[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]
San xoán de Barredo, máis coñecido coma Francelos, ven de acadar a fama, aínda que mellor dito, o seu Club de Caza, supoñemos que efímera, por este cartaz, onde se pode ver a un home apuntando coa súa escopeta a unha muller en roupa interior.
Decidiron así promocionar o seu xa habitual e tradicional concurso de tiro ao prato. Unha decisión que a todas luces se ve como desafortunada. Así a Secretaría Xeral de Igualdade obrígoulle ao colectivo de cazadores de Castroverde(organizador da proba) a retirar o cartel.
En todo momento os representantes do club de cazadores colaboraron e tamén “admitiron o seu erro”, segundo Branca Rodríguez Pazos, delegada lucense de Vicepresidencia, en declaracions a El Progreso. Así o asunto non pasará a maiores, xa que o habitual sería “unha denuncia no xulgado”, sinalou a delegada de Vicepresidencia.
Para este mes de xuño, o deseño xa cambia ben, e se fixo un cartel onde se amosa unha perdiz; pero o dano xa está feito, e as críticas non han parar de chegar, sobre todo para atacar ao colectivo dos cazadores, e a estes en particular.
E a ti, que che parece?
[/lang_gl]


[lang_gl]
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one:
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one:
se che conven claro, e senón almacenalo en silos.
Premio Galicia de Comunicación, na especialidade de radio, pola serie de programas “Encontro coa poesía galega”. Tres programas especiais nos que se deron cita os nomes máis relevantes da poesía galega contemporánea: María do Cebreiro, Suso Pensado, Yolanda Castaño, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza. Xavier Seoane, Chus Pato, Ana Romaní, Pepe Cáccamo, Arcadio López Casanova, Manuel Torneiro. Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Rivas, Salvador García Bodaño, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana e Ramiro Fonte…. escritores de distintas xeracións e correntes estéticas que deron testemuño cos seus versos do momento dourado que vive a poesía galega.
O encontro, celebrado en Lugo, estivo dirixido por Ignacio Elguero, coordinado pola xornalista galega Beatriz Domínguez Cao e contou coa colaboración especial de RNE en Galicia.
Xerais) e Carlos Lema (Editorial Galaxia). 
Eros a Gaia Perturbando o Universo.Foi premiado coa 
