Author Archive

Calquera tempo pasado, sempre foi…


2008
06.16

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es][lang_gl] Ten razón Cancións: na Deputación sempre houbo moito bloqueiro.

O que pasa é que agora semella que estean desatados. Cando me falan do tema, sempre recordo a Arximiro Fernández Arias. Era o número dous da lista coa que o BNG se presentou ás eleccións municipais de maio de 1995 en Castroverde. Froito do pacto de goberno entre nacionalistas (catro) e socialistas (dous), Arximiro acabou de tenente de alcalde, ás ordes de Miguel Roberto Rodríguez, o último rexedor que tivo o BNG en Lugo antes de Severino Rodríguez de Monforte.

Recordo que era o voceiro municipal do BNG e dáballe bastante estopa aos cinco do PP.Pero ao ano, deixou o cargo e renunciou á corporación. Despois veu a moción de censura que lle deu o poder a Xosé María Fernández Arias, que hoxe aínda segue alí.

Arximiro era (e é, creo) traballador da área económica da Deputación. E o rumor que correu daquela é que dende San Marcos chamárano a capítulo para que deixara o Concello. Nunca, por suposto, puidemos saber que había de certo.

Si, xa sei que parezo o Abuelo Cebolleta. Vou ter que abrir unha categoría histórica.

Estas son as ‘Letras Vaqueiras’ que publica periódicamente, Ángel Vaqueiro no diario El Progreso, e que reproduzco no blog.

Unha época de turbulencias políticas, na que como din os xornáis da épocaunha moción de censura fai perigar a alcaldía de Castroverde, única do BNG na provincia de Lugo. Tres ex-concelleiros do BNG, dous do PP e dous concelleiros do PSdeG-PSOE presentaron a moción contra o edil nacionalista Miguel Rodríguez que ata agora gobernaba gracias ao apoio do Grupo Socialista”. Foi en Octubre do ano 1997. Podes seguir a evolución das distintas eleccións no concello na galipedia, e despois recorda deixar a túa opinión¡¡¡ Sempre interesa¡

[/lang_gl]

As cousas do BOP, e parelelas


2008
06.13

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es]

[lang_gl] Ven de salir no BOP da provincia, de Lugo, a axudas para a realización de obras por parte das distintas asociacións e comunidades de veciños do Concello.

Tendes de prazo ata o día ata o día 22 de xullo, 40 días hábiles dende a pulicación no boletín, que se fixo onte.

Podes ver as bases no BOP da provincia de LUGO.

Por outra banda, tamén saiu o texto definitvo do PXOM, que podes atopar nas oficinas do concello, ou no BOP da provincia, pero é curioso que páxinas coma derecho.com, teñan o anuncio para descargalo, que di así:

  Disposiciones por SMS Precio:1,20€

Acceda a las disposiciones de Derecho.com con el método más rápido, fácil y accesible 1.               

 Envía 1 SMS con el texto LEY al 7789.

 O caso é que cobran por un documento público, que se pode obter gratuitamente¡¡¡¡. O prezo por mensaxe é de 1,2 €, para a primeira mensaxe, que supoño que non será única, xa que pedirá outras mensaxes. Ata que punto é ético esto?  P.D. Imáxinome que será legal, vamos, senón xa sería  mu triste.[/lang_gl]

O Pazo de Meirás, e a desinformación. Exemplo práctico¡


2008
06.12

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es]

[lang_gl] O Pazo de Meirás, con unha superficie de 2.115 metros cadrados sobre unha extensión de nove hectáreas, regalouselle, por unha chamada suscripción popular na que se cometeron tropelías de todo tipo, ao dictador, como residencia de vrao no ano 1939,  baixo a eufemística forma, de donación voluntaria da provincia de A Coruña.  A Xunta de Galizia pretende declaralo pazo ben cultural, co que obligaría abrilo pazo catro veces o mes, pero atópanse coa oposición da familia que teóricamente o disfruta.

Pretende valoralo estado do edificio e o patrimonio que este alberga, xa que non podemos olvidar que este edificio sufriu un incendio en 1978 e que naide ten constancia do estado no que quedou, nin de que se perdeu no suceso. Si tivo, como única excepción,  a visita dos membros da Foto, Edans en FlickrR.A.G. para saber como se atopaba o estadoda biblioteca de Emilia Pardo Bazán. Ubicada na torre Torre da Quimera, hoxe en día calculase que trala donación feita a R.A.G. deben quedar unhos 8.000 libros, dos 17.000 que conformaban a biblioteca da autora.

Este é o contexto, para poder ver o seguinte video, do programa ‘Se lo que Hicisteis’, no que ‘No soy periodista Yagüe’ o ‘Silenciosa Yagüe’ segundo Ángel Martín, da unha lección do que non se debe facer en periodismo.

Incrible, tanto a periodista, como a interesada¡¡

[gv data=”GwG6TgPkd-g” width=”425″ height=”350″][/gv]

[/lang_gl]

Un blog pirata


2008
06.11

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]

Blog pirata

[lang_es] Esta es la dirección que ha llamado mi curiosidad: http://truckstoptalesandotherstories.blogaliza.org/ (ya eliminado por el admin.)

Un blog, aparentemente inofensivo con un nombre curioso, como todos los de esta calaña.

El peligro estaba detrás. Un muy buen reclamo, con un video que nunca terminaba de cargarse, y debajo un video gancho.

Al pinchar en cualquier enlace entraba en juego la segunda pantalla. La maligna pantalla. Se ofrecía gustosamente a analizar el ordenador, encontrando siempre falsas infecciones, invitándote a continuación a descargar un fabuloso programa que elimine esas falsas infecciones.

Es el llamado XPOnlineScanner.com, hogar de XP Antivirus Protection, una de las últimas aplicaciones anti-spywareTroyano...

tramposas. XPOnlineScanner.com ofrece un escaneo gratuito con XP Antivirus Protection. Grandioso¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. XP Antivirtus Protection devuelve falsos positivos, y muestra falsas alertas de seguridad para engañar y hacer que compres XP Antivirus Protection por una cantidad de dinero que varía entre los 30€ y los 50€.

Más allá de lo que XPOnlineScanner.com diga, si no sabes dónde se ha almacenado XPOnlineScanner.com, el único spyware con el que está infectado es XP Antivirus Protection. Elimina XPOnlineScanner.com, si puedes.

Aviso: XPOnlineScanner.com hace sentir deseos de tirar el ordenador por la ventana, no lo hagas, se puede solucionar. Suerte¡ [/lang_es]

[lang_gl] Esta é a dirección chamou a miña curiosidade: http://truckstoptalesandotherstories.blogaliza.org/ (xa eliminada por Pedro. ).

Un blog, aparentemente inofensivo cun nome cando menos curioso, como todos os deste estilo. O perigo estaba detrás. Un moi bon reclamo, cun video que nunca termina de cargarse por completo, e debaixo o gancho.

Ao pinchar en calquera dos enlaces da páxina redirixíate a unha segunda pantalla. Esta é a verdadeira pantalla maligna. Ofreciese gustosamente a analizalo ordenador(desconfía se che ocurre esto), encontrando sempre falsas infeccións, invitándote o momento a descargar un fabuloso programa que elimina esas falsas infeccions.

É o chamado XPOnlineScanner.com, o fogar de XP Antivirus Protection, unha das últimas aplicaciones anti-spywareTroyano...

tramposas. XPOnlineScanner.com ofrece un escaneo gratuito con XP Antivirus Protection. Grandioso¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. XP Antivirtus Protection devolve falsos positivos, e mostra falsas alertas de seguridade para engañar e facer que compres XP Antivirus Protection por unha cantidade de diñeiro que varía entre os 30€ e os 50€.

Máis alá do que XPOnlineScanner.com diga, se non sabes onde se almacenou XPOnlineScanner.com, o único spyware co que está infectado es XP Antivirus Protection. Elimina XPOnlineScanner.com, se podes.

Aviso: XPOnlineScanner.com fai sentir ganas de tiralo ordenador pola ventana, non o faga, pódese solucionar. Suerte¡

[/lang_gl]

Non puido ser


2008
06.09

A lucense Aida Valiño compite na categor�a Sub 23

Non se pudio ser, e

Todos a Vancouver


2008
06.06

A�da valiño Aída Valiño intentará adxudicarse este domingo o Campeonato do Mundo Sub-23 de Triatlón, o VANCOUVER TRIATHLON WORLD CHAMPIONSHIPS,  que se celebrará na cidade canadiense de Vancouver.

A salida na categoría femenina darase ás 16:00. Despois terá que superar 1’5 km de natación na Bahía Inglesa, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pe. Aída deberá manterse no grupo de cabeza, sobre todo no treito de ciclismo, xa que a natación é a súa especialidade e non terá problemas.

Se é capaz de aguantar terá moito ganado, xa que terá opcions de medalla na dura carreira a pe.Tamén será importante a súa experiencia internacional (xa estivo o ano pasado no Mundial de Hamburgo) e ven de conseguir o subcampeonato de Europa.

Ese será o seu punto de intimidación para unha carreira na que non hai unha grande favorita e na que serán un total de 2,600 atletas procedentes de 45 países os que compitan polas distintas modalidades.

 O calendario para o domingo 8, é o seguinte:

Mulleres Sub 23 – 7:00am (hora canadiense)
Homes Sub 23 –  10:00am (hora canadiense)
Mulleres Elite – 1:00pm (hora canadiense)
Homes Elite – 4:00pm (hora canadiense)
E a ceremonia de medallas para a Sub 23 e a Elite ás 6:15pm (hora canadiense) 

 Moita Sorte dende a Fiestra¡

Manuel Sarille, ‘polos fillos dos fillos’ e máis


2008
06.05

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]Unha pequena homenaxe a Manuel Sarille Lenceiro veciño de Montecubeiro, historia do concello, que deixou plasmada no libro, POLOS FILLOS DOS FILLOS (Candeia Editor, 2003), un exercicio de catarse sobre a memoria familiar e a guerra, novela primeira do seu fillo Xosé Manuel Sarille Candeia (referencia básica na loita pola normalización do galego) e que conta cun grande éxito de público.

  

Manuel Sarille Lenceiro (Castroverde – 1923), Presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo de Lugo, ingresou nas Juventudes Socialistas en setembro de 1935. O 14 de abril de 1936, participou nun mitin da República en Montecubeiro, e tralos sucesos represivos neste lugar, en agosto de 1937, figurou nas listas de persoas a fusilar (si, fusilaron a Carmen Sarille Lanceiro, de 22 anos, e a moitas persoas da súa veciñanza). En 1976 ingresou no PSOE. Foi membro da Executiva Galega e do Comité Federal.
É autor da “Pascua de Montecubeiro”, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista “Olisbos” nº 14, editor do libro de Arximiro Rico. “Luz dos humildes”, “Vida e morte dun mestre republicano”, de Narciso de Gabriel e Xosé M. Sarille, coautor do libro “Polos fillos dous fillos”, de Xosé Manuel Sarille Candeia (Sucesos de Montecubeiro, 1937). Financiou e dirixiu o monolito aos mortos de Montecubeiro de 1937, coa colaboración do Concello de Castroverde, instalado no campo da parroquia o 23 de agosto de 2003. Foi colaborador no Progreso con artigos e cartas.

 Tamén Claudio Rodríguez Fer en  Todoslosnombre.es brindalle un atributo a Manuel Sarille, di así:

Como é sabido a enerxía non se crea nin se destrúe, soamente se transforma, e Manuel Sarille Lanceiro, que era pura enerxía, segue e seguirá existindo a través da súa muller Olga e do seu fillo Xosé Manuel, así como dos descendentes destes; a través das súas obras, que foron moitas, e a través de todos os que o coñecemos, que somos moitos tamén. Para min, que vou falar del a través da memoria, será sempre o recreador d’A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista Ólisbos nos anos noventa precisamente por iniciativa miña e logo representada e interpretada coa máxima graza polo propio Sarille en Montecubeiro nun acto multitudinario. Para min será tamén sempre o leal editor do libro Arximiro Rico. Luz dos humildes, vida e morte dun mestre republicano realizado polo seu fillo Xosé Manuel Sarille e polo noso común amigo Narciso de Gabriel, pois sempre mantivo viva a memoria e o agradecemento a quen fora seu mestre e a quen resultara tan vilmente asasinado. Por suposto, para min será igualmente sempre o informante e o protagonista da novela Polos fillos dos fillos, de Xosé Manuel Sarille, sobre a matanza acontecida en Montecubeiro en 1937, así como o promotor do monólito a aquelas vítimas en colaboración co Concello de Castroverde, dúas das maiores satisfaccións da súa vida. Mais na súa existencia chea de compromisos e de loitas das que a miúdo daba testemuño escrito na prensa, onde por certo non lle publicaban todo o que enviaba, para min será ante todo o fundador e o presidente da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.Nunca esquecerei o día do ano 2005 en que tras presentar Carmen Blanco, María Xesús Souto Blanco, María Lopo e máis eu na Galería Sargadelos de Lugo o monográfico dos cadernos Unión libre dedicado á “Memoria antifascista de Galicia”, en presenza de netos do Doutor Rafael de Vega Barrera e doutras persoas con el relacionadas, como Sofía Andrade e Xesús Pérez Regueiro, lin o poema “A loita continúa”, que alude ao masacre de Montecubeiro, e observei con emoción que o rexo e combativo Sarille choraba a cada verso. E, rematado o acto, Manuel Sarille Lanceiro propúxonos aos presentes formar unha asociación promotora da recuperación da memoria histórica que resultou ser a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, da que por suposto foi o seu presidente.
Naceu así pois unha Asociación, con domicilio social na Galería Sargadelos de Lugo (onde Sarille presidiu a súa presentación pública), dedicada á investigación e divulgación da memoria histórica da represión para que se coñecese a verdade e para que nunca se repetise, así como para realizar accións de dignificación das vítimas barbaramente maltratadas durante a ditadura e inxustamente esquecidas na actualidade. Falou no seu nome Sarille na radio, na televisión e nos máis diversos foros e xuntanzas, intervindo en actos tan significativos cualitativa e cuantitativamente como a inauguración do monumento ao doutor Rafael de Vega Barrera, no que interveu xunto aos descendentes de Vega e ao alcalde de Lugo, ou o encontro universitario “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre”, onde presentou a súa investigación sobre o asasinato do mestre e deputado republicano Díaz Villamil. Sarille quedou moi satisfeito co resultado destas dúas convocatorias e, particularmente, co numeroso público xuvenil da última delas, como tamén de todas as homenaxes aos mestres da República e en concreto ao seu mestre Arximiro Rico.
Non é de estrañar, pois, que a Asociación recibise agora as máis sinceras condolencias por parte da Fundación Luís Tilve, tan comprometida coa memoria; da historiadora da represión María Xesús Souto Blanco, da exhumadora de vítimas Carmen García-Rodeja; de numerosos asociados e colaboradores ou do grupo de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” en escrito do seu director Lourenzo Fernández Prieto, quen lembrou e agradeceu moi expresivamente a importante contribución de Sarille a este proxecto de reconstrución da memoria, polo que a nosa Asociación tanto avogou.
Agora ben, Sarille non conseguiu aínda levar a efecto todas as súas iniciativas, pero digo que non o conseguiu aínda porque o conseguirá a través de nós: por exemplo, un monumento ao mestre Arximiro Rico no Cádavo; por exemplo, unha placa ao mestre Díaz Villamil na Pontenova; por exemplo, un monumento a todas as vítimas do fascismo en Lugo, para o que se conseguiu xa no 2006 un deseño de Isaac Díaz Pardo.
Emocionouse Sarille cando no encontro sobre “As vítimas do 36 en Galicia. Memoria e Paz para sempre” se lle entregou un gravado orixinal de Sara Lamas sobre a súa irmá Carmen, asasinada en plena xuventude polo grave delito de ser sinxelamente irmá. Porque, en efecto, Sarille comprendeu que xa moitos nos sentimos irmáns daquela vítima e de cantos perderon a vida inxustamente a raíz de 1936. Na última conversa que mantivemos, xa telefonicamente, agradeceume o poema “As tres mapoulas de Montecubeiro”, referido ás tres mulleres asasinadas naquel masacre en 1937, e que lle está dedicado. Con el vou rematar, porque sei que así lle gustaría a Sarille e porque acaba aludindo ao penedo conmemorativo que con tanto empeño conseguiu erguer en Montecubeiro, un penedo do que estaba tan orgulloso e que tanto se lle parece
[/lang_gl]

A lei de Godwin, ou analoxía nazi de Godwin


2008
06.04

Mike Godwin

[lang_es]La ley de Godwin (O también, La Regla de analogías Nazi de Godwin), es un enunciado relacionado a la interacción social en Internet, que propuso Mike Godwin, abogado de la Electronic Frontier Foundation, en 1990. Una de esas curiosas leyendas (quizá paradigma, o incluso realidad cotidiana) que dice: “As a Usenet discussion grows longer, the probability of a comparison involving Nazis or Hitler approaches one”. O tb: “A medida que una discusión en Internet se alarga, la probabilidad de que aparezca una comparación en la que se mencione a Hitler, Franco o a los Nazis se acerca  a uno.” Esta ley, seguro que la hemos visto todos, hai múltiples ejemplos) en algún foro, en redes sociales como menéame, etc. (puedes ver aquí un ejemplo: http://www.escolar.net/MT/archives/2007/01/como_desembaraz.html).Así una discusión se va alargando en el tiempo a medida que los argumentos objetivos van decayendo, aumenta proporcionalmente el grado de insultos hasta que de pronto alguien hace referencia a los nazis, fascistas etc. La tradición en internet dicta, que no la ley, que la persona que ha mencionado a los nazis, fascistas, etc. ha perdido la discusión, y se abandona la discusión. Además la ley también se aplica cuando entra un comparación con los nazis, la discusión ya ha perdido todo sentido y nada útil se va a poder extraer de ella.[/lang_es]

[lang_gl]A lei de Godwin (Ou tamén, Regra de analoxías Nazi de Godwin), é un enunciado relacionado coa interacción social en Internet, que propuxo Mike Godwin, abogado da Electronic Frontier Foundation, en 1990. Unha desas curiosas lendas (quizais paradigma, ou incluso realidade cotidá) que dice: “As a Usenet discussion grows longer, the probability of a comparison involving Nazis or Hitler approaches one”. Ou tamén: “A medida que unha discusión en Internet se alonga, a probabilidade de que apareza unha comparación na que se mencione a Hitler, Franco ou aos Nazis achegase a un.” Esta lei, seguro que xa a vimos todos, hai múltiples ejemplos, en algún foro, en redes sociais como menéame, etc. (Podes ver un exemplo en: http://www.escolar.net/MT/archives/2007/01/como_desembaraz.html). Así unha discusión vaise alargando no tempo a medida que os argumentos obxetivos van decaendo, aumentando proporcionalmente o grado de insultos ata que de pronto alguén fai regencia aos nazis, fascistas etc. A tradición en internet dicta, que non a lei, que a persoa que mencionou aos nazis, fascistas, etc. perde a discusión, e ésta é abandonada. Ademais a lei tamén se aplica cando comeza unha comparación cos nazis, xa se da por sentado que a discusión perdeu todo o sentido e xa nada útil se vai poder extraer dela. [/lang_gl]

Esperemos que non teña que pechar esta anotación pola ley de Godwin¡¡ 😉

I Encontro do Fútbol Sala Lucense


2008
06.03

Cartel Torneo Triangular

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl] O primeiro ‘Encontro do Fútbol Sala Lucense’ no palacio Municipal dos Deportes de Lugo rematou coa victoria moi cómoda, lóxica por outra parte, do Azkar Lugo. Logrou dúas cómodas victorias diante dunhos rivais moi frouxos. O primeiro dos partidos foi contra a selección provincial, que aguantou a primeira parte, pero na segunda doblegou ante a fortaleza física dos locais, e venceron por un 4-0.O segundo partido decidia claramente o subcampeón xa que era inevitable non pensar outra cousa. Neste partido a cousa rematou cun triste e gris empate a un tanto.

No derradeiro partido, o combinado local, por medio de Richi, nunca gran xogada de equipo, marca o primeiro cun toque totalmente de calidade e fai saltar a sorpresa. Máis pouco durou, xa que un par de minutos despois mimi a pase de werner marca o empate. Ao que tamén acompañaron Fernandinho, Paulino, entre outros, para acadar o definitvo 10-3.

Para próximas edicións, o Azkar pretende repetilo torneo, e se intentará mellorar cada ano. Agardemos que así sexa.

Neste torneo estivo Richi, adestrador e xogador da SD Castroverde durante as dúas últimas campañas, nas que non foi quen de conseguilo obxectivo de conseguilo ascenso de categoría, tampouco foi quen de despregar todo o seu xogo ofensivo,e tivo unha actuación discreta.

En breve poderanse ver as fotos do encontro. [/lang_gl]

Un novo tempo para os centros educativos


2008
05.30

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

[lang_gl]

mulller avanza Hoxe remata a exposición da Asociación Intered, “Igualdade para o desenvolvemento:  Se a muller avanza, o mundo tamén”

Nela pódense ver os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor. Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.  

Ademáis desta nova exposición, os alumnos de 5º curso de primaria realizaron un programa de radio para “Ponte nas Ondas”, que poderemos escoitar o próximo 6 de xuño a través da Internet, e agardo non perdermo, xa que van analizar os cambios que se foron producindo na comarca, Alumnos ponte nas ondasatendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións, ademáis de reflexionar sobre a incidencia desta circunstancia na modificación dos hábitos de vida.  

Nesta mesma liña, os centros de ensino non universitario de Galicia puideron iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa televisión e novas tecnoloxías. ‘Mobilizate nas aulas’, un proxecto de Mr Misto Films para o Consorcio Audiovisual de Galicia, na que o CPI de Castroverde tamén participou, con estas dúas grabacions:  Documental: CPI Castroverde, no que se poden ver a distintas persoas que fan o seu traballo no centro, e tamén as súas aulas; Os seus autores: Rubén Castro, Déborah Birro, Nuria Alvarez, Marina Pérez, Jéniffer Torrón. Tamén podes ver As gamberras, onde a un grupo de rapazas as botan fora da clase e o director terá que tomar unha decisión; Os seus autores: Alejandra Pérez, Patricia Rielo, Tamara Castedo, María José Fernández, Marta González, Cristina Cascudo, Daniel Díaz. 

E xa por último, mencionar o Taller de escritura creativa escolar de “Crea tus textos“. Este ano celébrase a súa segunda edición do taller online que organiza a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

Nesta edición tentábase potenciar as dotes de escritor, así como poder compartir ás túas creacions con outros estudiantes, na que tamén participaron os alumnos do CPi de Castroverde. Podes ver os seus texto facendo clic aquí.

Unhas moi boas ideas para achegar a cutltura os rapaces do concello. Que pena que non puideramos disfrutar destas boas ideas fai anos…

[/lang_gl]