Posts Tagged ‘duatlon cross’

Inesperada suspensión


2009
05.20

A última proba da Copa de España de Duatlon Cros, que se iba a celebrar este próximo sábado 23 de maio no noso concello, queda suspendida.

Segundo a Fetri hai varias causas para que se producira esta suspensión. Entre elas a baixa participación, aínda que deixa aberto o abanico de posibilidades para outras razons que a expliquen.

De todolos xeitos a clasificaión final, que se decidiría este próximo sábado xa é definitiva, e na que contarán as tres mellores posicions clasificatorias das catro pobras disputadas hasta o momento.

Todo un mazazo para a promoción do deporte no concello. Esperemos que se poida recuperar esta proba en próximos anos.

P.D.1 – Na páxina do concello, un clásico. A portada sen actualizar é para a celebración da copa de España de Duatlon Cross.

P.D.2 – Cal será o destino da subvención que ia recibir o concello por tal evento de parte da diputación de Lugo? Irá de volta? Utilizarase para a promoción de outros deportes? E senón, que poderíamos facer con esa axuda de 1182€?

Bo comezo para Aída Valiño


2008
01.30

[lang_gl]Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), ocupou a terceira plaza na proba inaugural da IV Copa de España Sport Life de Duatlón Cros que se dispotou no ‘Parque de la Cantueña’ da localidade madrileña de Fuenlabrada.

Despois da cita de Fuenlabrada, haberá outras catro probas, unha delas o 4 de maio en Castroverde, que tamén será puntuable para o campeonato de España.

Por se alguén non a coñece, máis vale que non, Aída é a deportista máis importante do concello, deixo unha pequena biografía:

Aida Valiño naceu o 23 de xuño de 1987 en Castroverde e é unha das triatletas galegas máis importantes. Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova. [/lang_gl]  [lang_es]Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial), ha ocupado la tercera plaza en la prueba inaugural de la IV Copa de España Sport Life de Duatlón Cros que se ha disputado en el ‘Parque de la Cantueña’ de la localidad madrileña de Fuenlabrada.Despois de la cita de Fuenlabrada, hay programadas otras cuatro pruebas, una de ellas el 4 de mayo en Castroverde, que también será puntuable para el campeonato de España.Por si todavía quedan personas que no la conoces, más vale que no, aída es la deportista más importante del ayuntamiento, por lo que dejo una pequeña biografía:

Aida Valiño nace el 23 de junio de 1987 en Castroverde y es una de las triatletas gallegas más importantes. Ha integrado la primeira selección gallega de este deporte, que debutó internacionalmente en la Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban el equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya y Saleta Castro. También ha participado en la Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas y además Antón Ruanova. [/lang_es]