Posts Tagged ‘area recreativa’

So faltan 11 días


2009
07.30

A xunta de goberno do Concello de Castroverde adxudicou á empresa Carballeira da Pontenova, a construción das piscinas descubertas, con vestiarios e servizos na área recreativa de Veiga del Olmo. A contratación foi realizada por un prezo de 613.172 euros máis 98.107 de IVE. Esta é a mesma contía que figuraba no prezo de licitación do concurso.

As obras comezarán(por fin) este próximo dez de agosto, e como ben  dice Ángel Vaqueiro na súa crónica do Progreso, será coma un parto en dous séculos, que rematará en abril do ano próximo(2010). Tan so queda disfrutalas e conservalas!

O RECORTE ♦ Parto

El Progreso, 15-07-2009, p. 13Non é de estrañar que se vaia tardar en construír a piscina descuberta de Castroverde o mesmo que un embarazo. Porque cando remate, aquilo vai ser case como un parto, moi pero que moi longo, porque o primeiro proxecto e as obras iniciais, abortados, son de comezos dos noventa. Os de Castroverde poderán, iso si, gabarse de ter unha das obras máis lentas da historia, que se fixo nada menos que en dous séculos. Debe de ser por aquilo de que os olmos son árbores moi duradeiras. Agora a ver se este embarazo chega a bo fin e o pequeno nace san.