A xunta de goberno do Concello de Castroverde adxudicou á empresa Carballeira da Pontenova, a construción das piscinas descubertas, con vestiarios e servizos na área recreativa de Veiga del Olmo. A contratación foi realizada por un prezo de 613.172 euros máis 98.107 de IVE. Esta é a mesma contía que figuraba no prezo de licitación do concurso.
As obras comezarán(por fin) este próximo dez de agosto, e como ben dice Ángel Vaqueiro na súa crónica do Progreso, será coma un parto en dous séculos, que rematará en abril do ano próximo(2010). Tan so queda disfrutalas e conservalas!
O RECORTE ♦ Parto | ||
|