Todolos artigos de: Tino

Informático por casualidad, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Me gusta el deporte y la naturaleza. Escribo por pasión en bloginterference.com, somosbreogan.org, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com y otros

Sobra Basura…

Para empezar o ano quero compartir con vós ‘Sobra Basura’, un documental de ‘Comando Actualidad’ de TVE. A realidade é a que é. Os vertedoiros chegan residuos sen apenas separación. Ilgeales e legales, ambos por igual.

Tivo que ser a Unión Europea a que denunciase máis de 30 vertedoiros ilegais. Demasiada basura, demasiado vistosa e  cheirenta. Seguro que quedan moitos outros aínda sen precintar, pero aquí o comezo.

Este aspecto plantea outra polémica ¿É productivo separala basura na casa ou en plantas de clasificación cando o 80 por cento dos residuos que xeramos chegan ao vertedoiro sen ningún tipo de xestión previa?.

Outro dos residuos onde se fixa a administracción e o que producen centos de granxas, especialmente de porcos, o ‘purín’. Este pode ser un bon abono nas cantidades adecuadas, cando se superan esos límites pode convertirse en altamente contaminante.

No documental tamén podemos ver o sentido contrario, a “minería do siglo XXI”, o reciclaxe case total de material valioso. Aluminio, cobre, plomo, vidrio… hoxe en día o reciclaxe destas materias é cercano ao 100%. Un favor ao medio ambiente e tamén un negocio.

E con esto plantexamos a última polémica, se a basura non é un negocio, que facemos con ela?

Un tesouro

Cústame expresar con adxetivos axeitados o que sinto o ler (non o puiden escuitar) o pregón de Ánxela Gracián na X Feira de Artesanía. Confeso que non nos conocemos, nin esperaba estar nese elenco de tesouros, coñecidos ou non que a señora Remedios de Casanova reflectía coas últimas palabras do mouro.

A señora Remedios de Casanova estaría prendida polas palabras de Ánxela. ¡Parabéns!

Aquí volo deixo para poder volver a degustalo.

PREGÓN

AGRADECEMENTOS

As miñas primeiras palabras son de agradecemento, para os que estades aquí a esta hora na que xa apetece xantar, e de agradecemento moi especial para a Alcaldía, representada por José María Arias, por me ter convidado a dar este pregón. Un agradecemento moi especial á concelleira de Cultura, Pilar Ferreiro, polas súas palabras de presentación, polo seu convite afectuoso e polo agasallo da súa confianza, así como os meus parabéns sinceros pola X edición dunha xa consolidada Feira de Artesanía que, ano tras ano, conta cun público asistente e participante que xa espera con entusiasmo chegada destas datas. Parabéns a toda a corporación por este magnífico traballo!

Se a miña vocación pola literatura e a miña paixón e coñecemento polas linguas, especialmente polo galego, son a razón fundamental de que estea eu hoxe aquí falando para vós, como se eu tivese cousas moi importantes que dicir, non quero comezar o pregón sen un recoñecemento especial ás nosas devanceiras, ás mulleres que me precederon e que non tiveron a oportunidade de ter estudos, tomar conciencia da súa valía e poder falar como o fago eu aquí hoxe. Dalgún xeito desexaría que se recoñecesen nas miñas palabras.

-Eu valer valíache, que che tiña moita memoria –dicía sempre a miña avoa.

Pero un é sempre as oportunidades que lle outorga a vida. Eu nacín a finais dos 60, cando xa a economía das familias campesiñas do lugar mellorara un pouco e era posible mandar os fillos estudar fóra.

PERTENCER A UN LUGAR

Hai xente que bota toda a vida buscando un lugar a onde pertencer, e a súa existencia transcorre sen ser de ningunha parte. Moitas destas persoas sofren de desenraizamento, setimento que lles produce fondas feridas na autoestima e na identidade.

Hai un segundo tipo de persoas que, pola súa condición de emigrantes, viven a cabalo entre dúas patrias, a que os viu nacer e a que lles deu acubillo. Eses homes e mulleres que teñen un sentimento aínda máis fondo de amor a unha terra mitificada. É o caso dun dos nosos castroverdenses máis ilustres, o recentemente falecido artista Baldomero Pestana, a quen me gustaría recordar aquí con cariño e agradecemento polo interese que amosou polo meu traballo como escritora e pola súa cálida e afectuosa acollida, na que foi a súa última casa na aldea luguesa de Bascuas. Gustaríame destacar a amabilidade e a bonomía que caracterizaba a este castroverdense cultísimo, grande artista, gran conversador e gran persoa, que regresou a Castroverde, como el dicía, para “pechar o ciclo”. Así que onde queira que agora esteas, amigo Baldomero, recibe o noso máis cariñoso recordo.

Eu non pertenzo nin ao grupo dos desenraizados nin ao de corazón dividido. Son dese terceiro grupo de persoas que naceron coa certeza de ser e saberse dun espazo e dun lugar concretos, e teño a fortuna de que ese espazo e ese lugar concretos se chama CASTROVERDE.

Toda a miña traxectoria vital e artística está marcada por esa condición: SER DE CASTROVERDE.

Castroverde leva na base do seu nome, no seu topónimo, a esencia do que somos: un concello con máis de cen castros, segundo o director do castro de Viladonga, o historiador Felipe Arias.

Os castros, as antigas aldeas dos celtas, se é que eran os celtas os que estaban aquí antes da chegada dos romanos, os castros, digo, forman parte do noso nome. Tamén forman parte do noso patrimonio inmaterial, esa cultura forxada ao longo de xeracións e xeracións á beira do lume nas longas noites de inverno, ou fóra, á sombra dos carballos, cando o mal tempo daba tregua e a caloriña o permitía. Cultura inmaterial de noso en forma de contos, lendas, refráns, ditos, adiviñas e cantigas que permaneceron ao longo de xeracións e xeracións. Que nos cen castros de Castroverde vivían os mouros, eu sóubeno á idade de cinco anos. Meus pais mandáranme á escola da Ferreira, que era a que me pertencía e que estaba de Gracián a uns tres quilómetros de distancia, así que marchaba moi cedo e volvía á tardiña. Cando soubo isto a señora Remedios da Casanova de Vilar, díxolle aos da miña casa:

-Mira, non é bo que a nena coma na pendella, ao frío, é mellor que veña canda as outras nenas de Vilar comer á nosa casa, que calor e uns poucos de faragullos sempre ha de haber para todos.

A señora Remedios da Casanova era unha muller con ese sentimento de pertenza a un lugar e a un territorio do que falei antes. Unha muller que se doía da xente, coma tantas outras mulleres campesiñas das nosas aldeas que vivían co que tiñan e compartíano con quen consideraban que estaba necesitado.

A señora Remedios compartiu comigo, ademais dos seus saborosos “faragullos”, -prato nada desdeñable por outra parte, que contén a esencia do que somos gastronómicamente: centeo e trigo. Os faragullos fanse en tixola de ferro e cómense esfrangullados sobre os cachelos. Se son menos esfrangullados entón chamáballe “fariñote”. Se son coma unha especie de tortilla chamáballes “freixós”, pero a base é sempre a mesma: centeo e trigo, mesturado, se a economía e a estación o permitían, con roxóns. Alimentación básica dunha sociedade de premontaña autosuficiente pero con carencias.

A señora Remedios compartiu comigo, ademais dos faragullos, o seu soño: atopar o tesouro do mouro do Castro de Soutomerille:

-O mouro do Castro de Soutomerille vísteche todo de verde, dende as polainas ata a chambra, e verdes son tamén a pucha e as zocas, que todo o seu atuendo é da cor das esmeraldas –contábame a señora Remedios.

-Non a creo –dicíalle eu-. Os mouros non existen.

-Que non existen? Tiñas que oílo berrar, cando Elías e mais eu imos labrar á Croa do Castro, habías ver se existe ou non existe:

-Non aredes tan fondo, oh, que aínda me habedes destellar a casa! –berrábanos o mouro alporizado.

-E nós, para non contrarialo, arabamos máis a modo. Tamén porque tiñamos medo de que non nos dixese nunca onde gardaba o tesouro do Castro de Soutomerille. Un día, cando xa remataramos a sementeira das patacas, démonos conta de que o mouro nos bebera todo o viño que levaramos, e o meu Elías díxolle que lle tiña que pagar o que lle custara. O mouro, que era de lei, púxose a facer as contas pero non se saían a xeito, e eu decateime deseguidade que as contas non daban porque as botaba polos dedos e de que na man dereita só tiña tres, que os outros perdéraos no Muíño da Pallota, un día aguzando o peite de ouro da Moura da Fonte das Bicas -contábame a señora Remedios.

Cultura inmaterial, mitoloxía, lendas, contos, ditos, refráns, historias das nosas fontes, -da Bica, a das Ninfelas, a dos Cucos, a da Fontela…- das nosas pedras, -A Marronda, As Penas do Zorro, o Penedo Redondo…-, dos nosos montes, -o Forno da Vella, As Penas do Zorro, Bidueiros, A Vacariza…- historias das nosas aldeas: Rebordaos, Penalonga, Peredo, Furís, Masoucos, Trascastro, Recesende, Vilacote, San Xulián, Miranda, Mirandela… e calquera das 33 parroquias que intergran o Concello de Castroverde. Cultura inmaterial que os nosos avós e avoas lles contaban ás nenas e nenos, non tanto xa aos da miña xeración, que xa se estaba perdendo, como aos das que me precederon, xentes todas que eran auténticas bibliotecas da oralidade, transmisores espontáneos de escenas da vida cotiá, adubiadas con imaxinación e fantasia fabuladora, graza persoal e lirismo, material novelesco de indubidable valor posto ao servizo do relato espontáneo, que fala do que somos e do que soñamos, no que bebín cando, como escritora, quixen forxar unha literatura escrita que legarlles aos nosos rapaces e rapazas.

A outra esencia do noso nome é esa condición de frondosidade, esa “verdecencia” da que se fala no noso himno galego. Castroverde, territorio de premontaña, regado polas augas vizosas do Azúmara, o Chamoso e o Tórdea, sucado de centos de regatos que escorregan dos máis de mil outeiros que compoñen a nosa xeografía de 173,5 km cadrados, sen case ermos nin baldíos, é unha sucesión de vales e cómaros frondosos, visitados polo vento e a choiva, as máis das veces en forma dun orballo que nos acompaña moitos días do ano, e que lle dá a estas terras semialtas de premontaña un certo ton por veces de melancolía. Terra rica en regatos, á beira dos que se levantan muíños de maquía e moas, sobre os que se constrúen pontes, pontillas, pontellas, pasadoiros e arcas para coller troitas, en fontes, pombais, capelas, algún hórreo de planta cadrada e estilo asturiano, en fornos de pan, en pías de auga e bebedoiros…

Castroverde, concello no que a maior parte da poboación que vive nas aldeas se dedica á explotacións de vacas de leite e de carne, combinada con algo de agricultura, sobre todo de autoconsumo, con ingresos extra procedentes das masas forestais provocadas polo abandono da gandaría, fenómeno este que deu lugar a unha nova frondosa mancha verde que se instalou no que outrora foron leiras de cultivo e pastos. Neles medra principalmente o piñeiro, entremesturado coas vizosas fragas autóctonas compostas por carballos, castiñeiros, abeneiros, salgueiros, bidueiros, bieiteiros, caxigos, etc, e vedes que non digo “árbore”, porque esta palabra non existe no idiolecto dun campesiño galego, simplemente porque non a precisa xa que as coñece indiviudalemnte, chamándolles a cada unha polo seu nome.

Para min Castroverde é sobre todo paisaxe. Cando escribín as miñas primeiras liñas literarias o que primeiro apareceu foi ese bosque da infancia: as primeiras carballeiras, os primeiros animais, animizados, nun ciclo de contos que titulei: “As voces do bosque”, sin dúbida, aconteceu iso porque esa paisaxe nosa, sen eu sábelo, causara fonda impresión en min dende o primeiro momento en que asomei á vida.

Dicía o lugués Anxel Fole:

“A paisaxe vese, mais tamén se oe, e se escoita e, sobre todo, tamén se sente nun sentimento que vai no fondo da alma.”

De Castroverde falou Aquilino Iglesia Alvariño, un dos grandes poetas da Terra Chá:

 

“De cara á Meira a serra é doce aínda azul de lonxanías.

A do Teixo e a do Cádebo, aló por Castro Verde,

brilan –xa case nubes, como vidro

coa alegía da neve renovada.

Cómaros verdes

 

A paisaxe é sempre un sentimento subxectivo.

-Falas así porque non traballas na terra –diríame meu pai se me estivese escoitando.

Porque efectivamente, para un campesiño, non existe a palabra “paisaxe” senón a palabra “terra”, e Castroverde é iso: terra, porque a forza da natureza neste lugar da provincia de Lugo déixase sentir dun modo moi intenso xa que a nosa paisaxe está moi pouco transformada pola man do home. En Castroverde hai moi pouco diso que os arquitectos chaman “paisaxes de frustración”, concepto que acuñou ese gran visionario da ordenación do territorio que é Xerardo Estévez, que non defende tampouco as paisaxes de postal que levaron a máis de cinco millóns de galegos á emigración e se nega a mitificar o bucolismo porque non dá de comer nin concibe o progreso. No noso concello é posible aínda unha ordenación do territorio planificada e intelixente, porque non se destruíu case nada previamente.

Cando baixas dende o alto da Vacariza e enveredas polas terras de Vilabade, coas súas casas de labranza de granito gris de cantería e a magnífica igrexa do século XIV, case catedral, para te internares no cerne na capital do concello e visitares o recinto da Fortaleza de Lemos coa súa Torre do Homenaxe aínda en pé, e co seu dintel misterioso dese gaiteiro, sentes esa forza obxectiva da beleza. Falando dese dintel misterioso, sempre me fago a mesma pregunta: Quen era esa figura? Que representaba? Non son experta en iconografías medievais senón escritora e a min gústame imaxinar. Por iso imaxino que a muller do señor de Castro, cansa de esperar ao home que estaba sempre na guerra contra os Mouros, ou iso lle dicía, dicidiu inmortalizar o seu amante gaiteiro no dintel desa protoventá, para telo sempre presente na súa vida cotiá, coma despois se gardaron os retratos, sempre dentro do xustillo, en agradecemento a tanta fogaxe compartida. Ou tal vez ese dintel é un signo, e do que dá conta é da importancia da música de gaita nestas terras. Tal vez ese gaiteiro de pedra se encarnase, noutra volta do Círculo, en Cándido Díaz, ou quen sabe se nalgún dos mozos que tocan na banda de Gaitas e Tambores Zuncurrundullo, grupo que retoma a ideoloxía dese dintel de semellante condensación plástica.

Efectivamente, nada sabemos de certo dese gaiteiro misterioso inmortalizado na pedra, nada agás que o seu soño era o mesmo que o do mouro: atopar o tesouro agochado no Castro de Soutomerille.

Imaxino tamén a Xoana de Castro, vindo a cabalo dende a Fortaleza dos Lemos en Monforte ata a Fortaleza dos Lemos en Castroverde, só para gozar dos faragullos, ou dos berzóns con patacas rustridas con chourizo, ou dunha boa pota de frebas, que tan ben saben aquí en Castroverde. Din os cronistas que Xoana de Castro traía nas mans un soño ledo de pantigo e liño. Estou segura de que ese soño era, sen dúbida, o mesmo soño do mouro do Castro de Soutomerille e do gaiteiro do dintel da Torre da Fortaleza: atopar o tesouro que se agocha nas terras de Castroverde.

Saíndo da vila, alancas por unha verea de castiñeiros centenarios para te perderes pouco despois pola frondosidade do val de San Miguel, profundo e boscoso, onde sentes o rumor do vento nas follas dos carballos e o ruído brinqueiro dos regatos e da follaxe do chan que renxe ao paso das botas. Entón é cando te decatas dese aire de elegancia sinxela das aldeas que van quedando atrás: Rebordaos e Recesende no alto; a unha beira o vilar de Penalonga; Souto de Torres, polo medio, con casas grandes nas que entraban noutrora moitos ferrados de pan e moitos carros de herba; San Paio a unha beira; Gracián invisible no fondo; entón vén Moreira e a memoria dun mosteiro; Vilar de Cas; -aló abaixo Paderne, coa casa dos Pallín que aínda señorea e aló enriba coma un presaxio Soutorille, Castedo, Francelos, Barredo e A Meda; chegas ás Cambas e vas cara á Pallota abandonada; logo vén Gondar coa Pena Branca no alto que parece dar entrada ao Concello de Lugo … Atrás queda Castroverde pero o camiñante xa non podesrecuar porque o engado xa operou e xa é vítima do feitizo de Castroverde, do que quedou prendado.

O Camiño Primitivo de Santiago é o máis antigo de Europa, -recentemente declarado pola UNESCO canda o camiño do Norte, Patrimonio Universal da Humanidade. Cómpre dicir que este camiño ía ser chamado “camiño vello” e que debe o seu máis axeitado nome en gran medida ao castroverdense Ricardo Polín. Din que o Camiño Primitivo é o camiño de felicidade, como o son os países de Butang ou O Tibet en Asia. Aos que nacemos en Castroverde esta afirmación non nos estraña en absoluto, dado que tal camiño pasa polo noso concello.

Falando dos peregrinos que algúns viñan extraviados por Gracián cara á Paderne para retomar a traza logo no alto dos Muíños e Romeán cara ás terras de Lugo, o meu avó chamáballes “cansacamiños”, nome que, sen dúbida, fai referencia ao cansancio non do camiñante senón do camiño, pois o camiñante non cansa cando camiña sobre a beleza deses quince quilómetros de percorrido por Castroverde.

Un bo “cansacamiños” noso é sen dúbida outro castroverdense loitador, Manolo Muñiz, responsable dos irmandamentos dos Castro Verdes da Península Ibérica e un “cansacamiños” que leva trazados xa varios roteiros cos que mergullarse nos segredos do noso territorio: os roteiros dos Muíños do Oriente e do Poñente, o de Barredo, o de Montecubeiro, o de Furís, o da Vía Romana XIX e o de Soutomerille.

Podedes crerme cando vos digo que mentres fun nena crin na existencia do mouro de Soutomerille, custodiador dun tesouro que tiñamos aquí en Castroverde, crino do mesmo xeito que o creo o protagonista d´A Illa do tesouro da novela de John Stevenson, cando montou n´A Spaniola canda o pirata Long John Silver, á procura do ouro sen lle importar o perigo que corría… E pasei moitos anos crendo na existencia dese tesouro e, coma dona Remedios, a señora do castelo dos Castro de Castroverde ou coma a mesma Xoana de Castro, desexaba atopalo. É agora, cando xa non cozo a primeira fervura, que é un xeito que temos aquí en Castroverde de dicir, que me vou afastando da xuventude, cando entendín por fin as últimas palabras que lle dixo o mouro á señora Remedios da Casanova:

“-Oíches, Remedios, non deixes de falar de min.

-E logo?

-Porque os personaxes de ficción necesitamos estar nos contos para existirmos!

-E ti para que queres existir, alma cándida?

-Porque eu represento o soño dun tesouro e necesitamos alimentarnos de soños para seguir adiante.

Entón entendín que o tesouro do mouro é o propio Castroverde, un conxunto de tesouros gardados, algún descubertos e outros aínda por descubrir as vacas, -as de carne e as de leite-; a terra –as fragas, as bouzas, as leiras, as insuas, as cortiñas, os pasteiros, os trigais, as marxas, os lóngaros e as infestas- que forman a paisaxe; a madeira, as tallas vanguardistas de Paco Pestana, os camiños, os roteiros, as lendas, os saberes do campo, empalleirar a herba, ler nas nubes, esperar a chegada do cuco, a música, a gastronomía, o turismo, a ecoloxía, o neoruralismo, as aldeas recuperadas, a ordenación intelixente e sustentable do territorio, a memoria recuperada, Enriqueta Otero, xa nunca máis A Ribona, Montecubeiro, as tres Mapoulas, o Monolito, os lugares da dor, as corredoiras abertas e limpas de maleza, a lingua materna, as tumbas antromorfas de Goi e Recesende, a toponimia evocadora, a microtoponimia, Rexina Polín, Tino de Masoucos, a cega de Miranda, Xosé María Gómez Vilavella, os Amigos do Patrimonio de Castroverde, os espazos singulares, o K cero a Compostela via cardiosaudable, as piscinas municipais, a Veiga do Olmo, o CPI de Castroverde, o centro de saúde, o Centro de Día, as canteiras de area, os comercios, a queixaría de Barredo, os bares e restaurantes, a horticultura, a micoloxía, os deportes da caza e a pesca, e tamén o sendeirismo, a equitación, a festa dos avós, os pendellos da Feira e a Feira de Artesanía, que hoxe nos convoca a todos aquí dicíndonos que o tesouro que todos andaran buscando non é outro que o propio Castroverde. Moitas grazas.

Angrois no esquecemento, o documental

Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.

Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.

Tamén tes máis información en angroisnoesquecmento.com

Coidado das tradiccións

As autoridades cantonais en Uri, Suíza central, están tentando manter a tradición de recoller herba vivo, xa que non só ofrece forraxe de inverno para o gando, senón que tamén incentiva a biodiversidade e para o avance do monte. O cantón organiza un curso anual para os futuros segadores. swissinfo xuntouse aos estudantes na súa aventura que compartimos en Masoucos.com (Julie Hunt, swissinfo.ch 01.10.2009)

 

 

 

Máis que un desplome

wpid-img-20150222-wa0011.jpgAntigamente, chamábase escribán ao que por oficio público estaba autorizado para dar fe das escrituras e demais actos que se desenvolvían ante el.

A foto que acompaña a este artigo foi a casa dun escribán numerario. Escribán numerario era aquel que  podía exercer o seu oficio nun pobo ou distrito a que estaba asignado con exclusión de calquera outro.

Chamábase así por ser fixo e determinado o número dos que actuaban en cada punto.

O deterioro sen fin das casas polo despoboamento do rural fixo que se desplomará unha das fachadas da, neste caso féminas, ‘Casa das Escribanas’.  Un sinal máis que advirte do perigo de non ter políticas demográficas, e opcións de futuro para o interior. Non só para determinados concellos como o de castroverde, baleira, baralla, etc, senón e sobre todo para o interior das provincias de lugo de ourense.

¿Ata cando?

Queda alguén aí?

O documental “Queda alguén aí?” de Rafa Cid (2007) aborda a grave e crecente despobación rural no interior de Galicia.  Concretamente trata a vida en Pedroso (Concello do Riós), como exemplo do que está a ocorrer en amplas rexións do interior de Galicia: a despoboación extrema do rural.

Dada a idade media no Pedroso, para a maioría dos habitantes a morte é unha constante na súa vida, e por iso deciden gastar o diñeiro ‘dos piñeiros’ na construción dun tanatorio do máis luxoso.

A morte das aldeas, tal e como tradicionalmente se entenden, ligadas ás actividades agrarias, antóllase inevitable. As propostas alternativas non deixan de ser iso, alternativas, e as aldeas máis afastadas dos núcleos urbanos, aínda que nos doa, irán desaparecendo.

¿Que outro investimento máis rendible co tanatorio se pode facer no Pedroso?¿por que teñen que renunciar eles aos seus caprichos se os que teñen que administrar o diñeiro público non o fan? Podemos debatelo.

¿Alternativas?

¿Quen ten que dalas? A administracción cala, os políticos omiten… e o interior desaproveitado e coa esperanza de futuro moi merdada. ¿Ata cando? A esperanza é o último que se perde.

Una lección de vida e de morto por parte do avó, imperdible.

 

Galegos de segunda?

De vilagudel (Fonsagrada) de Baralla, Castroverde ou de Monterroso, calquera podría ser.

Espectacular documental de informe en V dunha verdadeira realidade. A Ruta do Cancer.

¿Se imaginan pasar ocho horas en un coche para un tratamiento de ocho minutos? Este es un ejemplo real de lo que están sufriendo los lucenses. Los enfermos de cáncer de la provincia tienen que desplazarse a A Coruña en una eterna ruta para someterse a su tratamiento de quimo o radioterapia. Este servicio no está disponible en el Hospital de Lugo. Otros afectados son aquellos lucenses que sufran un infarto. Lo más probable es que tengan que ser tratados en A Coruña o Santiago. La Hemodinámica en el HULA solo funciona de mañana. En “Gallegos de segunda”, Informe en V profundizará este fin de semana en los porqués de esta situación.

Deixovos coa reportaxe que non ten desperdicio.

 

Tras ver esto, a pregunta é clara, ¿ somos de segunda os veciños da provincia de Lugo?

9 Anos

CapturaXa van nove anos da Fiestra de Masoucos.

Nunca pensei en chegar aquí, e que este blog puidera atraparme tanto. Como meu, espero que vos siga gustando tanto como ata ahora.

Se sigue ou non nove anos máis o tempo o dirá, pero co agarimo que sempre recibín, será muito máis fácil logralo.