Posts Tagged ‘montañas’

O gusanillo fai o mérito, ou é o revés?


2008
07.15

Foron tres etapas, e 150 kilómetros hasta chegar a Compostela. A praza do obradoiro chegaron ademais dos catro tractoresEstado da carroceta de época, (de 24 participantes, so entraron 5, xa que o resto non pediu a tempo a autorización), unha carroceta do exército italiano. Foi o vehículo máis antigo, ano 1936, en chegar a Santiago, e conducida por Antonio Álvarez Gegúndez, que coñecen mellor que naide algún/s usuar@/s deste blog.

Esta carroceta é unha das cen que regalou Mussolini para combater na guerra civil, e que Antonio restourou perfectamente. Atopouna tirada na aira do pequeno lugar de Martul, en Santalla de Oscos. Alí estaba en estado de semi-abandono.

Este modelo subastado polo exército o 25 de Xaneiro de 1954 e con matrícula de Madrid “M-212.856”, rematou a súa primeira vida a finais dos anos 70, ata a restauración.

Ésta foi cousa do “gusanillo”(el mesmo o di, no video de abaixo) que fan que este home sempre teña algunha idea, e como non, sempre a leva a cabo. Días e días restaurando, e buscando pezas que xa non son moi habituais, ou directamente fabricadas por el mesmo (menos a lona e o tapizado). Todo un mérito para o seu esforzo.Antonio o lado da carroceta

Estes vehículos quedaron por aquí a principios dos anos 50, e quedaron relegados trala chegada dos vehiculos americanos -Jeep, GMC e Dodge- máis modernos, fixo que estes vehículos foran subastados. A maior parte delas quedaron nas zonas da montaña luguesa e asturiana. A súas reducidas dimensions facíano expecialmente apropiado para os estreitos e complicados camiños e corredoiras. Ademais estes foron os primeros vehículos a motor en chegar a muitos dos reconditos lugares da montaña que ata ese momento so viron pasar os carros polas súas corredoiras.

Non te perdas as súas declaracions. (A partir do minuto 1.25) . En non dudes en poñerte en contacto con él se queres rodar unha película de época!!!!!

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG