Posts Tagged ‘Casa de Lemos’

Pór En Valor a Torre De Castroverde


2009
09.08

Torre en Castroverde

Aquí deixo un interesante texto publicado polos amigos do Patrimonio de castroverde, e concretamente por José Enrique Villarino Valdivielso. Unha reflexión máis sobre as utilidades e posibles usos da Torre.

Así leva moitos anos. Case desde sempre. Por suposto, desde que eu coñezo. Pero, a TORRE de Castroverde non pode -non debe- seguir así. Soa, baleira e inútil. Debe recuperar o papel que un monumento da súa categoría tivo, merece e merecen os que ao redor dela habitan, véndoa día tras día ergueita; reflectido nela o orgullo, a fidalguía, o señorío, gañado con suor, século tras século, gañado tras moito traballo e moitos sacrificios dos habitantes dese fermoso Vallis Viride romano, salpicado de castros onde moito antes habitaban pretéritos señores, desde as bravas terras do Monsciro e o Cuperio até onde as terras contiguas ao Chamoso case se funden co Pai Miño.

Nos tempos que corren para pór algo en valor hai que rescatar os beneficios da virtude. E virtudes para acoller variadas e boas cousas ten a nosa TORRE. Corren tempos desfavorables para todo aquilo que teña que ver cos diñeiros, e máis coas subvencións. Non podemos -non debemos- fialo todo nas axudas das institucións, sexan do Concello, a Xunta ou o Estado, aínda que teña que habelas. A sustentabilidade, hoxe de moda, non é outra cousa que a capacidade das persoas para perpetuar os recursos que os nosos devanceiros nos legaron. A TORRE debe valerse, no que poida, por si mesma e nós axudarlle a conseguilo. Como? Diso imos falar a continuación.

Deixemos aparte litixios sobre dominio, propiedade, usos do chan e demais xuricidades que lle afecten. Resóltas éstas, poñamos que as institucións, e o Concello á cabeza, deciden facer algo para garantir o seu futuro. Que facer? Pois algunha que outra idea se pode pór sobre a mesa para conversar, para falar e para debater, cousa sa onde as haxa. Ocórrenseme tres, que se resumen nunha , o xa devandito: PÓR EN VALOR A TORRE. Pór en valor a Torre é facer que ela, e por si mesma, xere os recursos que axuden a facer viables outras funcións menos comerciais e máis altruístas, xunto coas axudas permanentes que debe recibir das institucións autonómicas e nacionais, xa que as arcas do Concello non deben estar para moitas alegrías. As funcionalidades da TORRE estimo que son tres: A primeira, Vista da torreunha FUNCIONALIDADE COMERCIAL, de lecer e negocio, que provea de recursos a outras funcionalidades menos retribuibles. A segunda, unha FUNCIONALIDADE INSTITUCIONAL, a máis propia e identitaria, a histórica, resume do xenio das xentes da terra. Esta función é facer da TORRE un espazo de memoria e convivencia, aberto, de futuro para a comarca. A terceira FUNCIONALIDADE, FORMATIVA. Xunguir o pasado e o futuro mediante o coñecemento; aprender dos devanceiros para ser capaces de innovar, que non é outra cousa que anticiparse ao que vai vir mediante a capacidade de crear, de facer cousas novas. Todas elas poden e deben convivir nese único espazo de forma harmónica, ordenada e serena. Aquilo que non ten unha función, o que non serve para algo, acaba morrendo.

Por exemplo, o Concello, ou quen corresponda, pode habilitar unha concesión para a explotación dunha ACTIVIDADE COMERCIAL DE RESTAURACIÓN e/ou HOSTALEIRA, mellor ambas, dunha escala adecuada, preferentemente a algunha iniciativa local, mediante o correspondente “cánon”, non afogante, que debe acomodarse en contía e tempo ao Galiteiro, gaiteiro, guerreirodesenvolvemento e éxito paulatino da iniciativa. O importe debería aplicarse integramente no financiamento parcial das outras dúas funcionalidades. En segundo lugar, a Deputación debería financiar parcialmente tamén o acondicionamento duns espazos destinados a TALLER E MUSEO ETNOGRÁFICO e DE INTERPRETACIÓN do alto CAMIÑO PRIMITIVO e dos recursos turísticos da bisbarra, para que non só sexa un espazo morto, senón que o taller lle de vixencia e actualidade ás investigacións sobre o pasado, nun marco de recursos para poder desenvolver conferencias, congresos, etc sobre a comarca e o CAMIÑO PRIMITIVO e non só sobre a comarca. O CAMIÑO debe ser un eixo esencial nesta estratexia de dar contido á TORRE e a bisbarra, sen esquecer o papel primordial de ser tamén un lugar de encontro das xentes. A terceira funcionalidade podería concretarse, en estreita conexión coa anterior, nunha ESCOLA-TALLER, financiada con recursos da Xunta e a Deputación, onde raparigos e raparigas da zona aprendan oficios e saberes xa case perdidos e cuxos coñecementos se apliquen á restauración do patrimonio local, á vez que participen na súa restauración e comercialicen empresarialmente, a particulares e terceiros, os traballos en que se plasman estes saberes. Aquí xoga un importante papel de asesoramento e xestión a URG (Universidade Rural Galega).

A pouco que boten a andar estas tres iniciativas, unha tras da outra para non coller unha enchenta, cos investimentos previos de restauración e acondicionamento a cargo dos organismos citados implicados e a axuda das institucións onde non cheguen as actividades comerciais, e de todos nós, poderemos chegar a ver unha TORRE rexuvenecida, útil e refulxente. Espello de Castroverde no que nos miremos todos, orgullosos de que, garantida a súa permanencia, vai seguir sendo parte do noso almario onde habita a memoria non só da nosa paisaxe vivida, senón tamén do interior, do máis persoal e íntimo.

Setembro, 2009

A Adquisición Infinita


2008
12.04

Segundo publica a voz de galicia, o pasado día 29, e que podes ler no link…

En resposta a unha pregunta do BNG, na sesión de aprobación dos orzamentos, o alcalde tamén informou dos trámites para conseguir a torre do castelo para uso público. Dixo que o organismo municipal xa ten a firma de catro propietarios, pero en total son 18 e as administracións esixen escrituras para a concesión de subvencións. Tras recordar que iniciaron os trámites fai catro anos, Arias asegurou que se trata dun proceso complicado debido aos numerosos donos, pero se mostrou partidario de tratar de ir chegando a acordos amigables porque un proceso legal sería moi longo.

Tamén se fan eco en publicacions culturais como http://www.noviembre.org/e-norte/html/index.php no que se dan conta das dificultades de facerse cos edificios históricos para uso público. Dice…

La multipropiedad amenaza torres del homenaje que todavía no se han recuperado

El caso de Castroverde ilustra los intentos de los pequeños concellos por hacerse con alguno de sus monumentos en ruinas pero representativos de la localidad. El municipio lugués lleva años intentando hacerse con la gestión de la ruinosa torre del homenaje, principal monumento de la localidad. Pero la obra que los condes de Castro de Lemos encargaron y los entonces vasallos derribaron aún hoy no ha pasado a titularidad pública.

Hace dos años se anunciaba como inminente la firma de un convenio de cesión por 15 años al Concello de Castroverde e incluso la Consellería de Cultura estaba dispuesta a consignar 150.000 euros para las primeras intervenciones. En este proceso de cesión están implicados herederos de tres familias Fernández de la Vega, Díaz Castroverde y Ferreirós, muchos de ellos residentes en distintas ciudades españolas. El gobierno municipal intentó hacerse con la torre «por las buenas», pero falta la firma de uno de los herederos, y además el alcalde deberá retomar las conversaciones con sucesores de otro con el que ya había acuerdo, pero que ha fallecido. De conseguirlo, recuperar la torre para usos culturales -Castroverde es un punto importante del Camiño Primitivo de Santiago-precisará un estudio arqueológico previo, pero la torre necesita una urgente consolidación de su estructura.

Gracias a hemeroteca da Voz de Galicia, foi posible rescatar un pouco como foi evolucionando a noticia desde un tempo atrás. Así unha das primeiras referencias apunta cara 2002, aínda que antes xa se falaba do tema, cando se decía que nese vrao se retomarían os contactos cos propietarios da torre.

En marzo de 2003 a noticia era que podía ser recuperada en breve convertida en mirador. Algo hoxe en día impensable.

Polo maio de 2005 as administracions autorizaban as obras na torre, cun plazo de 15 anos para a súa acometida, e próximamente firmaríase un convenio de cesión cos propietarios.

A primeiros do ano seguinte, en Xaneiro, a xunta realizaría un sondeo arqueolóxico para consolidala torre, e facer os traballos de limpeza no contorno do castelo. E en marzo dese mesmo ano xa se daba por feito, xa que so faltaban por firmar a cesión a metade dos membros dunha das familias propietarias. Desta volta a cesión era por 10 anos.

En 2006, e sempre segundo a voz de Galicia, ao concello quedaballe un 1% do total por adquirir. Incluso se pon un prezo as obras, 150.000 €, que está retida ata que se faga co total da propiedade.

A semana pasada, dábanse máis datos sobre o estado da cesión do castelo. Aínda faltan 14 dos propietarios por ceder a súa parte, moi lonxe (en teoría se todos teñen a misma proporción de propiedade) dese 1% que aparecía no 2006.

Con todo, éste é un tema complicado: tratase de conciliar o dereito a propiedade privada (multipropiedade neste caso) co dereito a dar a coñecer mellor un dos símbolos do concello. Tampouco e como decía fai uns días o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias Vila, “Non se poden expropiar todos os BICs do territorio”.

Neste punto sería moi bon atopar unha solución definitiva, e que se pode ser, tarde menos en chegar do que tardou en ser construída. Polo momento van máis de 9 anos…