Archive for the ‘Hai vida despois do futbol’ Category

Milicic os árbitros: ‘Vanma chupar e fodereime as súas fillas’


2007
09.11

Éste é o vídeo no que aparece Milicic, xogador actualmente dos memphis grizzlies, dedicándolles unhas palabras os árbitros, trala derrota de Serbia frente a Grecia na primera fase do Eurobasket despois dunha prórroga. As imáxes no seguinte vídeo:

 [gv data=”0iXVxROuT4g” width=”425″ height=”350″][/gv]

Serbia que xa está na casiña, ‘picando o cebolín’, eliminada do torneo, despois da súa peor actuación nun Europeo dende 1947. Milicic, novo compi de Gasol nos Grizzlies foi multado polo Comité de Competición da FIBA, cunha sanción económica de 10.000 euros, que seguramente pouco lle importarán, xa que cobrará 21 millons en tres anos.

“Esos tres merdas”, “esos tres fillos de puta roubaronnos. Creen que teñen polla. Subirei e metereilla as súas nais”, dixo Milicic, que añadiu tamén: “Vanma chupar cada un, escribídeo. Voulla meter a sua nai e se teñen fillas tamén mas foderei” concluiu.

O peor(non sei se creelo)  é que segundo os periodistas do seu país, non puideron interpretalo o completo. «Os subtítulos que se viron por Internet son moi suaves. O xugador serbio ten unha riqueza léxica pros insultos que é intraducible».

Pois nada, pra rir e non parar¡¡

Por outra banda, ahí queda un pequeno resumo de quén é Milicic.

Milicic, número dous do draft do 2003, ademais de Campeón do Mundo, categoría cadete, en 2001 e tamén campeón da NBA en 2004 cos detroit pistons (conocidos como os bad boys). Facendo honor o nome de ‘bad boy’ deixa esas preciosas declaracións. Por certo, foi elexido con 17 anos, e un posto por diante, por exemplo de Michael Jordan, o mellor xugador de todolos tempos.

Outro día máis co resumo do Eurobasket


2007
09.10

Outra xornada máis, e nesta españa venceu a Rusia por 81-69, que estaba imbatida, ademais de meterse primeira de grupo e estar clasificados para os cuartos de final.

Mal empezou o partido no primeiro cuarto, cando ao finalizar os primeiros 10 minutos a diferenza era de tres puntos abaixo(20-23), pero unha canastra e unha tripla de Juan Carlos Navarro fixeron recobrar o mando no segundo cuarto, coincidindo cunha mala serie de xogo ruso(parcial de 10-0), que estivo catro minutos( aprox.) sen marcar, chegando a escaparse de sete puntos. (23-30)

Rusia ‘espertou’ no terceiro cuarto e volveron a un marcador igualado, aínda que os triplos de España, Navarro, Alex Mumbrú e Garbajosa, ademais dos rebotes ofensivos de ‘*picapiedra’ reyes deron á selección cinco puntos de vantaxe ao descanso (40-35).

No terceiro cuarto , calderón tomou o mando e puxo un 63-51, aínda que se tirase unha pedra bastante considerable; a pesar de todo continuou dominando no cuarto definitivo para adxudicarse o partido por 81-69.

Calderón 17 pnts, Navarro 15 e Gasol 13 foron os máximos anotadores de España, mentres que no equipo ruso descatou (outra vez) Andrei Kirilenko con 21 puntos.

VITORIA DE GRECIA. Antes deste partido, grecia cun triplo no último segundo de Vasileios Spanoulis, gañou a Croacia, cun marcador final de 81-78.(mesma moeda que contra españa, pero ao revés).
Nun encontro mui igualado, Grecia remontou da man de Dimitrios Diamantidis e Lazaros Papadopoulos(Real Madrid), máximos anotadores gregos con 23 e 22 puntos, respectivamente.
Nun final interesantisimo, Grecia gañaba de catro puntos a falta de 14 segundos para que soase a bocina.Tras un tempo morto de Croacia, Zoran Planinic(TAU) cun triplo situou o marcador 77-76 a favor grego con só 12 segundos por xogar.
Diamantidis só converteu un tiro libre e Marko Popovic empatou o partido para Croacia, pero un triplazo de Spanoulis deu a vitoria ao combinado grego.
Mentres, no primeiro partido da xornada, Portugal, unha selección que sorprendeu ao pasar á segunda fase, impúxose a Israel por 94-85. Portugal aínda pode disputar os cuartos de final do Europeo, é unha posibilidade remota, aínda que posible.
Israel só ten por diante un partido máis, contra España, e depende de terceiros. Agora, os lusos gozan dun panorama difícil, moi difícil, pero afrontan o choque da terceira fronte a Grecia con portas abertas para dar o que sería unha auténtica badalada.
Italia e Turquía, enfrontaranse hoxe no primeiro partido da segunda xornada do grupo F, o que perda quedará fóra de cuartos e o que gañe seguirá pelexando.
Lituania e Eslovenia, mediranse a Francia (19.00 horas) e a Alemaña (21.30 horas), respectivamente . Nos partidos máis interesantes do día de hoxe

Comentarios desactivados en Terceira Xornada Eurobasket

Terceira Xornada Eurobasket


2007
09.06

Comezamos o resumo de hoxe(terceira xornada) coa derrota de españa por 1 punto, (85-84), cun triplo do madridista marko Tomas(cedido esta próxima tempada, ao Fuenlabrada), nos últimos segundos. Esa foi a canastra que confirmou a derrota, pero antes pasaron moitas máis cousas. Así desde o salto inicial xa se previa un partido igualado, esperando eses minutos máxicos de españa, que onte nunca chegaron. No primeiro cuarto(28 – 21), o partido estaba totalmente dominado, ata parecía que os croatas renderíanse dun momento a outro. Así comezou o segundo cuarto, no que os croatas endureceron o seu xogo, pero non foron capaces de reducir a diferenza. Chegouse ao descanso cun 50 – 40.Foi no terceiro cuarto cando peor se puxeron as cousas, tres triplos en tres ataques de Tomas, Popovic e Kus(creo) recortaron a vantaxe a 2 puntos (56-58), e cun pésimo xogo, faltas absurdas, mala elección de tiro, e un sen fin de fallos, fixeron que os suplentes encaixasen un parcial de (27 – 15). O cuarto decisivo, comenzou cun 65 – 67 a favor dos croatas, continuaron os fallos españois, a dura defensa á que os someteron, que permitían os arbitros, e a pesar de todo rudy estibo acertado e con dous tiros libre e unha tripla puxo a españa por diante, (77 – 81). Ese foi o mellor momento do cuarto, xa que dun (77-70) a favor dos croatas, pasouse cun parcial de (11 – 0) a un (81 – 77). Alternancia de posesións, que dá como resultado unha lixeira remontada dos croatas. E así se chegou a falta de 6 segundos ao xa famoso resultado de (82-84), cando marco tomas, con sangue frío, meteu o triple decisivo. Aínda quedaban 3 segundos, pero os árbitros non querían ser protagonistas e non pitaron unha máis que posible falta a rudy.Primeira derrota de España no campionato. Destacaron Gasol(26) por españa, tomas(13), incluído o decisivo triplo e popovic(18). O venres desquite da final do mundial, grecia – españa (21.30 h, a secta)

Os demais partidos tamén houbo sorpresas, aínda que non no Polonia 70 – Italia 79. Italia clasificouse para a segunda fase, e non é pouco despois do mal comezo no campionato e tras sufrir ante a eliminada Polonia a quen gañou por nove puntos. Destacaron neste partido Wojcik (12), por parte polaca e Belinelli (20), Bargnani (19) por parte de italia.

Rusia gañou ao actual campión, Grecia, por (61-53) e deixa á selección rusa na primeira posicion do grupo, e a segunda para grecia, que se medirá a españa o venres, (21.30 na secta). Destacaron Holden (17), e como non, Kirilenko (12), por parte dos rusos. Spanoulis (12), na selección grega foi o mellor. A fichaxe estrela do real madrid, papadopoulos, cero puntos. Mal sintoma?

Turquía pasou á segunda fase tras gañar á República Checa nun partido no que gañaba seguía no torneo, un partido a vida ou morte. Así o entenderon as dúas estrelas NBA turkas, Okur(16) e Turkoglu(22), levaron á súa seleccion a unha vistoria fronte aos checos.Turquía levou o partido a base de bo xogo e un bo acerto nos lanzamentos sen deixar que os checos se achegásen no marcador e levasen o partido e a clasificación, a pesar do bo partido do xogador do Juventud de Badalona Barton(22).

Portugal gañou (77-67), pero non dependía de se mesma para clasificarse, a non ser q gañase aos letons por máis de 15 puntos. Non puido ser, a pesar do bo partido e de chegar a ter máis de 10 puntosde vantaxe, a só 5 do milagre. Con todo iso, tiñan que estar atentos ao resultado dos croatas con españa, e o milagre produciuse, xa que españa non puido gañar, o que leva á selección portuguesa á segunda fase. Os xogadores destacados neste partido foron: Joao Santos(Grupo Captol Valladolid)(14) e fernandes(14) por parte lusa, e Janicenoks (21) por parte letona.

Eslovenia xogou un gran partido, sobre todo na segunda parte e gañou a Francia por 1 só punto (67-66), despois de que tony parker fallase o tiro libre que podía forzar a prórroga.Os franceses chegaron ao partido relaxados e levaron unha sorpresa ao longo dos dous primeiros cuartos cando chegaron a perder por 33-48.
Xa na segunda metade puxéronse a traballar remontando ata a igualada no terceiro cuarto. A partir de aquí, intercambio de canastras, que sempre beneficia ao equipo que vai por encima, neste caso eslovenia, na que Francia non puido conseguir igualar ou remontar, a pesar de ter opcións de prórroga. Partido moi interesante, cun final de infarto. Por parte de Eslovenia destacaron: D. Lorbek (15), Jagodnik (12), Smodis (15) que puideron cun solitario tony parker(25).
E por fin, a gran bomba¡. Israel, o último clasificado, logo da fase de repesca, deu a gran sorpresa gañando aos Serbios por 87-83.
Un gran partido de Yaniv Green (26 puntos e 12 rebotes) fai que se metan na seguinte fase á conta de Serbia que perdeu toda credibilidade, e terá que loitar por un posto do 9 ao 16.
No primeiro cuarto, vantaxe de Serbia por 16-23, que aumentou ata un 36-45 ao descanso, que parecía decidir o partido, e como gañador a Serbia. O maior acerto dos serbios, sobre todo do ex azulgrana e ex do Unicaja e seguro que máis ex terá, Milan Gurovic (19 puntos), e a debilidade da selección israelí fixeron que se chegase coa maior vantaxe ao descanso.
O terceiro cuarto comezou co dominio de serbia, pero Israel, co paso dos minutos, acurtou a vantaxe ata porse por diante, por vez primeira, a falta de 45 segundos para o final do terceiro cuarto cunha canastra de Green (61-60).Os Israelitas melloraron o seu xogo durante os últimos dez minutos e non deron opción aos serbios, que deixaron escapar a vitoria coma se tratásese dun equipo novato. Os destacados foron: Green(26) e Halperin(17) por parte israelí, e Gurovic(19) e milicic (1 8.) por dicir algo, por parte balcánica.

Segunda xornada do Eurobasket


2007
09.05

Vibrante partido o de onte(93-77) no que os letons puxéronnos as
cousas un pouco mais complicadas que a débil Portugal. Hai que ver como as
enchufaban de tres!!! e que defensa mais dura. Pero pronto Pau(26) botouse o
equipo ao lombo e tirou para arriba . Fáltalle a este equipo ás veces
un pouco de Bomba(navarro) e iso que onte Rudy(20) fíxoo francamente ben.
Pola súa banda Garbajosa(10) vai collendo minutos e aínda que segue tendo a
clase de sempre fáltalle algo de ritmo. A destacar tamen a boa actuación de Marc Gasol que bregou moi ben
dentro da pintura.
Por parte letona a destacar as actuacións de Valters (12) con moi bo
tiro, e Biedrins (17) un pivot interesantísimo. Como curiosidade, Kaspar Cipruss, ex – xogador do breogán, non puido en ningún momento cos pivots españois, e como xa o coñeciamos por aquí, tampouco tivo nada destacable en ataque.
Comezamos o resumo dos demais partidos de onte con Anthony Parker, que anotou 36 puntos contra Italia, pero é que o partido acabou cun tenteador (69-62) que, por outra banda e moi baixo, e pon aos italianos en moi mala posicion para clasificarse pra segunda fase, enfróntase a Polonia. Este encontro vai ser definitivo o que gañe seguirá e o que perda marcharase á súa casa(ou de vacacións).
A seleccion de Rusia, xa está clasificada para os oitavos de final, que superou a Israel (90-56) con bastante flacilidade despregando un bo xogo e colándose entra as favoritas.
Por outra banda, Grecia, que é o actual campeon, pasouno moi mal para terminar gañado a Serbia (68-67). A correúda Grecia, que non adoita afectarlle a presión, viuse sorprendida por un extratosferico tripla de Gurovic (14 puntos) sobre a bocina que forzou a prórroga. De todos os xeitos os gregos non cometeron dúas veces o mesmo erro, e Papadopoulus na última posesión do tempo da prórroga colocoulle unha ‘chapa’ a Marco Jaric. Unha pena o dos serbios, que aínda non gañaron, e teñen que facelo esta tarde, israel, para clasificarse para oitavos de final. O que gañe clasifícase.
Croacia, rival de españa esta noite, 21.30, a secta¡¡ tivo que xogar forte despois do descanso para poder gañar a Portugal (90- 6 8) que sempre aguanta ata o final do segundo cuarto, pero que despois se desinfla. A segunda xornada tamen deixou estes resultados para os que se lean todo o tocho. Lituania está forte, gañou á República Checa por 20 (95-75). Alemaña engrasou a maquina e deulle un repaso a Turquía (79-49), supostamente unha das favoritas, que xa non o é tanto. Eslovenia quizáis si poida ser a sorpresa verdadeira, despois do fracaso de israel, os eslovenos están en forma, e gañaron a Polonia (70-52).
Os líderes estatísticos son os mesmos que na xornada de onte, dominan, dirk en puntos, kirilenko en rebotes, e jasikevicius en asistencias.

Resumo da primeira xornada eurobasket


2007
09.05

Comezou o eurobasket, e como era previsible primeira vitoria de españa, ante unha frouxa portugal, (só 1 xogador ACB). Bastante fixeron os portugueses aguantando o primeiro cuarto(21-13) creo recordar. A partir do segundo cuarto, 5,30 minutos sen anotar levoulles a cabarse a súa propia tumba. Por parte de españa, debut de garbajosa, con moitos minutos para gañar forma física e partidos de competición logo de máis de 6 meses de lesión. O mellor por parte de españa, gasol con 19 puntos 4 rebotes 3 asistencias e 1 tapón. Por parte dos portugueses Joao Santos (Grupo Capitol Valladolid) con 9 puntos.Como curiosidade, decir que és te era o primeiro partido de portugal logo de 51 anos sen disputar o eurobasket. Oxalá gañemos con esa vantaxe a alemáns ou franceses ou italianos…, teremos que esperar.

Destacar tamén á marxe do partido de españa, a gran actuación de Dirk Nowitzki con 35 puntos 11 rebotes 2 tapóns e 1 recuperacion, a pesar de ter que gañar ná prórroga á república checa de Jiri Welsch(Unicaja *Malaga), que con 22 puntos estaba destacando. O súa eliminacion por 5 persoais fíxolles perder bastantes opcións de gañar o partido.

Outro partido moi interesante foi o de grecia con israel, clasificada no último momento, na que os actuais campións de europa non se atoparon cómodos. Ao final vitoria dos gregos por 10 puntos.

Outra das favoritas ao título, italia, xa sufriu a súa primeira derrota. Do mesmo xeito que os turcos, tamén outra das seleccións que chegaba como favorita ao torneo.

O próximo rival, ésta noite, 21.30 (A Sexta) é Letonia, que onte, liderada por un gran e semidesconocido Armands Skele (Letonia) Barons Riga. O partido comezou con moitas imprecisións, con bastantes nervios e os dous equipos alternaron vantaxes pouco siginificativas. Despois do descanso a diferenza na efectividade desde a liña de 6,25, 25% para croacia, e un 65% para letonia decantou definitivamente o partido para os letones que suman a súa primeira vitoria no campionato.
Por croacia o mellor xogador mario kasun (Barça) con 18 puntos.

Os líderes estadíticos son:

Líder Anotacion: Dirk Nowitzki (Alemaña) Dallas Maveriks 35.0 puntos x partido

Lider Rebotes: Andrei Kirilenko (Rusia) Utah Jazz 12.0 rebotes x partido

Líder Asistencias: Sarunas Jasikevicius (Lituania) Golden State Warriors 7.0 Asistencias x partido

Esta noite máis e mellor. Chega letonia.

Esta foi a miña crónica, se non vos gustou podedes ler esta: *http://www.sport.es/*default.*asp?*idpublicacio_*PK=44