Nunca tal cousa se viu…
Archive for the ‘Concello de Castroverde’ Category
Veo, veo, ¿Qué ves?
04.23
Vicente Rocamora visitou Uriz, Castroverde, xa fai dous anos. Fai tempo que tiña ganas de publicar este par de vídeos, polo extraño do contido.
Alí, na capela, captou unha extraña imaxen e unha parafonía, todo, según as súas palabras.
Máis ben parece unha invención que unha realidade, pero, ¿que opinades?
Desafía Marzo Saúde
01.29
Con apenas un mes de preparación, donde o primeiro obxectivo e mui ambicioso era rematar a proba, o desafío Marzo Saúde foi o meu primeiro duatlón de orientación. Cunha organización de dez, a cargo de Marzo Saúde, as espectativas cumplironse.
Realmente creíao un deporte cun esforzo demasiado grande para o obxetivo a alcanzar, pero a miña motivación de terminar, e sobre todo probar con Pablo como era eso de orientar.
O primeiro sector a pé, pasouse rápido, con un mínimo error na primeira baliza, e un máis grave na baliza do muíño, onde, seguimos a outra parexa que nos lastrou algo de tempo. Pero sobre todo o peor aquí foi cruzar o río, cunha gran crecida, e evitar perder tempo por volver atrás.
A parte de bici comezou mui ben, aínda que cun problema mecánico, que solventamos con inestimable axuda de jose, que estaba sacando fotos nese punto. O tempo o principio acompañou, pero a medida que subíamos, foi a peor, cunha chuvia intermitente pero intensa, que se acentou na baliza máis alta, donde facía un forte aire, frío…, e con escasas forzas, máis que o orgullo, sabedor despois, de que o resto era unha baixada cara o punto de tránsito.
En ese punto recuperei sensacións, gracias ao aquarius de Pablo, e fixen a parte facil, hasta o punto de control, e cambio ao terceiro sector.
Mui fácil, este último sector, de apenas 1,5 km, que fixemos rapidamente, para acabar desfeito, pero satisfeito por esta primeira carreira de orientación Desafío Marzo Saúde.
Tamén contento pola calsificación final, no posto 15, a pesar do escaso tempo que puiden entrenar.
Enhorabuena a tod@s, sobre todo a Pablo, pola súa compresión, xa que se clasificaría máis arriba, a Marzo Saúde pola exceltene organización e trato, así como a todos os participantes, especialmente os de castroverde, que mantuvemos o pabellón mui alto.
Aquí vos deixo unha foto nun momento da proba
TodoCastroverde: Mañá ábrese o Albergue de Castroverde…
09.17
nte ao Camiño Primitivo. Na zona afloran varias fontes que dan nacemento ao Rego de Tarrío que debuxando unha especie de meandro bordea o solar polo Leste. Precisamente para poder evitar a humidade que pode transmitir un terreo desas características elevouse a edificación uns 80 centímetros do chan. Tras ese inicio, o edificio pretende lixeireza, destacando no uso de madeira e cristal. Na cuberta aparecen importantes voadizos que abrigan e xeran espazos para estar ao aire libre no bo tempo. A implantación repite unha transición gradual: apertura cara o rego natural e rotundidade cara unha servidume de paso que o separa doutras propi
mediante TodoCastroverde: Mañá ábrese o Albergue de Castroverde….
50 aniversario do descubrimento da cova da valiña
01.25
Fai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.
A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes.
|
As oposicions con polémica resolvense?
12.22
Despois do 10 máis famoso de castroverde, ahora sabemos, antes de terminala oposición, de que a persoa que obtivo a praza non foi quen se esperaba nun primeiro momento.
Aínda non é firme… pero ante todo deberíase presupoñer igualdade para todos os participantes, incluidos os concelleiros. Sí, que saque un 10 como pouco é sospeitoso pero de ahí a condenala sin máis ai un mundo.
Non digo que non se investigue, digo que non se condene.
O 10 máis famoso de Castroverde
12.13
A popularidade de castroverde vai aumentar sen duda algunha, pero ¿e se realmente os méritos son propios? ¿E se realmente o conseguiu co seu esforzo?
|
Posiblemente deba/teña que afastarse da oposición… pero nunca sabremos a verdade sobre o tema.
A polémica está servida.
Camiñando cara castroverde
09.20
“Camiñando con Xoán” é unha colección de cortes tomados en distintos lugares da provincia de Lugo, pola fundación TIC.
O pasado día 16, Xoan visitou o Concello de Castroverde. Concretamente Bolaño, Castroverde e Montecubeiro, dos que como non, deixou boas palabras, é un dato practicamente descoñecido. “Montecubeiro é a parroquia máis grande de Galicia”
Aquí o corte:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TEUM98u3mmI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
A feira consolídase
08.19
Serán este ano máis de 70 expositores os que presenten os seus productos na VI Feira de Artesanía de Castroverde.
Desde oleiros e ferreiros pasando por cesteiros e fabricantesdeinstrumentosmusicais, entre outros muitos.
Coma sempre serán as demostracións en vivo deses oficios e talleres, as que se leven parte dos focos de atención. Hai que recordar que ademais, este ano, deseñadores lucenses mostrarán as súas creacións. A feira non acaba ahí, haberá maxia, xogos gratuitos e como non música, todo desde as 10 da mañá ata ven entrada a tarde, no que o pregón correrá a cargo de Darío Lodeiro Torres.
Un servizo menos
06.14
Primeiro foi o PAC (Punto de atención continuada). Agora tócalle a base do 061. ¿Cal será o próximo?
Mañá é o día no que se fai firme a decisión da xunta de galicia de trasladar a base do 061 que opera
desde Castroverde ao PAC do Corgo. Algo que se podía esperar, desde aquel momento, xa que é o habitual neste tipo de situacions.
O pasado ano, concretamente en marzo, xa se especulaba intensamente co traslado, que as eleccionsparece que reafirmaron definitivamente. Daquela houbo un matiz importante, a intervención dos concellos de castroevrde e baleira conxuntamente fixo que o cambio non chegara a producirse, no que desde logo vamos a perder todos, e sobre todo os veciños de baleira.