Posts Tagged ‘Atraco’

Atraco ás once.


2009
11.04

Atraco a las tres y mediaNon foi nin atraco as tres do falecido Jose Luis López Vázquez nin atraco as 3 e media, o remake da primeira parte. Pero o ladrón do que falamos hoxe debeu pensar que estaba rodando unha película titulada Atraco as once. Segundo publica hoxe o progreso funcionarios do Concello de Castroverde frustaron un atraco no mesmo concello. Foi descuberto e buliu rapidamente sendo detido na Fonsagrada.

Un argumento moi bo para unha nova entrega de Atraco a las…

Funcionarios municipais de Castroverde frustraron este martes un roubo na casa consistorial. Os feitos producíronse uns minutos logo das once da mañá. Segundo o testemuño dalgúns dos presentes, cando unha das traballadoras do Concello regresaba ao seu despacho tras facer unhas xestións, atopouse no interior a un descoñecido. Esta funcionaria descubriu que o home, de mediana idade, tiña no seu poder a carteira que ela deixara no seu bolso, polo que pediu axuda aos seus compañeiros.

Esto no es un atracoAs mesmas fontes indicaron que, tras ser descuberto, o home deixou a carteira e intentou abandonar as dependencias municipais. Aínda que os funcionarios intentaron reterlle ata a chegada dos axentes da Garda Civil, que foron alertados de inmediato, non puideron evitar que o home saíse do edificio.

No entanto, segundo os mesmos informadores, o sospeitoso foi interceptado máis tarde polo instituto armado no termo municipal da Fonsagrada, onde os axentes procederon a tomarlle declaración, aínda que finalmente o incidente saldouse cunha infración administrativa.

As testemuñas deste roubo frustrado felicitáronse de que o home non usase a forza nin leva ningún obxecto intimidatorio, polo que destacaron que, por fortuna, todo quedou nun “susto”.

A esa hora da mañá atopábanse no interior da casa consistoriar un total de seis funcionarios, tres deles na planta baixa —onde se produciu o suceso— e outros tres no piso superior. O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, chegou pouco despois ata o edificio público e foi informado o suceso polos traballadores locais.

Sin duda a realidade sempre supera a ficción. Aquí temos outro exemplo.