Archive for the ‘Autobombo’ Category

Aptis, unha forma de certificar o teu inglés


2016
08.07

Fai xa uns días que certifiquei o meu inglés. Foi mediante o examen Aptis, do British Council. É algo diferente o típico examen da Escola de Idiomas, EOI, no que so te podes examinar nun determinado nivel. Aquí é diferente, examinaste e en base a nota final sacas un nivel global.

O que se evalúa neste examen Aptis é:

  • Expresión oral, a capacidad de falar e ser comprendido.
  • Expresión escrita, que fai referencia a capacidade de escribir.
  • Comprensión oral, ou escuita activa, que conleva entender o que se está escoitando.
  • Comprensión escrita ó compresión lectora, é decir, a capacidad de ler adecuadamente.
  • Gramática e vocablario

Os resultados obtidos en cada competencia indícanse tamén conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para as Lenguas. Recibes puntuacións numéricas (0-50) tanto para 0 apartado de gramática e vocabulario como para cada unha das competencias lingüísticas que realices, as que engadirás o nivel correspondente no Marco Común Europeo (A1 – C) para cada unha destas competencias lingüísticas e unha calificación global de acordo co Marco Común Europeo.

Bueno, despois desta breve introducción vou describir como foi o meu examen no British Council no paseo do General Martinez Campos 31 en Madrid.

Garita seguridade

Garita seguridade

Tras chegar a localización, pasas por a porta da esquerda, e está a garita de seguridade. Suelen estar fora controlando que os accesos. Tras esto, tes que chegar o arco da foto que acompaña a este párrafo e entrar pola porta da dereita.

Esa xa é a zona de espera para o  examen, con dous sofás, e unha pantalla que cho indica, aínda que é difícil de ver tal cousa. Todo esto podes velo a través de google maps, xa que ten acceso a todo o edificio para darte conta de todo.

Tras unha breve espera, e con puntualidade inglesa acércase un rapaz novo, para decirnos que é o encargado de coordinar o examen, explicándo que a primeira proba será o oral, e que subiremos en dous grupos de 9 persoas.

E así foi. Fun o penúltimo do primeiro grupo. Subimos e a primeira probar foi o examen oral.

EXAMEN ORAL:

Aula Examen British Council MadridDunha duracción de 10-12 minutos, a proba faise de forma conxunta en grupos de 9-10 persoas. O primeiro e entregar o teléfono móvil, ao que lle poñen un pegatina cos teus datos. Tras eso, o coordinador séntate no asento previamente asignado, donde existe unha folla cos códigos dos exames aptis e un código persoal para introducir en todas as leccións. É o único que cambia con respecto os examen de exemplo que existen na rede.

Tras iso, comeza o examen onde todo o mundo responde a vez. Ao ter cascos e auriculares fai que non molestes ao do lado.

As preguntas foron do máis disparatado. A primeira describir a estancia, a segunda que levas posto hoxe, e a terceira sobre o teu tempo libre e a familia. Máis ou menos o esperado, pero non deixa de sorprender as dúas primeiras preguntas.

Tras iso, o test continúa, é un pouco estresante xa que non para en ningún momento, e tes que responder sí ou sí. A opción de quedarse calado non é viable. O dito, a continuación describir unha foto, que non recordo exactamente cal era e a comparación entre outras dúas. Neste caso entre un centro comercial e un negocio tradicional, outro clásico desde tipo de examenes. Finalizado esta parte, volvemos a sala de agarda, e subiron os do segundo grupo a facela mesma proba. O móvil en todo momento en posesión do coordinador na aula. Cando rematou o segundo grupo, subimos de novo a aula e incroporámonos con eles. A seguinte proba, a probar de comprensión auditiva.

EXAMEN COMPRESIÓN AUDITIVA:

Este orde está así establecido, e é a partir do seguinte coñecemento donde xa se pode escoller a orde, pero de momento o oral e compresión auditiva están marcados.

A proba de audición é complexa, quizáis a máis complexa. Porque aparecen sons en diversas circusntancias, e a pesar dos auriculares etc, existen ocasións onde non escuitas perfectamente. Ademáis, en diversas preguntas, fálase da respostas con sinónimos, ou se debe dedcir, polo que complica a resolución. Todas as audicións se poden reproducir dúas veces, e xunto co oral, son os únicos puntos onde non se pode retroceder nin revisar as respostas.

Tras esta proba, de uns 30 minutos, o que tardas en reproducir os audios dúas veces, podes elexir a seguinte proba da que queres examinarte. Eu decidinme por escribir.

EXAMEN ESCRITURA:

O examen de escribir é sempre o mesmo, salvando a temática. No meu caso foi sobre un viaxe frustado organizado por un supuesto club ou asociación de viaxes a que estás asociado. Neste caso creo que son 45 minutos, as respostas están limitadas a un número de palabras que se indican e que se cubren perfectamente sen complicacións, tendo as cousas claras. Tamén existe unha parte de cumplimentación en base a combos. Nada fora do planificado e que podes ver nos exemplos, pero o tempo é o xusto e non te debes dormir.

EXAMEN LECTURA:

O que mellor me saíu, e sen embargo o que menos preparei directamente. Confiaba nos textos que xa tiña lidos, e demáis. O certo e que o tema era referente a mascotas, as primeiras mascotas da historia, etc. Ler un texto e titular os distintos parágrafos é a parte principal do examen. Tamén existe a ordenación dunhas frases nun texto. Hay que fixarse ben nos matices, pero resulta divertido, incluso. Neste caso o tempo e algo máis olgado que para outras partes.

GRAMÁTICA E VOCABULARIO:

50 preguntas, en 25 minutos, é abondo. Non da tempo a repasar, polo que se non tes os conceptos claro, moitas delas erraralas. Como por exemplo o uso de told, sayd ou speak, por decir unha. Tamén os modales…

 

PREPARACIÓN

No meu caso foi de 9 días, a todo trapo, vendo vídeos, calquera imaxe en diversos formatos, tanto para practicar a fala, como para escoitar. Toda palabra que non concía remataba no meu diccionario particular que repasaba todos os días.

Para a preparación do oral tirei de este vídeo, donde che dice como comparar e describir imaxes, ademáis de varios exemplos. É un moi Tip para comenzar, e este foi un dos meus primeiros.

https://www.youtube.com/watch?v=D2TXCns8vDs

O seguinte Tip que fixen, ademáis do de vocabulario, e describir e comparar, foi o de escribir. Como escribir un mail formal, e outro informal. Que se debe usar, etc. Aquí tirei man de diversos recursos que se poden encontrar para sacar o B1 ou PET de Cambrige, para o que existe muitos máis contidos que para o Aptis do British Council.

Por último, fixen un tip de repaso, cos conectores de todo tipo a usar, e donde usalos, así como un repaso os verbos e formas verbales que se deben usar, e como usalas para aplicalas de cara o exame. Sen dúbida moi útiles estes minis repasos. Que por certo, sempre por escrito, e recopilado, para que cada día poidas ver o teu avanza.

Tamén ademáis da auto formación me axudou os exames de proba, tanto os que encontrei pola miña conta, de James Anderson no seguinte Link, http://ibis.atwebpages.com/aptis/, ou en https://www.britishcouncil.es/examenes/aptis/practica donde existe outro exemplo máis, tal e como sería na realidade, de cada unha das aptitudes a evaluar.

Na guía do candidato que existe no british council podes atopar exactamente cada detalle do examen, así como o primeiro exemplo. E enlaces a outros recursos.

Tamén gracias a web amigosingleses.com donde podes aprender un montón de vocabulario, e pequenos trucos, correctas pronunciacións, etc moi útiles. Unha web moi recomendable!! Tamén o son os seus podacast, pero eu neste caso usei os do propio british council, así como para practicar a fala, a aplicación Helopal!

Pensa sempre que existe unha maneira sinxela de rematar todo tipo de exercicios, e que se dudas, ou lle das demasiadas voltas é que non tes o suficiente dominio da materia.

Espero que este exemplo sexa útil a outros candidatos, e se queres que engada algo máis no dubideves en facelo, xa que por exemplo, a USC traballa no seu centro de linguas modernas con este tipo de certificados, e non con cambridge ou outras institucións.

Sorte é a polo teu nivel (skill) en inglés. Non teñas medo, é sinxelo!

9 Anos


2015
04.26

CapturaXa van nove anos da Fiestra de Masoucos.

Nunca pensei en chegar aquí, e que este blog puidera atraparme tanto. Como meu, espero que vos siga gustando tanto como ata ahora.

Se sigue ou non nove anos máis o tempo o dirá, pero co agarimo que sempre recibín, será muito máis fácil logralo.

Entreaberto


2014
05.20

Entreaberto

 

Xa fai uns meses que a fiestra está entreaberta. Non é algo deseado, ou esperado, senón unha pausa.

Unha pausa nos xa oito anos (e un mes) de vida, da Fiestra de Masoucos.

Esta pausa é debida en gran parte a dous proxectos na rede, moi interesantes e que vos recomendo encarecidamente.

 

 

Blog Interference

 

O primeiro é un novo blog, Blog Interference, donde contamos todo o deporte, cun acento especial sobre o aínda semidesconocido aquí, ‘Fútbol Americano’, pero tamén nos ocupamos do máis cercano, como o breogán, o ensino.

Tamén poderedes ver reportaxes, como a de Davil Gil, sobre as finais da NBA, outros deportes e muito máis; sen olvidarnos do mundial de futbol que está xa as portas, e do que daremos bo canto, engadindo artigos especiais con análisis dos planteles e posibilidades dos equipos participantes.

O segundo trátase de Café Dixital, un proxecto conxunto con Moucho Nocturno, do que estamos a poñer as bases para poder medrar. Deseñamos, e mantemos páxinas web. Somos especialistas cos CMS máis coñecidos do mercado, como WordPress, Joomla ou Prestashop. Se queres un producto de calidade na rede, deberías consultarnos. Tamén facemos aplicacións para móviles, SEO, community manager ou calquera outro desenvolvemento na rede. Todo sobre os nosos propios servidores, con xestión total, e multitude de ventaxas máis. ¿Vas deixar pasalas?

Podes ver algúns exemplos do noso traballo pinchando aquí.

Espero que poder escribir máis, para poder volver a abrir completamente a ‘Fiestra de Masoucos o Mundo‘.

 





Elena, unha rusa en Masoucos


2012
12.07

Rusía en MasoucosPreséntovos a Elena, unha rusa en Masoucos.

Parece o título dunha película pero a realidade sempre supera a ficción.

Esta rusa, chegou a Masoucos cando iva de volta cara a fonsagrada, desde santiago de compostela.

Estaba totalmente perdida, despois de interpretar mal as señales existentes na ‘vacariza’. Ter que recorrer máis de dous quilómetros por un camiño que non era ‘o que esperaba’, o de Santiago, nun primeiro momento non a convenceu.

Por ese camiño e en dous quilómetros por fin atopu a alguén a quen preguntar, por o ‘camiño de volta de santiago’. Todo nun intelixible español, aínda que non fluido. Ante a miña sorpresa e como creía que non entendía, insitiu na súa pregunta nun perfecto inglés. Despois de indicarlle, o retorno a senda correcta, puidemos falar un anaco. Nese tempo contoume o espectacular do lugar, sobre todo a gran cantidade de auga que existía, o bosque, e o botino do pueblo ‘it’s so beatiful’, repetía.

Continuou o camiño despois de rechazar calquera tipo de axuda, cara a súa meta, baleira, para o día seguinte chegar a Fonsagrada, o seu lugar de destino, antes de volver a súa Rusia natal donde decía, ‘is very different, it is colder in Russia‘.

Good bye Elena. See you… soon

 

Xa fai seis anos e un día


2012
05.25

Xa fai seis anos é un día que masoucos.com viu a luz.
Seis anos é un día que non saio dela, pero eu cada maña veño, veño a por ela, esperando alguna alegría, alguna visita nova, algunha novidade…

Parafraseando a uns que volveron despois dun largo paréntisis, os heredeiros da cruz,volvo a este recuncho, despois doutro paréntesis, aínda que máis corto, para seguir publicando, e sobre todo para dar as gracias a todas esas persoas que dalgunha forma botaban de menos unha fiestra pola que mirar, a de masoucos.

Deixovos cos Heredeiros, e cunha dos seus míticos temas, ‘Peja la vuelta’.

E en breve, unha achega de Manuel P, sobre o camiño primitivo. Graciñas!!!

Un pequeno adianto


2011
12.06

Éstas son un par de fotos, un adianto, do que se poderá ver o ano que ven en masoucos.org, a páxina web da Asociación Cultural e Veciñal de Santiago de Masoucos, que estará centrada os primeiros meses en mostrar todo ese traballo que estamos a realizar para conseguir diseñar e facer unha nova ruta, e na que se poderá comtemplar imaxes coma estas:

Esperemos que vos gusten.

Niebla sobre masoucos
vista

Masoucos, a orixe


2011
10.31

É curioso conocer a orixe dos nomes, é máis no caso de  ‘Masoucos‘, un topónimo único, con orixe incerto.

Gracias a LVCENSIA podemos ver o significado dos topónimos de todos os lugares do concello. Esto dice sobre Masoucos Nicandro Ares Vázquez, autor do estudio:

Masoucos – A parroquia é unha aldea dela levan o nome de Masoucos, o cal rima co pontevedrés Badoucos, co ourensán Roucos, co coruñés Moucos e Bezoucos (arciprestado santiagués denominado Besaucos en docs. antiguos) e cos lucenses Fixoucos e Penoucos. Poderíase comparar con mazucos, ‘pequenos batáns’, con base en maza, matia, macia, masia, mazia(MLLM). Por outra parte Masoucos puido ser tamén massa ‘mansión, herdade dun mosteiro’ (cf. MLLM v. mansus; DCELC v. manido), co sufixo diminutivo  -ucus (ILV 37).

Trascastro é unha aldea ubicada trans castrum ‘detrás dun castro’

Con esta explicación tamén está de acordo o historiador local, Jose María Gómez Vilavella, nun dos seus fantásticos e densos libros.

Outras fontes falan e comentan que podería proceder da irregularidade do terreo, sería un orixe demás‘ e ‘ocos que evolucionou o ‘Masoucos‘ actual.

Aínda así, a posible orixe máis atractiva e exótica é a ‘mondejar‘:

Debemos considerar también que en aquellos tiempos no existía, ninguna Academia de la Lengua, ni reglas fijas a la hora de escribir, luego las variaciones de un mismo nombre a través de los tiempos, han sido de difícil precisión, fluctuando según los diversos criterios de los pobladores.

Crónica I. de Mondéjar 15

Observando el mapa de Viseo y su zona, en el actual Portugal, de la que fue gobernante en su juventud el rey Ramiro II, vemos que muy cerca de Viseo, está la ciudad de Mogadouro y la sierra del mismo nombre; si le ponemos el artículo Al delante de este nombre, le quitamos el douro, escribiéndolo en plural, tendríamos Almogas o Almogaras muy próximo del nombre de Almoguera, todo esto escrito y dicho en Gallego-Portugués de la época o castellano antiguo, nos lleva a la conclusión que la repoblación de Almoguera fue a la vez que Mondéjar, así como la derivación del nombre, pero también sabemos que algunos historiadores dicen, que Almoguera en árabe significa la cueva, y según otros, significa el Celoso vigía, refiriéndose al castillo. Para Yebra, encontramos otro de igual nombre cerca de Ponferrada en León, también dentro del reino de Ramiro II. Pero sigamos observando el mapa y reparemos en que a unas 10 Km. de la sierra de Mogadouro, aparecen Masoucos en el lado portugués, y a 18 Km. en el lado español Masueco y Fuentes de Masueco, también observaremos que ia situación de estos pueblos con respecto al río Duero, es semejante a la que Mazuecos y Almoguera tienen con relación al río Tajo. Así pues tendremos para Mazuecos la misma conclusión que con Almoguera. Aunque dicen otros autores que Mazuecos es nombre íbero, celtíbero o vasco. La geografía nos dice también, de la existencia de Mazuecos de Valdeginate, dentro del condado de Monzón de Campos en la actual provincia Palencia, de cuyo título por donación del rey Ramiro H, era propietario el magnate toledano Azur González, asesor personal del rey, también su mano derecha en los asuntos del estado.

Fernán González primer conde independiente de Castilla.

Concluiremos que fue este magnate junto con otros magnates mozárabes de Toledo, los que repoblaron con mozárabes la “Marca Media”, territorio comprendido entre los ríos Duero y Tajo, además de castellanos del norte, del conde Fernán González, pues la organización política que tenían para organizarse y vivir en un enclave tan difícil y fronterizo, era la propia de la Castilla de la época y de la histórica Celtiberia.

Un nome único cun orixe incerto. As posibilidades están abertas.

Ortodoxía futbolística?


2011
06.15

O sorteo para a promoción a Segunda B celebrado o lunes empeza a ser sonado gracias a Internet. Fálase de escándalo, e que é o sorteo dos partidos que foi  moi pouco ortodoxa, inclsuo un escándalo ou tongo.

O protagonista foi Pablo Córdoba, presidente do SportAlcobendas, coa responsabilidade de facer de man inocente . É sospeitoso cando lle pregunta o condutor da RFEF polo Arandina (equipo de Aranda de duero). Este señala unha bola, e o protagosnita saca a mesma bola, sen soltala, e axita o resto. Cando o membro da Federación le en voz alta o nome do equipo seleccionado (arandina), o presidente do Alcobendas celebrao abertamente, mentres aínda non sei quen sería o rival, doutro lado do cadro.

Ata o momento, pódese pensar de casualidade, pero o certo é que cando empeza a extraer a bola do outro lado do cadro, para coñecer o rival do Arandina, nin se molesta en axitalas, e directamente saca unha, a do Sport Alcobendas.

A idea de tongo corre rapidamente polos diversos foros futbolísticos de internet, xa que case se alegra máis ao sacar a primeira bola do bombo, que a segunda, a do seu equipo. Ahí está o video. ¿Ortodoxo? ¿Casualidade?

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/YED--sks3mk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O futbol ten cousas moi ingratas, e se finalmente se descubre que estaba amañado, sería unha máis dunha larga lista.

Recoñecemento


2010
05.18

Botalle un olloRecibo emocionado, con felicidade e sobre todo sorprendido este cumprido por parte de Caralladas, o que me nomeu fai uns días  como un dos seus 10 blogs máis recomendados.

Trátase dunha iniciativa que está a circular pola rede, e pola cal os blogs seleccionados deben cumplir dúas normas:

  1. Os elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
  2. Seleccionar e enlazar os blogs que segundo o voso criterio valen a pena.

Blog da querida alexque desde o seu ghalpon nos decubre e fai sentir coa súa sensibilidade a hora de escribir.

Fotos, pensamentos, ideas, contrapuntos… todo a través das imaxes

Un poucquiño de todo como ela titula, un perfecto disfrute de ller un blog.

Tamén recomendar tódolos blog que enlazo… e que seguro vos van facer disfrutar!!

O incio, exemplo a seguir


2010
04.06

Este é un exemplo a seguir, para os concellos do interior. Unha boa inciativa para reactivar o concello, e fixar poboación nova. Só lles falta o lema, “é para vivir, O Incio”.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

É aquí cen ideas para mellorar o interior.