Posts Tagged ‘broma’

Atraco ás once.


2009
11.04

Atraco a las tres y mediaNon foi nin atraco as tres do falecido Jose Luis López Vázquez nin atraco as 3 e media, o remake da primeira parte. Pero o ladrón do que falamos hoxe debeu pensar que estaba rodando unha película titulada Atraco as once. Segundo publica hoxe o progreso funcionarios do Concello de Castroverde frustaron un atraco no mesmo concello. Foi descuberto e buliu rapidamente sendo detido na Fonsagrada.

Un argumento moi bo para unha nova entrega de Atraco a las…

Funcionarios municipais de Castroverde frustraron este martes un roubo na casa consistorial. Os feitos producíronse uns minutos logo das once da mañá. Segundo o testemuño dalgúns dos presentes, cando unha das traballadoras do Concello regresaba ao seu despacho tras facer unhas xestións, atopouse no interior a un descoñecido. Esta funcionaria descubriu que o home, de mediana idade, tiña no seu poder a carteira que ela deixara no seu bolso, polo que pediu axuda aos seus compañeiros.

Esto no es un atracoAs mesmas fontes indicaron que, tras ser descuberto, o home deixou a carteira e intentou abandonar as dependencias municipais. Aínda que os funcionarios intentaron reterlle ata a chegada dos axentes da Garda Civil, que foron alertados de inmediato, non puideron evitar que o home saíse do edificio.

No entanto, segundo os mesmos informadores, o sospeitoso foi interceptado máis tarde polo instituto armado no termo municipal da Fonsagrada, onde os axentes procederon a tomarlle declaración, aínda que finalmente o incidente saldouse cunha infración administrativa.

As testemuñas deste roubo frustrado felicitáronse de que o home non usase a forza nin leva ningún obxecto intimidatorio, polo que destacaron que, por fortuna, todo quedou nun “susto”.

A esa hora da mañá atopábanse no interior da casa consistoriar un total de seis funcionarios, tres deles na planta baixa —onde se produciu o suceso— e outros tres no piso superior. O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, chegou pouco despois ata o edificio público e foi informado o suceso polos traballadores locais.

Sin duda a realidade sempre supera a ficción. Aquí temos outro exemplo.

Máis sobre o correo basura


2009
04.21

Creo que é especialmente interesante diferenciar os correos bulo-broma, hoax en inglés. Este bulo ou broma basase no intento de facer crer a un grupo de persoas que algo falso é real, e de moi diverso orixe. Os máis típicos son do tipo: Alertar sobre un supuesto fin de Messenger, Hotmail o algún otro servicio (si no se reenvía dicho correo a xxx cantidade de personas… “Bulo” existente desde que existe Internet). Alertas sobre virus informaticos, Mensajes de temática religiosa (demoniacos o apocalípticos), Cadenas de solidaridad, Cadenas de la suerte, Métodos para hacerse millonario, hacen pedir deseos a quienes los reciben y al final del mensaje avisan que si no es reenviado no se cumplirán.

Aínda así normalmente creemonos estes correos por algunha extraña razón. Un deles, chegoume fai un par de días, comeza así:

TRUCO INFORMATICO: ESTE ES UN BUEN CONSEJO A TENER EN CUENTA PARA PROTEGERNOS DE LOS VIRUS INFORMATICOS, CÓMO PROTEGER TU LIBRETA DE DIRECCIONES.

He aquí lo que hay que hacer:

· Abre tu agenda de contactos y haz click en “Nuevo contacto”, como si estuvieras agregando un nuevo contacto. En la ventana donde escribirías el nombre de tu amigo, escribe AAAA. Lo mismo en el espacio titulado apodo/nombre para mostrar.

· Crea una dirección de e-mail falsa como aaaaaa@aaaaaaaa.com

Existe tamçen a versión con ceros en lugar de aes. O caso e que este truco non tes nin pes nin cabeza, xa que a validación das direccions de correo realizanse como é normal nos servidores que usan os nosos proveedores de Internet, e non o suposotos troyanos que temos no noso ordenador. Tampouco en todolos casos, e aínda que teñas ese suposto troyano que envíe por ti un correo a túa lista contactos, pode que non recibas o correo de que a direccion que creache no primeiro paso non existe. Non todolos troyanos comezan polo primeiro correo que aparece na lista (feita a ley, feita a trampa).

Como norma xeral debemos desconfiar de calquera mensaxe onde pidan reenviar dito correo os teus amigos ou a túa lista de contactos. Esa será o principal sinal de que se trata dunha broma, bulo ou HOAX.