O polder máis grande do mundo (III). (Por UndeTordea)

2011
07.22

Dende a capital desa zona creada (Lelystad) ate a Holanda Setentrional construíse entre o ano 63 e o 75 o dique Houtribdijk, completando así unha ruta fermosa para facer en coche. Este dique separa o lago IJsselmeer en dous, quedando o IJsselmeer o este e o Markermeer u oeste.

Este último tamén estaba previsto daquela convertelo nun polder pero a falta de financiación e o cambio na política hidráulica de Holanda fixeron que esta idea se parara, quedando agora como unha reserva de auga doce para parte das cidades cercanas e zonas de regadío e como seguro fronte a posibles inundacións. De feito as políticas hidráulicas en Holanda polo que entendín están cambiando. A loita fronte o mar continúa. Puiden observar como algún dique se continúa reforzando e non se descartan ampliacións, pero a segunda estratexia pasa por devolverlle parte do terreo comido o mar para evitar así males maiores:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1zZvP97_17I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Pódese estar encontra ou non desas invasións o mar, pódese tratar como algo antinatural ou como unha obra para defenderse e de enxeñaría, ou como algo non sostible. Pero é curioso como o sostible e o non sostible se mesturan e se contradicen. A propia obra semellou pouco sostible no momento e un drástico cambio nunha paisaxe mariñeira a unha agrícola. Pero nesta nova etapa, todo está tan coidado e mimado que parece natural, de toda a vida, chegando a realmente envexalo . Crearon unha reserva natural nela impresionante, plantaron árbores, fixeron canles… e aínda por riba algún dos térreos agrícolas creados son dedicados a agricultura biolóxica.

Que contrastes de ideas contrariadas. O debate está aí para quen queira sumarse.

Your Reply