[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]
[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]Ando a buscar, realmente non sei mui ben o qué, so sei que busco unha obra de Manuel “Castro Gil”, grabador, pode ser que chame “Corredoira”, ou tamén “Ermita Galega”, creo que “Iglesia de Masoucos”, pero certamente non o sei, pero, a pregunta é? Onde podo seguir buscando? A miña última pista lévame ata o Museo Provincial de Lugo, aínda que quizais me gustaría ver antes dous libros como son: Manuel Castro Gil : apuntes para una biografía del aguafortista lucense e tamén Apuntes para una Biografía del aguafuertista Lucense/Lopez Acuña, Antonio. Non vai poder ser, non os atopei.
Rebusquei na rede, e pouco máis puiden atopar máis ca algunhas imaxes das súas obras, dúas subastas, unha en Fernando Durán e outra en TodoColeccion, pero tampouco, cheguei demasiado tarde. Pero ahí non rematou a miña busca, tamén seguin tirando polo Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” de Vigo, que tamén dispón na súa colección dalgunha das súas obras; a busca foi en balde.
Tamén na páxina web da residencia csic, e na colección caixanova, da que saquei algunhas das imaxes. Creo que este viernes toca ir o Museo deLugo, para poder avanzar neste enigma, que quizais estea xa resolto, pero que eu non vexo.
Un pequeno resumo de quen foi Manuel Castro Gil (Lugo el 20 de xaneiro de 1891, e falece en Madrid no ano 1961), o gravador galego por excelencia, a máis alta cota de fama. Despois de pasar como alumno polas mans de Manuel Fole, unha bolsa de estudios da Deputación provincial, permítelle marchar a Madrid en 1917 para esguir formándose na Escola de San Fernando, na que pode observar a Ferrant Vera, Muñoz degrain, etc.
Despois dese inicial contacto, busca axina algún traballo seguro, como é a Fábrica de Moeda, de maneira que moitos dos billetes que de alí saíron levan o seu selo persoal.
Tres anos depois de chegar a Madrid, en 1920, consegue o segundo premio no concurso de gravado do Círculo de Belas Artes coa súa obra “IGLESIA DE MASOUCOS”, e en 1922, a segunda medalla de gravados na Exposición Nacional de Belas Artes, ca súa temática máis representativa, ruínas, paisaxes, mosteiros. En 1924 de novo leva a segunda medalla na Nacional de Belas Artes pola obra “Cidade Castelá” e pouco despois (1925), o primeiro premio no concurso nacional de gravado por “Tierras de Santa Teresa”.
Consolidado xa, con estes premios a Xunta para Ampliación de Estudios, antecedente o Consello Superior de Investigacions Científicas, concédelle unha bolsa de estudios para viaxar a París.Despois da xira por París e Bélxica, onde mostra o seu excelente talento, regresa a Madrid, pero volve pouco despois a Londres. E continúa por Nova York, México, A Habana, Bos Aires. Dende 1934 é profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. En galicia é nomeado correspondente das Reais Academias de Belas Artes do Rosario e da galega.
Castro Gil, fai entón un repertorio de lugares galegos, onde destaca o “Portico da Gloria” compostelán.
Morre en Madrid no ano 1961, con 70 anos. Cede tódalas ferramentas do seu taller privado e numerosas pranchas a cidade de lugo, que se poden ver no Museo Provincial.
Ademais, a primeira imaxe que podes ver nesta anotación, e da obra de www.wenceslaofernandezflorez.org, a primeira imaxe do bosque animado, que despois pasaría o cine. Podes ver máis obras de Manuel Castro Gil en: http://212.51.58.68/sid/2/067/alfa.mosaico.p01.htm
E estaredes a preguntarvos cal é a relación que nos une, pois é que hai un gravado chamado Iglesia de Masoucos, feito por él… que atopei por google books…, casualidades, buscando Masoucos… coma sempre![/lang_gl]