Posts Tagged ‘adiviña’

Hoxe toca adiviña


2008
09.25

Adicado o Enxeñeiro Agrícola que envio esta adiña o meu correo. Felicidades, ou como che gusta a ti… parabens¡¡¡¡ Xa estás capacitado para subir o precio dos creditos de novo, e chupar subvencions a mansalva¡¡ A celebralo¡¡¡¡

Vamos coa adiviña… e antes de nada lee esta advertencia moi importante;
Advertencia: Ten en conta que non hai trampas, non hai cousas escondidas,
todo está á vista.

Algo máis: se non coñeces o exemplo, permíteme unha suxestión. Trata de pensalo só porque vale a pena. En particular, porque demostra que o que cres sobre ti mesmo ao mellor non é tan certo. Ou, en todo caso, é incompleto.

Antonio, pai de Roberto, un neno de 8 anos, sae conducindo desde a súa casa en Santiago diríxese rumbo a Viña del Mar.

Roberto, vai con el.

No camiño prodúcese un terríbel accidente. Un camión, que viña de fronte, sáse da autopista e embiste ao auto de Antonio

O impacto mata instantáneamente a Antonio, pero Roberto segue con vida.

Unha ambulancia de Viña del Mar chega case de inmediato, advertida polas testemuñas, e o neno é trasladado ao hospital.

Nada máis chegar, os médicos de garda comezan a tratar ao neno con moita dedicación pero, despois de intercambiar opinións e estabilizalo, deciden que non poden resolver o problema de Roberto. Necesitan consultar. Ademáis, advirten o risco de trasladar ao neno e, por iso, deciden deixalo internado alí, en Viña del Mar. Despois das consultas pertinentes, comunícanse co Hospital de Nenos de Santiago e finalmente conversan cunha eminencia no tema, a quen poñen en coñecemento do ocurrido. Como todos concordan en que o mellor é deixar a Roberto en Viña del Mar, a eminencia decide viaxar directamente desde Santiago cara alá.

Os médicos do lugar preséntanlle o caso e esperan ansiosos a súa opinión .
Finalmente, un deles é o primeiro en falar: ‘Está vostede en condicións de tratar ao neno?’, pregunta cun fío de voz.

E obtén a seguinte resposta: – ‘Como non o vou tratar se é o meu fillo!’.

Ben, ata aquí, a historia. Está en ti o tratar de pensar unha maneira de que teña sentido. Como non compartimos a habitación, ou onde sexa que esteas, insisto en que non hai trampas, non hai nada oculto. E antes de que leas a solución, quero agregar algúns datos:

Antonio non é o padrastro.

Antonio non é cura.

Agora sí, déixote na compaña da túa imaxinación. Iso sí, suxíroche que leas outra vez a descrición do problema e, creme, é moi, moi sinxelo.