Posts Tagged ‘galinux’

Utilidades extra do Ubuntu


2009
09.01

Despois de algún tempo de respiro, que nunca ven mal para voltar coas pilas cargadas e con ganas de volver a publicar na fiestra. Querolle adicar especialmente este post a Hadex, para que poida experimentar co seu ubuntu, aínda que lle falten pezas. Tamén a Lu(xa estás enlazada) por recordarmo na festa de Tórdea. Por último a Efra(para cando un enlace en Kallaikía?), que leva o nome de Castroverde por todo mundo coa súa música, e tamén nun interesante artigo da revista R do mes de Xuño e que acabo de leer. Moi interesante e moi recomendable. Un saludo a todos eles e a todos os que siguen a fiestra habitualmente.

Gracias a MFZ que me pasou este curioso vídeo de utlidade para facer con código en bash. Unha mecedora para un nen@. Realmente interesante e curioso o dichoso vídeo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/bYcF_xX2DE8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Galinux, seguindo os pasos do Linex?


2009
02.04

[gv data=”Xbchq-Il0_w” width=”425″ height=”350″][/gv]

Puiden ver este vídeo recentemente. É a presentación de Galinux, un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador.  Este tipo de iniciativa ten un precendente no coñecido Linex(Linux Extremadura), famoso pola súa luita con microsoft. Agora chega Galinux. As súas caracteríticas de estabilidade, facil instalación, libre distribución e utilización, coste nulo por pago por licencias, deberían pesar máis que os problemas que conleva a compra dun ordenador, e que non veña xa preinstalado no equipo.

Veremos o recorrido do Galinux, se as actualizacions están ao día, se realmente chega a consolidarse e facerse un oco nos pc’s de escritorio das nosas casas e da administración… etc, etc