Fai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.
A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes.
Hai cincuenta anos, en 1962, unha voadura con dinamita nunha canteira de pedra calcaria do municipio de Castroverde puxo ao descuberto o primeiro xacemento paleolítico galego situado nunha cova que foi obxecto dunha investigación sistemática. O achado, xa que logo, é o precedente máis destacado das escavacións que se realizan actualmente en diversas cavidades das serras orientais lucenses, que supuxeron un avance importante no coñecemento da prehistoria remota do noroeste.
As escavacións neste xacemento non levarían a cabo ata moito máis tarde, na segunda metade dos anos oitenta. Pero os primeiros materiais arqueolóxicos que proporcionou foron recollidos pouco despois do descubrimento da cova polo entón director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, quen foi avisado polos propietarios da canteira, que era explotada con procedementos case artesanais. As pezas consistían en varias azagayas talladas en hastas de cérvidos e un bo número de fragmentos de fósiles de diversas especies animais: oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo… Estes materiais foron depositados no museo lucense e os máis importantes de entre eles están expostos ao público desde hai bastantes anos.
Estudo interdisciplinar
A partir de 1987 levaron a cabo tres campañas de escavación que supuxeron o primeiro estudo interdisciplinar realizado en Galicia dun xacemento prehistórico situado nunha cova. Nestas intervencións utilizáronse á vez métodos de investigación arqueolóxica, paleontológica e edafológica.
Aínda que o xacemento quedara moi danado pola propia explosión que o puxo ao descuberto, os traballos deron como resultado a recuperación de preto dun centenar de artefactos líticos -depositados e expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba- e de numerosos fósiles animais. Os datos obtidos nestas investigacións foron difundidos en publicacións científicas e axudaron en gran medida a incrementar o interese polo potencial arqueolóxico e paleontológico das covas lucenses, cuxa exploración se intensificou nas dúas seguintes décadas.
3 comentarios en “50 aniversario do descubrimento da cova da valiña”
Eu estiven na procura desta cova e só atopei silveiras. Non sei se non busquei no lugar exacto ou é que certamente está cuberto polo tempo e a desidia. Se alguén sabe cómo chegar a ela, agradeceríalle a indicación do camiño.
Micaela, Latitude – 42º 59′ 51,04″ N 7º 16′ 40,90″ W Coordenada X: 640.362,25 m Y: 4.761.977,07 m Espero que che sirva. De todas formas sempre podes esperar a web masoucos.org donde daremos toda información para ver da parroquia. Saúdos
Esta web utiliza cookies para poder funcionar y mejorar la experiencia de uso. Asumimos que estás de acuerdo si sigues navegando.AceptarRejectLeer más
Privacidad & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
Eu estiven na procura desta cova e só atopei silveiras. Non sei se non busquei no lugar exacto ou é que certamente está cuberto polo tempo e a desidia. Se alguén sabe cómo chegar a ela, agradeceríalle a indicación do camiño.
Díxéronme que en Masoucos hai unhas covas e un castro, podédesme dicir onde están cas coordenadas utm para ilos ver?
Micaela, Latitude – 42º 59′ 51,04″ N 7º 16′ 40,90″ W Coordenada X: 640.362,25 m Y: 4.761.977,07 m Espero que che sirva. De todas formas sempre podes esperar a web masoucos.org donde daremos toda información para ver da parroquia. Saúdos