“Boas, Rabo de Raposo.” Así titula Jaureguizar a súa experiencia o paso pola feira do cabalo, onte en Castroverde. Con fotos de Sebas Senade, ademais recolle impresions de varios dos propietarios que se desplazaron ata a feira, no que foi un éxito de asistencia e visitantes.
José Guergué, propietario de varios animais defende que «ten que gustarche moito isto, porque todos son gastos. Para competir en Castroverde, temos que pagar gasolina e as comidas de catro persoas».
Maiores aínda son os gastos de Mário Costa, quen viaxou dende Portugal con cinco cabalos, «cando logo os premios son de 120 euros como moito, se os consegues gañar».
O seu compatriota Armindo pensa o mesmo e engade que «eu ando nisto porque sempre houbo cabalos na casa e me gusta, pero os premios dan para tomar algo cos amigos e pouco máis».
Ambos os dous desprázanse dende Portugal, malia que prefiren as probas do seu país, «porque son máis bravas», apunta Mário. Este xinete explica que «as carreiras lusas non se fan a unha volta, senón a catro, polo que o animal xustifícase. Nas carreiras galegas, cando o cabalo está entrando en calor, ten que parar».
A Rabo de Raposo resúltalle indiferente facer un percorrido a unha volta ou a catro, porque a el abóndalle con cabalgar, algo que fai dende hai corenta anos, cando tiña dez. Pasa a trote por diante de José Guergué, saúdando dende o remolque, coas dúas colas de raposo erguidas polo vento.
Gracias a Pilladooo, subo tamén un vídeo:
http://www.youtube.com/v/b4-va7bxwFY