Archive for Agosto, 2016

Aptis, unha forma de certificar o teu inglés


2016
08.07

Fai xa uns días que certifiquei o meu inglés. Foi mediante o examen Aptis, do British Council. É algo diferente o típico examen da Escola de Idiomas, EOI, no que so te podes examinar nun determinado nivel. Aquí é diferente, examinaste e en base a nota final sacas un nivel global.

O que se evalúa neste examen Aptis é:

  • Expresión oral, a capacidad de falar e ser comprendido.
  • Expresión escrita, que fai referencia a capacidade de escribir.
  • Comprensión oral, ou escuita activa, que conleva entender o que se está escoitando.
  • Comprensión escrita ó compresión lectora, é decir, a capacidad de ler adecuadamente.
  • Gramática e vocablario

Os resultados obtidos en cada competencia indícanse tamén conforme ao Marco Común Europeo de Referencia para as Lenguas. Recibes puntuacións numéricas (0-50) tanto para 0 apartado de gramática e vocabulario como para cada unha das competencias lingüísticas que realices, as que engadirás o nivel correspondente no Marco Común Europeo (A1 – C) para cada unha destas competencias lingüísticas e unha calificación global de acordo co Marco Común Europeo.

Bueno, despois desta breve introducción vou describir como foi o meu examen no British Council no paseo do General Martinez Campos 31 en Madrid.

Garita seguridade

Garita seguridade

Tras chegar a localización, pasas por a porta da esquerda, e está a garita de seguridade. Suelen estar fora controlando que os accesos. Tras esto, tes que chegar o arco da foto que acompaña a este párrafo e entrar pola porta da dereita.

Esa xa é a zona de espera para o  examen, con dous sofás, e unha pantalla que cho indica, aínda que é difícil de ver tal cousa. Todo esto podes velo a través de google maps, xa que ten acceso a todo o edificio para darte conta de todo.

Tras unha breve espera, e con puntualidade inglesa acércase un rapaz novo, para decirnos que é o encargado de coordinar o examen, explicándo que a primeira proba será o oral, e que subiremos en dous grupos de 9 persoas.

E así foi. Fun o penúltimo do primeiro grupo. Subimos e a primeira probar foi o examen oral.

EXAMEN ORAL:

Aula Examen British Council MadridDunha duracción de 10-12 minutos, a proba faise de forma conxunta en grupos de 9-10 persoas. O primeiro e entregar o teléfono móvil, ao que lle poñen un pegatina cos teus datos. Tras eso, o coordinador séntate no asento previamente asignado, donde existe unha folla cos códigos dos exames aptis e un código persoal para introducir en todas as leccións. É o único que cambia con respecto os examen de exemplo que existen na rede.

Tras iso, comeza o examen onde todo o mundo responde a vez. Ao ter cascos e auriculares fai que non molestes ao do lado.

As preguntas foron do máis disparatado. A primeira describir a estancia, a segunda que levas posto hoxe, e a terceira sobre o teu tempo libre e a familia. Máis ou menos o esperado, pero non deixa de sorprender as dúas primeiras preguntas.

Tras iso, o test continúa, é un pouco estresante xa que non para en ningún momento, e tes que responder sí ou sí. A opción de quedarse calado non é viable. O dito, a continuación describir unha foto, que non recordo exactamente cal era e a comparación entre outras dúas. Neste caso entre un centro comercial e un negocio tradicional, outro clásico desde tipo de examenes. Finalizado esta parte, volvemos a sala de agarda, e subiron os do segundo grupo a facela mesma proba. O móvil en todo momento en posesión do coordinador na aula. Cando rematou o segundo grupo, subimos de novo a aula e incroporámonos con eles. A seguinte proba, a probar de comprensión auditiva.

EXAMEN COMPRESIÓN AUDITIVA:

Este orde está así establecido, e é a partir do seguinte coñecemento donde xa se pode escoller a orde, pero de momento o oral e compresión auditiva están marcados.

A proba de audición é complexa, quizáis a máis complexa. Porque aparecen sons en diversas circusntancias, e a pesar dos auriculares etc, existen ocasións onde non escuitas perfectamente. Ademáis, en diversas preguntas, fálase da respostas con sinónimos, ou se debe dedcir, polo que complica a resolución. Todas as audicións se poden reproducir dúas veces, e xunto co oral, son os únicos puntos onde non se pode retroceder nin revisar as respostas.

Tras esta proba, de uns 30 minutos, o que tardas en reproducir os audios dúas veces, podes elexir a seguinte proba da que queres examinarte. Eu decidinme por escribir.

EXAMEN ESCRITURA:

O examen de escribir é sempre o mesmo, salvando a temática. No meu caso foi sobre un viaxe frustado organizado por un supuesto club ou asociación de viaxes a que estás asociado. Neste caso creo que son 45 minutos, as respostas están limitadas a un número de palabras que se indican e que se cubren perfectamente sen complicacións, tendo as cousas claras. Tamén existe unha parte de cumplimentación en base a combos. Nada fora do planificado e que podes ver nos exemplos, pero o tempo é o xusto e non te debes dormir.

EXAMEN LECTURA:

O que mellor me saíu, e sen embargo o que menos preparei directamente. Confiaba nos textos que xa tiña lidos, e demáis. O certo e que o tema era referente a mascotas, as primeiras mascotas da historia, etc. Ler un texto e titular os distintos parágrafos é a parte principal do examen. Tamén existe a ordenación dunhas frases nun texto. Hay que fixarse ben nos matices, pero resulta divertido, incluso. Neste caso o tempo e algo máis olgado que para outras partes.

GRAMÁTICA E VOCABULARIO:

50 preguntas, en 25 minutos, é abondo. Non da tempo a repasar, polo que se non tes os conceptos claro, moitas delas erraralas. Como por exemplo o uso de told, sayd ou speak, por decir unha. Tamén os modales…

 

PREPARACIÓN

No meu caso foi de 9 días, a todo trapo, vendo vídeos, calquera imaxe en diversos formatos, tanto para practicar a fala, como para escoitar. Toda palabra que non concía remataba no meu diccionario particular que repasaba todos os días.

Para a preparación do oral tirei de este vídeo, donde che dice como comparar e describir imaxes, ademáis de varios exemplos. É un moi Tip para comenzar, e este foi un dos meus primeiros.

O seguinte Tip que fixen, ademáis do de vocabulario, e describir e comparar, foi o de escribir. Como escribir un mail formal, e outro informal. Que se debe usar, etc. Aquí tirei man de diversos recursos que se poden encontrar para sacar o B1 ou PET de Cambrige, para o que existe muitos máis contidos que para o Aptis do British Council.

Por último, fixen un tip de repaso, cos conectores de todo tipo a usar, e donde usalos, así como un repaso os verbos e formas verbales que se deben usar, e como usalas para aplicalas de cara o exame. Sen dúbida moi útiles estes minis repasos. Que por certo, sempre por escrito, e recopilado, para que cada día poidas ver o teu avanza.

Tamén ademáis da auto formación me axudou os exames de proba, tanto os que encontrei pola miña conta, de James Anderson no seguinte Link, http://ibis.atwebpages.com/aptis/, ou en https://www.britishcouncil.es/examenes/aptis/practica donde existe outro exemplo máis, tal e como sería na realidade, de cada unha das aptitudes a evaluar.

Na guía do candidato que existe no british council podes atopar exactamente cada detalle do examen, así como o primeiro exemplo. E enlaces a outros recursos.

Tamén gracias a web amigosingleses.com donde podes aprender un montón de vocabulario, e pequenos trucos, correctas pronunciacións, etc moi útiles. Unha web moi recomendable!! Tamén o son os seus podacast, pero eu neste caso usei os do propio british council, así como para practicar a fala, a aplicación Helopal!

Pensa sempre que existe unha maneira sinxela de rematar todo tipo de exercicios, e que se dudas, ou lle das demasiadas voltas é que non tes o suficiente dominio da materia.

Espero que este exemplo sexa útil a outros candidatos, e se queres que engada algo máis no dubideves en facelo, xa que por exemplo, a USC traballa no seu centro de linguas modernas con este tipo de certificados, e non con cambridge ou outras institucións.

Sorte é a polo teu nivel (skill) en inglés. Non teñas medo, é sinxelo!

Primitive Technology – Ferro


2016
08.04

Ver esta ‘serie’ ou o que queira que sea, non deixa de ser curioso hoxe en día. Todo o que fai o saca das súas propias mans, non ten axuda. Recomendable ver como fai o ferro. Espectacular.