Archive for Xullo, 2008

Pechado¡ STOP.


2008
07.31

Pois eso, que me vou de vacacions, merecidas creo, asique non hai máis que decir… podedes facer o que vos pete, voltarei polo blog o día 19 de Agosto. Non rompades nada¡  XD

Pechado por vacacions

P.D.  Confirmado o paso o Grupo XIII. Tamén o está o novo adestrador, que volta a súa casa, unhos anos despois, quen será, será… O martes, as 21.00, empeza de novo a temporada. Quen queira pasar… alí estaremos¡¡¡

Festa da Lura?


2008
07.28

Ben e sabido que hai de todo en todolos lados, pero… o do xornal 20 minutos, é de risa:

 Citas que no te puedes perder: Fiesta de la lura: Castroverde (Lugo). 15-16 julio.

Non coñecía eu a tradicción do noso concello na pesca da lura… será da lura dulce de río, porque non se entende. Eu que estiven a celebrar o santiago, podendo tamén celebrar a festa da lura, a quen se lle conte,menos mal que a foto non estáLura, choco ou pota feita en castroverde, senón si que xa sería de cine¡

Por se acaso, acompaño a definición de lura, e tamén unha foto… para os despistados¡

Luras.f. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e cunha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma. As luras expulsan borra para escurece-la auga cando están en perigo. CF. choco, pota2. s Lura pota. Pota2.

timofonica en castroverde Antenas a poñer

Cambiando de tema totalmente, comentar que está a exposición pública a licenza municipal para instalación dunha estación base para telefonía movil en Furis, en Vilacote, Tórdea e Reborados por TELEFÓNICA MOVILES ESPAÑA S.A. ou quizais mellor, Timofónica. Se cres a que podes aportar algo, terás que ir o concello e entregarlles por escrito a túa reclamación ou a túa suxerencia antes de 10 hábiles desde o 22 de xullo.

Honores para unha futura campiona¡


2008
07.22

A�da no triatlon de Vigo Creo que é a primeira vez que estou de acordo con algún titular do diario, 20 minutos, e é que di: “Lugo recibe con honores a la triatleta Aida Valiño, subcampeona de Europa sub 23”

Así foi, Xosé Antón Bao recibiu a subcampiona de Europa sub 23 de Triatlón, da que dixo que  “levará a bandeira do deporte lucense e do deporte galego por todo o mundo”.

Aída dixo estar “moi agradecida” polo recibimento e a felicitación e remarcou que seguira a “loitar” para conseguir aínda mellores resultados e poder estar así “nas seguientes olimpiadas” en Londres 2012.

Despois do recibimento chegou o que mellor se lle da, competir. Arrasou na proba feminina do vixésimo triatlón do Miño, cun tempo de 1.06.53 horas para levarse o triunfo absoluto e sub-23. O segundo posto ocupouno Saleta Castro, con 1.08.14 horas e o terceiro lugar ocupouno Cristina Piñeiro, do Tríatlon Carballo, con 1.31.27 horas.

Non foi a única victoria de Aída senón que tamén se impuxo, fai unhas semanas no Triatlón de Vigo. Esta competición discurría sobre distancia sprint é decir (750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carrera a pie). Subiu acompañada o podio, pola albaceteña Ana López.

Para ver as estatísticas completas do triatlon no río miño… que mellor que utilizar os tempos do amigo junquera novo, non? http://www.championchipnorte.com/externos/20080719213729_XX_TRIATLON_DO_MINO._FEMENINO/femeninoA.htm

Somos convencionais. Por Undetordea


2008
07.17

Secadra estou a tomar demasiada liberdade para englobarnos a todos nesta afirmación, polo menos a tódolos que leen estas liñas irreais (non vos pensedes tolos por facelo)…pero xa o pensaredes ou me comentaredes.é a vida unha utop�a?Dende o comezo do noso ser, penso, que todos intentamos ser, por unha banda diferentes, destacando nalgo ou por outra parecernos a algo ou alguen para pertencer a un grupo social ou estilo. Quen non dixo algunha vez aquelo de “pois eu cando chegue o momento non vou facer así” aquel día que dixemos que nunca poñeríamos un traxe e o final caes e compralo, coma todos e polo un puto día “torres máis grandes caeron”.

Sempre falando de escapar de tópicos típicos, estudiar, acabar os estudos, atopar moza, atopar traballo, comprar coche, hipotecarse, casarse, ter un ou dous fillos, criar os fillos, estudalos, que empecen a traballar, ser avó… sempre o mesmo.

Que foi daquela arroutada de venres noite cun colega na barra dun bar a falar de vivencias hippies e soños, que sabemos que non tentaremos cumplir pero que quedan moi ben na conversa…

O peor de todo é que cando coñecemos a alguen que vive diferente, ten outras metas na vida, pensa diferente no tocante aTópico? todo o aparentemente importante para nós, chegamos a marxinalo…que non?? Pero si xa o fan os rapaces de 5 anos na escola…

Bueno, deixo esta pequena reflexión aquí, pois agora non a podo continuar, xa que teño que acabar a carreira, buscar traballo, buscar moza, buscar piso, coche… deus!!! Teño todo o importante por facer!!!!

O gusanillo fai o mérito, ou é o revés?


2008
07.15

Foron tres etapas, e 150 kilómetros hasta chegar a Compostela. A praza do obradoiro chegaron ademais dos catro tractoresEstado da carroceta de época, (de 24 participantes, so entraron 5, xa que o resto non pediu a tempo a autorización), unha carroceta do exército italiano. Foi o vehículo máis antigo, ano 1936, en chegar a Santiago, e conducida por Antonio Álvarez Gegúndez, que coñecen mellor que naide algún/s [email protected]/s deste blog.

Esta carroceta é unha das cen que regalou Mussolini para combater na guerra civil, e que Antonio restourou perfectamente. Atopouna tirada na aira do pequeno lugar de Martul, en Santalla de Oscos. Alí estaba en estado de semi-abandono.

Este modelo subastado polo exército o 25 de Xaneiro de 1954 e con matrícula de Madrid “M-212.856”, rematou a súa primeira vida a finais dos anos 70, ata a restauración.

Ésta foi cousa do “gusanillo”(el mesmo o di, no video de abaixo) que fan que este home sempre teña algunha idea, e como non, sempre a leva a cabo. Días e días restaurando, e buscando pezas que xa non son moi habituais, ou directamente fabricadas por el mesmo (menos a lona e o tapizado). Todo un mérito para o seu esforzo.Antonio o lado da carroceta

Estes vehículos quedaron por aquí a principios dos anos 50, e quedaron relegados trala chegada dos vehiculos americanos -Jeep, GMC e Dodge- máis modernos, fixo que estes vehículos foran subastados. A maior parte delas quedaron nas zonas da montaña luguesa e asturiana. A súas reducidas dimensions facíano expecialmente apropiado para os estreitos e complicados camiños e corredoiras. Ademais estes foron os primeros vehículos a motor en chegar a muitos dos reconditos lugares da montaña que ata ese momento so viron pasar os carros polas súas corredoiras.

Non te perdas as súas declaracions. (A partir do minuto 1.25) . En non dudes en poñerte en contacto con él se queres rodar unha película de época!!!!!

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

O futbol móvese de novo


2008
07.11

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español.

Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.org/lang-pref/gl/

Disculpa las molestias¡ [/lang_es] [lang_gl]

Xa está a volta da esquina o nova campaña, e unha vez máis o castroverde, intentará optar o máximo. Para elo, conseguiu algúns dos mellores xogadores de categorias superiores. Así xa está confirmada a fichaxe de Marcos “GOL” Veiga. O goleador de Bolaño, volve os orixes para liderar o proxecto e conseguir o ascenso.

Pero non é o único, senón que tamén se unen o plantel os gemelo do cádavo. Despois da desaparción do Baleira CF, aceptaron a “oferta” da SD, para desplegar o seu físico no campo da Veiga Do Olmo, a onde chegaran outros reforzos ademais dos 3 xa ditos da segunda rexional, tamén se incorporaran e reforzaran o equipo, outros xogadores da segunda categoría rexional.

E xa por último, as posibles opcions do cartel do -I Trofeo Festas do Santiago- ou -I Trofeo Torneo de Santiago-?? As opcions do cartel… son:

[/lang_gl]

Primeira Opción:Primeira Opción Do Cartel

Segunda Opción: Segunda Opción Do Cartel

Terceira Opción:

Cartel Trofeo 3 Opcion

P.D. Aceptanse melloras…

O carro e o home (II). Proceso de Construcción


2008
07.09

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español.

Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.org/lang-pref/gl/

Disculpa las molestias¡ [/lang_es] [lang_gl]

Segunda entrega do documental O Carro e o Home…

Xocas foi un dos etnógrafos máis importantes de Europa.
Este documento, xunto coa anterior entrega, son documentos de incalculable valor etnográfico (como se facía un carro nos primeiros anos do século XX), como “cantaban” os carros, etc… Narrado por Xocas, de maneira que podemos escoitar como se falaba o galego en Ourense, naquel tempo.

[gv data=”R3hkA8dPOV0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Para saber máis sobre o autor, podes ver:

Máis información sobre Xaquin Lorenzo (Xocas)
http://www.culturagalega.org/especiais/diadasletras2004/
http://www.diadasletrasgalegas.com/2004/vida_xoaquin_lorenzo.php

[/lang_gl]

O carro e o home (I). Proceso de Construcción


2008
07.08

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español.

Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.org/lang-pref/gl/

Disculpa las molestias¡ [/lang_es] [lang_gl]

En 1940 o cineasta ourensán Antonio Román realizaba o filme O carro e o home, con guión de Xaquín Lorenzo. A película, de dez minutos de duración, narra o proceso de construción dun carro do país na aldea de Facós, no concello baixolimiao de Lobeira. Ese filme consérvase agora no Centro Galego de Artes da Imaxe. Coa colaboración de Biblos clube de lectores.

Aquí vai a primeira parte…

[gv data=”gqEg3LnjsSo” width=”425″ height=”350″][/gv]

A segunda… próximamente¡

[/lang_gl]

As minas rusas son un peligro


2008
07.02

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español.

Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Disculpa las molestias¡ [/lang_es] [lang_gl]

Video tomado nunha entrevista despois de que unha mina rusa sufrira un accidente gravísimo, posiblemente a causa do alcohol(vodka quizais¿?)…

A pregunta do periodista, parece ser que decía:

– ¿Pode vostede negar con determinación que se beba alcohol na mina?..

Ahora ben o realmente interesante…, hay que mirar para o compañeiro de atrás a dereita………

[gv data=”fM209pRj-wc” width=”425″ height=”350″][/gv]

[/lang_gl]

Como convertir un helado nunha chave…


2008
07.01

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español.

Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/

Disculpa las molestias¡ [/lang_es] [lang_gl]

Esta é unha clase práctica para convertir un pao dun helado nunha chave… so necesitamos o seguinte material:

– A chave a copiar, un pao dun helado, un lapiz, un papel, pegamento e unhas tixeiras.

Con estes utensilios, xa podes ver o seguinte e curioso video…, cuidao ca porta…

[gv data=”L3hcMTCCax4″ width=”425″ height=”350″][/gv]

[/lang_gl]