Gmail está caído.

2009
09.01

Fai xa dúa horas desde que o correo de Google, Gmail, non funciona. o sistema(servidor) está caído e é imposible acceder ás contas de correo. o mensaxe que aparece os usuarios que intentamos acceder é: “Server Error The server encountered a temporary error and could not complete your request. Please try again in 30 seconds”. (Error do sistema. O servidor encontrou un erro temporal e non pode completar a súa petición. Inténtao de novo en trinta segundos).
Neste ano está non é a primeira caída do correo do xigante google, e concretamente do seu sistema de correo ‘Gmail’ (que por certo deixou de estar en Beta fai poucos meses).

Utilidades extra do Ubuntu

2009
09.01

Despois de algún tempo de respiro, que nunca ven mal para voltar coas pilas cargadas e con ganas de volver a publicar na fiestra. Querolle adicar especialmente este post a Hadex, para que poida experimentar co seu ubuntu, aínda que lle falten pezas. Tamén a Lu(xa estás enlazada) por recordarmo na festa de Tórdea. Por último a Efra(para cando un enlace en Kallaikía?), que leva o nome de Castroverde por todo mundo coa súa música, e tamén nun interesante artigo da revista R do mes de Xuño e que acabo de leer. Moi interesante e moi recomendable. Un saludo a todos eles e a todos os que siguen a fiestra habitualmente.

Gracias a MFZ que me pasou este curioso vídeo de utlidade para facer con código en bash. Unha mecedora para un nen@. Realmente interesante e curioso o dichoso vídeo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/bYcF_xX2DE8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Ata pronto!

2009
08.04

So faltan 11 días

2009
07.30

A xunta de goberno do Concello de Castroverde adxudicou á empresa Carballeira da Pontenova, a construción das piscinas descubertas, con vestiarios e servizos na área recreativa de Veiga del Olmo. A contratación foi realizada por un prezo de 613.172 euros máis 98.107 de IVE. Esta é a mesma contía que figuraba no prezo de licitación do concurso.

As obras comezarán(por fin) este próximo dez de agosto, e como ben  dice Ángel Vaqueiro na súa crónica do Progreso, será coma un parto en dous séculos, que rematará en abril do ano próximo(2010). Tan so queda disfrutalas e conservalas!

O RECORTE ♦ Parto

El Progreso, 15-07-2009, p. 13Non é de estrañar que se vaia tardar en construír a piscina descuberta de Castroverde o mesmo que un embarazo. Porque cando remate, aquilo vai ser case como un parto, moi pero que moi longo, porque o primeiro proxecto e as obras iniciais, abortados, son de comezos dos noventa. Os de Castroverde poderán, iso si, gabarse de ter unha das obras máis lentas da historia, que se fixo nada menos que en dous séculos. Debe de ser por aquilo de que os olmos son árbores moi duradeiras. Agora a ver se este embarazo chega a bo fin e o pequeno nace san.

Salamanca 48. Descubre salamanca en 48 horas.

2009
07.29

Se aínda non sabes con certeza a onde ir de vacacions… aquí tes unha posibilidade.

Fai ben pouco descubrín VIAJAR: 48, un programa do canal Viajar no que Alfonso González, o seu presentador, nos descubre unha cidade en 48 horas co máis típico, tal e como unha viaxe de fin de semana. Lugares insólitos, locales interesantes, diferentes…

Alfonso González ten 48 horas para descubrir os emblemas da cidade, neste caso de salamanca.

Descubrindo as catedrais:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JqxhvN9zuLs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Neste segundo vídeo podemos saber máis sobre a praza maior e a Universidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ssePlaxwnDk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Nesta terceira entrega non podían faltar ás tapas e algúns dos lugares con máis tradición da cidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pkOfSOIfBys" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O Museo de Art Noveau e Art Decó, con sede na Casa Lis de Salamanca, onde se exhiben máis de 1600 pezas agrupadas en distintas coleccions. Ademais tamén se da un paseo polo huerto de Calixto e Melibea, nesta última entrega.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/E0c4KlxF7Oo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Castroverde en Fotos

2009
07.28

Recollo este interesante montaxe de fotos no vídeo “Castroverde en fotos”,  desde o blogue de Jose Pereira Miranda, “Cosas de Pepe”; outro blogue que comezou falando de Castroverde, do seu medio natural, demografía, etc, aínda que moi parecidos os que se poden atopar na web esgalicia.com.

Ademais agrego tamén estoutra composición de fotos, subida o YouTube por Pilladooo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/5LkXg3hUJdY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Boas, Rabo de Raposo!

2009
07.27

Feira do CabaloBoas, Rabo de Raposo.” Así titula Jaureguizar a súa experiencia o paso pola feira do cabalo, onte en Castroverde. Con fotos de Sebas Senade, ademais recolle impresions de varios dos propietarios que se desplazaron ata a feira, no que foi un éxito de asistencia e visitantes.

José Guergué,  propietario de varios animais defende que «ten que gustarche moito isto, porque todos son gastos. Para competir en Castroverde, temos que pagar gasolina e as comidas de catro persoas».

Maiores aínda son os gastos de Mário Costa, quen viaxou dende Portugal con cinco cabalos, «cando logo os premios son de 120 euros como moito, se os consegues gañar».

O seu compatriota Armindo pensa o mesmo e engade que «eu ando nisto porque sempre houbo cabalos na casa e me gusta, pero os premios dan para tomar algo cos amigos e pouco máis».

ParticipanteAmbos os dous desprázanse dende Portugal, malia que prefiren as probas do seu país, «porque son máis bravas», apunta Mário. Este xinete explica que «as carreiras lusas non se fan a unha volta, senón a catro, polo que o animal xustifícase. Nas carreiras galegas, cando o cabalo está entrando en calor, ten que parar».

A Rabo de Raposo resúltalle indiferente facer un percorrido a unha volta ou a catro, porque a el abóndalle con cabalgar, algo que fai dende hai corenta anos, cando tiña dez. Pasa a trote por diante de José Guergué, saúdando dende o remolque, coas dúas colas de raposo erguidas polo vento.

Gracias a Pilladooo, subo tamén un vídeo:

http://www.youtube.com/v/b4-va7bxwFY

Castroverde presenta ‘Km0 a Compostela’

2009
07.22

Foto presentaciónO presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde de Castroverde, José María Arias, a presidenta da Sociedad Española de Cardiología, María Jesús Salvador Taboada, o presidente da Fundación Española del Corazón, Leandro Plaza Celemín, entre outros, presentaron hoxe a nova oferta do programa “Km0. Deputación de Lugo”, denominado “Km0 a Compostela”. O programa de visitas guiadas ofrece 25 rutas cardiosaudables, totalmente gratuitas.

Fonte da BicaPero non so presentaron este acto, senón que tamén se pasaron por Vilabade, donde Gómez Besteiro foi beber «dá mellor auga do mundo», a dá fonte dá Bica.

Alí tamén recordou como en agosto a praza se convertía nun estadio de fútbol, ademais de visitar o pazo e a iglesia da parroquia.

Tamén en Soutomerille visitaron o Castiñeiro da Corredoira, ademáis da iglesia visigótica de Soutomerille.

Xa en castroverde visitaron a Torre do Homenaxe; pero mellor velos vídeos (sacados de blogs la voz de galicia do verano móvil)

1- Castiñeiro da Corredoira

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/WjHXkl088Zk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

2- Guía explicando o conxunto da Torre da Homenaxe.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/uuVlYL_G3Uo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vilalle 22 anos despois…

2009
07.15

Tras 22 anos sen que soase a música durante as festas patronais da parroquia de Vilalle, no municipio de Castroverde, este ano volverá haber festexos grazas á decisión de tres mozos do municipio, algún dos cales ten varios menos que os transcorridos desde a última romaría.

rameiro vilalle

Serán uns festexos modestos porque, precisamente, a pouca poboación foi a causa de que non se celebrasen desde fai máis de dúas décadas. Serán este sábado, día 18, e comezarán co disparo de lumes, misa solemne e sesión vermú con orquéstra Verán Azul, que tamén será a encargada de amenizar a verbena.

Segundo sinala Rubén López Eiras, reuniron 4.200 euros e necesitan 4.300. Pero venden rifas para sortear un televisor e o día da festa durante a verbena tamén haberá outro sorteo dun cabrito, polo que esperan que lles sobre diñeiro co fin de volver celebrar as patronais o próximo ano. Son no lugar ao redor de 20 casas habitadas, que achegaron 200 euros cada unha, ademais de 50 do Concello e donativos de varios bares de Castroverde.

Xunto con Rubén, organízanas Pablo e José Antonio , que se comprometeron a facelo no transcurso dunha conversación informal nunha comida comunitaria.

Boa nova para a xente de Vialle, que volve a poder disfrutar da súa festa, na honra a San Pedro, 22 anos despois.

Todo un record de anos, e todo un reto para os rameiros para conseguir de novo recuperar este evento.

Señalización das vías locales

2009
07.14

Segundo ven de denunciar o PP de Castroverde na Voz de Galiciaactualmente non hai os suficientes sinais nin son homoxéneas polo que, debido á dispersión, a quen non coñeza a zona resúltalle moi difícil chegar a determinados núcleos de poboación.

De feito sería unha boa medida que o Concello colocase sinalización turística(ante todo) e toponímica na maioría de vías que percorren o concello.

masoucos - trascastro

Primeiras fotos de indicador de Masoucos (e Trascastro, ata que dure…). Máis tarde tamén serviu para sinalizar Vilacote.

Pero visto o visto, parece pouco probable que esta medida se leve a cabo. Desconozco se queda algunha parroquia por sinalizar, pero ata finais de  2007 non puidemos ver un letreiro ou identificador da parroquia de Masoucos.