Posts Tagged ‘cp calasancio’

Habemus sorpresas.


2009
03.17

Este é sen duda o titular da xornada. Os dous partidos adiantados ao sábado non marcaron a pauta do que debían facer o resto de equipos o domingo. As sorpresas chegaron, e so algunhos tiveron máis sorte que outros nesta xornada 25.

• Guntín – Muralla 0 – 0. Empate que pode ser crucial para o muralla. Presionado pola victoria do castroverde o sábado, o muralla debía ganar para non sair dos postos de ascenso a segunda rexional. Afrontou o partido confiado, nun campo sempre difícil, recuperando incluso a xogadores titulares. Pese a que todo o equipo o intentou non puido pasar do empate a cero goles.

Sagrado Cor. – Pradeda 1 – 1. Dos partidos do domingo, éste era dos que máis expectación levantaba posto que se xugaba moito o sagrado corazón. Incluso podía supoñer un cambio de lider se o calasancio non conseguía a victoria. O equipo local foi incapaz de marcarlle un gol ao Pradeda a pesar das innumerables ocasions que tuvo. Aínda así, mantense en postos de ascenso aínda que desaproveita unha magnífica ocasión para seguir a estela do lider, e tamén para alonxar un pouco máis ao muralla. O pradeda pola súa banda prosigue na seu particular duelo de colistas co lucense, dous puntos por riba.

No resto de partidos non houbo lugar as sorpresas, e os equipos que aspiran ao ascenso conseguiron sumar unha nova victoria. Así o calasancio impúxose por un 0-2 no sempre difícil campo do Portomarín, que xa non se xoga nada. O último equipo en discordia polo ascenso, o Oural, venceu na súa visita a Carqueixa, en Sober, por un claro e contundente 1-5, que manten aínda as experanzas de conseguir unhas das tres prazas.

Empate entre favoritos


2009
01.19

Resultados
Guntín – Antas 0 – 1
Lucense – Río Sil 2 – 0
Portomarín – Sagrado Cor. 0 – 1
Friol – Lugo 7 – 2
Rubián – Muralla 1 – 1
Calasancio – Castroverde 2 – 2
Garabolos – Pradeda 2 – 1
Comercial – Oural 0 – 0

E para a próxima semana

Próxima Xornada
Río Sil-Antas
Sagrado Cor.-Lucense
Lugo-Portomarín
Muralla-Friol
Castroverde-Rubián
Pradeda-Calasancio
Oural-Garabolos
Comercial-Guntín

A clasificación queda con cinco equipos destacados

Clasificación X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 17 10 5 2 40 17 35
2. Sagrado Corazón 17 11 2 4 26 14 35
3. Muralla 17 10 4 3 33 13 34
4. Oural 17 9 6 2 40 18 33
5. Castroverde 17 10 3 4 32 19 33
6. Comercial 17 7 6 4 30 24 27
7. Rubián 17 7 6 4 28 26 27
8. Río Sil 17 6 5 6 16 22 23
9. Portomarín 17 7 2 8 23 21 23
10. Antas 17 6 4 7 27 33 22
11. Friol 17 5 6 6 28 24 21
12. Lugo 17 5 2 10 25 46 17
13. Garabolos 17 4 3 10 21 32 15
14. Guntín 17 3 6 8 20 32 15
15. Pradeda 17 1 5 11 19 34 8
16. Lucense 17 1 3 13 16 49 6

Partido importántisimo para seguir tendo opcións de ascenso, entre dous rivais directos na loita por acadalo.

Os locais presentábanse no partido con duas ausencias notables como eran a de Albino e a Marcos gemelo. O partido comezou moi igualado con continuas alternativas no control do xogo, con un Calasancio moi superior físicamente, que era contrarrestado coa maior capacidade técnica dos xogadores locais. Os visitantes tiveron o control total do mediocampo, onde foron superiores, pero o Castroverde daba mostras de perigo cando os xogadores de ataque conseguian ter o balón, e enlazaban rápidos contragolpes con moito perigo, como unha xogada polo dereita que un perfecto centro de Richard era rematado defectuosamente por Marcos en boca de gol.

Chegábase o  descanso con empate, e con dous rivais que daban mostras de ser claros candidatos de gañala liga.

A segunda parte comezaba con dominio local, tendo Carlos unha ocasión clarísima a centro de Marcos que co porteiro xa batido sorprendentemente o balón non chega a entrar, cando todo o mundo xa cantaba o gol. O Calasancio adiantábase no partido cando menos o merecía con un gran gol do seu dianteiro nun rápido contrataque, e non se quedaba ahí xa que tres minutos despois chegaba o segundo con un zapatazo dende tres cuartos de campo que se colaba pola escadra, seguidamente paradón de Marcos que puido ser o terceiro. Faltando quince minutos e con un Castroverde que nunca se deu por vencido, o entrenador local quita do campo a Gelo e a Richard sorprendentemente, cambios que parecian dar o partido por perdido, pero resultarían acertados xa que o equipo lograba remontar, con un golazo de Marcos, e un remate inapelable de cabeza de Javi. Resultou clave que este último deixara a sua posición de central e se sumara o ataque xa que deu moito empuxe e forza o ataque local.