero non se nota tanto. Os comerciantes e os labregos notan a crise menos que nas cidades.
Os invernos son duros coma croios: fríos, chuviosos e con xeadas que asustan. Todos os anos unha ou dúas nevaradas. Os outonos son para soutar as castañas, rebuscar cogomelos e contemplar a policromía das árbores ao tempo que a xente continúa coas súas labouras e cun estilo de vida que envexarían nas capitais. Uns xeradores eólicos que se divisan no curuto dunha serra que ás veces supera unha néboa espesa dánlle un aire de modernidade.
O verán é outra cousa. E agora tamén o sabe ben a xente nova, e a que non o é tanto. Logo de tres lustros, dende o primeiro e infructuoso intento, a veciñanza e os visitantes gozan da desexada Piscina Municipal ao pé dunha marabillosa carballeira con área recreativa integrada. Por non falar do maratón de verbenas dos meses do estío, que é cando chegan os madrileños e os cataláns a rillar, desconectar, mocear… Os 25 de Xullo, Santiago “Matamouros”, baile e enchente asegurada. Os de mediana idade saben que, no mundo da noite, calquera tempo pasado foi mellor: a Discoteca 2001 semella unha pantasma a piques de derrubarse sobre si mesma.
Pero non foi sempre un remanso de paz e tranquilidade, nin un lugar semi-esquecido e de paso. Foi protagonista e tivo certo dinamismo. E cunha intra-historia á altura das demais bisbarras do “país dos mil ríos”: lendas de mouros, Santa Compaña, maquis, fuxidos e demais anécdotas máxicas ou que non o son tanto.
O que si foi sempre é un verxel cun patrimonio histórico-artístico notable. Seguramente daí proveña o seu nome: do antigo castro e da eterna verdosidade dos seus montes, por onde se agochan toda clase de seres: lagartos faldreiros, a raposa das morgazas, a cadela da morte, e animais de carne e óso coma lobos, xabaríns, curuxas… Terra de cazadores. Cando atopas no prato o que por alí vai caendo non preguntas como chegou.
Daí que sexa o único dos concellos galegos que, de xeito subliminal, sae reflictido no himno de Pondal: “…confín dos verdes castros…”.
A batalla librada no lugar de Montecubeiro no 774 deulle a vitoria ás tropas astures e ao rei-caudillo Silo fronte ás autóctonas e rebeldes, incorporándose Galicia (logo de ser provincia romana, reino suevo…) á Monarquía asturiana e imposibilitando a aparición dun estado galego independente. Busquen no Google se non o cren. No século XV o señorío de Castroverde foi gobernado pola Irmandade. Aquela digna revolta triunfou tamén por esas terras…
Xa no século XX Castroverde viu nacer a uns cantos dos seus fillos mais ilustres. Manuel Antonio Cordero Pérez foi un dos deputados socialistas das Cortes republicanas que, nas constituíntes de 1931, loitou cóbado con cóbado con Clara Campoamor polo voto feminino. Era compañeiro doutro castroverdense de renome pero que inscribiron en Madrid: Julián Besteiro, sucesor de Pablo Iglesias á fronte do PSOE e da UGT e Presidente do Congreso dos Deputados entre 1931 e 1933. A derradeira autoridade democrática que ficaba en Madrid cando pasaron. Morreu no penal de Carmona (Sevilla) logo de pasar penurias, maltrato e enfermidade nos cárceres franquistas.
Desas cousas algo sabía tamén outra nativa: Enriqueta Otero, A Ribona. Combatente comunista na Guerra Civil ás ordes de El Campesino e amiga de Dolores Ibárruri, a mítica Pasionaria. Foi mestra represaliada, prisioneira, torturada, loitadora antifascista… Os que a coñeceron recórdana montando un cabalo branco e berrando consignas revolucionarias, ou parapetada na casa que construíu en Miranda, que mais ben é unha fortaleza antibalas. Por se había que volver ás barricadas. Coloreu un colexio enteiro con motivos inspirados no movemento hippie: arco iris, nubes e ceo azul para que os nenos aprendesen motivados. Finou en 1989.
E desas cousas coñecen tamén en Montecubeiro, outravolta, onde se produciu unha das mais sucias matanzas, abusos e fusilamentos da nosa particular non-guerra a mans de falanxistas, coa compracencia do clero e da Garda Civil. Foi alí onde asasinaron vilmente (xunto a catorce homes e mulleres inocentes) a un dos mestres arquetípicos republicáns que retratara o gran Castelao dende o exilio, e que deu lección ata o derradeiro intre naquela orxía de terror extremo: Arximiro Rico Trabada. Recólleno con arrepiante rigor dous libros do escritor e profesor Xosé Manuel Sarille: Polos fillos dos fillos e Arximiro Rico, luz dos humildes (este último escrito conxuntamente con Narciso de Gabriel).
Castroverde pariu artistas coma o Mago Antón, o escultor Paco Pestana ou o fotógrafo, pintor e debuxante de sona internacional, emigrado e retornado, Baldomero Pestana. Foi berce, asemade, dunha das bandas de gaitas galegas mais recoñecidas: Zuncurrundullo (aínda en activo) con participacións en festivais internacionais de prestixio, coma o “Interceltique de Lorient” en varias ocasións. Polas mans do seu director, Cándido Díaz, pasaron ducias e ducias de músicos e gaiteiros. Uns mais virtuosos que outros.
A actividade cultural redúcese a iso e pouco máis. Hoxe tira do carro, xunto a Zuncurrundullo, a Asociación de Amigos do Patrimonio, como noutros tempos fixeron outras con nomes tan evocadores coma Espalladoira ou Camiño pra andar.
A historia política durante o percorrido que nace co restablecemento da Democracia ata hoxe divídese en dous periodos diferenciados: un de predominio das dereitas ata 1995, cun paréntese de goberno socialista, e outro de gobernos progresistas ata hoxe. Continuísmo respecto do réxime anterior, salvo a lexislatura do socialista Daniel Graña Rico, onde Castroverde foi liderado por un médico conservador prototípico de AP (logo PP), de nome David González García. Baixo o fraguismo, o cacharrismo e o davicismo Castroverde precipitouse cara o 1995 e converteuse, da noite á mañá e logo dunha certa e previa efervescencia e actividade social xunguida ao desgaste político e persoal de Don David, no único concello gobernado polo BNG na provincia luguesa (na etapa que logo se concretou nun crecemento e apertura do nacionalismo galego como non se recorda) cando o lideraba Xosé Manuel Beiras. Castroverde puido ser outro Allariz, un referente do nacionalismo, pero o seu destino virou.
A dimisión do tenente de alcalde nacionalista un ano despois, Arximiro Fernández Arias, por desavinzas persoais e políticas co alcalde Miguel R. Rodríguez Fernández e o sector da UPG, desencadeou unha reacción difícil de prever daquela. Os outros tres concelleiros nacionalistas posicionáronse tamén en contra de Miguel pero as direccións comarcal e nacional do BNG fixérono co alcalde nun momento crucial para o nacionalismo institucional. Cadraba coa etapa onde logrou o sorpasso ao PSdeG. O resultado foi unha moción de censura das mais comentadas na Galicia daquel momento. Portadas nos xornais e cabeceiras nos telexornais nun clima que, como denunciaba un dos ediles, recordaba ao Hernani da época. Nada menos.
As paixóns políticas desatáronse e a moción de censura ao aillado alcalde trunfou. Resultou elixido o rexedor actual, ex-nacionalista (agora do PSdeG), Xosé María Arias Fernández.
Miguel R. Rodríguez e outra concelleira foron, posteriormente, expulsados do BNG. Non sen antes intentar devolverlle outra moción de censura a Xosé María Arias, xunto a concelleiros independentes e do PPdeG. Movemento que ameazou con rachar o Pacto Antitransfuguismo a nivel estatal, e obrigando a intervir ás direccións de Madrid. O BNG, dende aquela, situouse en caída libre: no 1999, 2 concelleiros e 456 votos. Nas dúas seguintes convocatorias repetiu resultados exactos: 269 votos e 1 concelleiro. En Castroverde Saturno devorou aos seus fillos e o ermo, dalgunha maneira, continúa hoxe.
Nas eleccións de 1999 venceu o PSdeG pero fixo equilibrios para gobernar en minoría. En 2003, na época de rexeite ao PP en todo o estado e logo dun goberno estable que trouxo un clima de descomprensión e distensión á política local, Xosé María Arias revalida mandato cunha maioría absoluta histórica que repite en 2007, cedendo un concelleiro e un importante número de votos.
Nos catro últimos anos Castroverde atopábase nunha conxuntura política favorable aos seus intereses: con gobernos “amigos” na Deputación Provincial, na Xunta de Galicia e no Goberno de Madrid. Explotouno menos do esperado, pero mais do que estaba acostumado. Agora todo está en cuestión e o taboleiro pode mudar radicalmente.
As expectativas electorais non están clarificadas para ningún dos contendentes: o PPdeG renovou a cabeza de cartel e a candidatura, que ten maior empaque, pero sen ningún traballo de oposición previo que lle dea soporte. E o PSdeG suma, aos problemas coñecidos do partido noutros niveis, un divorcio público e notorio da maioría dos dirixentes locais maila militancia da Agrupación Local, fronte ao actual rexedor e candidato logo da recente crise de goberno pechada en falso fai un ano (protagonizada por Xosé María Arias e o tenente de alcalde e Secretario Xeral do PSdeG local, Fernando Pillado).
O candidato, que aspira a un cuarto mandato consecutivo, ven de conformar unha lista de baixo perfil político e sen facianas con experiencia, militancia socialista nin relevancia social, pero co apoio do aparato provincial. Actualmente o PSdeG ten sete concelleiros, tres o PPdeG, e un o BNG. Todo está aberto por vez primeira dende 1999. É unha gran incógnita o que vaia acontecer.
Á situación de desdén xeneralizado pola política súmase a atonía e falla de ilusión que se percibe entre a caste política local e entre os propios veciños, seguramente pola resaca das vellas liortas. A mocidade non quere dar o relevo.
O resultado dilucidarase en Maio pero, probablemente, Castroverde seguirá padecendo os mesmos males e falla de visión estratéxica que na década dos 90. Continúa sen decidir que rol quere xogar no contexto da provincia: posible cidade-dormitorio a tiro de pedra da cidade e do novo Hospital Provincial, lugar propicio para o turismo rural, lugar destinado a esmorecer, foco industrial sen capacidade para competir cos concellos limítrofes… Namentres, o paso do tempo continúa mallando nas expectativas de futuro. Pero veremos se deu xa o do de peito ou, pola contra, resiste, e aproveita o seu potencial.

Clarificador o último párrafo. O futuro mello