Posts Tagged ‘Aduaneiros sen fronteiras’

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño


2007
10.18

Pecharon Aduaneiros sem Fronteiras.

banner esquina dereita

Ése é o titular que leo via andrés milleiro, a raxón é unha ‘ameaza de orde xudicial’. Si, si, así como sona. E esa ameza ven interposta por yolanda castaño, a ‘poetisa’. Aínda así, podese ver á paxina no caché de google, e tamén por internet, podense ver outros ‘fazañas’ que fai a ‘poetisa’.

Vía Andrés milleiro; Aduaneiros era un blogue onde se satirizaban con humor gráfico grandes aspectos do galego ou da Galicia, non en forma de viñeta cómica senón en forma de logos ou deseños, como o mítico “Ga lego”.

Segundo o texto de peche:

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

Papel en Blanco, tamén se fai eco ca seguinte tira gráfica:

Boneca Iolanda

En fin, parece rara a medida tomada por Iolanda Castaño e seus avogados. ¿Sentará precedente? Agardamos que non sea así, alomenos podemos seguir disfrutando do humor de Berto no seu blogue persoal.

O blogomillo de luto por un blogue emblemático da rede en galego. Está claro que todo o apoio aos Aduaneiros(e que volvan pronto).