Posts Tagged ‘garabolos’

Primeira victoria da segunda volta


2009
01.12

Resultados
Antas – Lucense 3 – 1
Río Sil – Portomarín 1 – 0
Sagrado Cor. – Friol 1 – 1
Lugo – Rubián 4 – 3
Muralla – Calasancio 3 – 0
Castroverde – Garab. 3 – 1
Pradeda – Comercial 0 – 4
Oural – Guntín 1 – 1
Próxima xornada
Guntín-Antas
Lucense-Río Sil
Portomarín-Sagrado Cor.
Friol-Lugo
Rubián-Muralla
Calasancio-Castroverde
Garabolos-Pradeda
Comercial-Oural

E a clasificaión queda do seguinte xeito: (Nota: Segundo a páxina da fedaración esta clasificación non é correcta. Haberá que esperar a que se actualicen, e ver cal é a clasificación definitiva.)

Pos Equipo Xog Ga Em Pe GF GC Puntos
1. S.D. OURAL 16 10 4 2 40 17 34
2. C.P. CALASANCIO 16 10 4 2 38 15 34
3. AT. MURALLA 16 10 3 3 32 12 33
4. S.D. CASTROVERDE 16 10 2 4 30 17 32
5. A.D. SAGRADO C. 16 10 2 4 25 14 32
6. S.G. COMERCIAL 16 7 5 4 30 24 26
7. S.D. RUBIAN 16 7 5 4 27 25 26
8. PORTOMARIN C.F. 16 7 2 7 23 20 23
9. C.D. RIO SIL 16 6 5 5 16 20 23
10. S.D. ANTAS 16 5 4 7 26 33 19
11. FRIOL C.F. 16 4 6 6 21 22 18
12. U.D. LUGO 16 5 2 9 23 39 17
13. S.D.C. GARABOLOS 16 3 3 10 19 31 12
14. C.D. GUNTIN 16 2 6 8 18 31 12
15. PRADEDA F.C. 16 1 6 9 16 31 9
16. SP.LUCENSE 16 0 3 13 14 47 3

CASTROVERDE…… 3

GARABOLOS……….. 1

Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 2-BRUNO 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7- ALBINO 8-MARCOS GEMELO 9- GELO 10- CARLOS 11-MARCOS. Tamén xogaron: 12- MANOLO 13-IVÁN 14-TOÑO 15-RAFA 16-ÓSCAR.

Comezaba o segunda volta da liga na Veiga do Olmo, con un partido no que os locais necesitaban os tres puntos para seguir nas posicións de arriba da táboa.

Os locais presentábanse no partido con algunha baixa, pero tamén con unha nova incorporación a de un vello conocido como é Marcos, e non defraudou, xa que anotou os tres goles dos locais.

Dende que pasara o Rio Sil por Castroverde non se vira xogar o equipo con tanta superioridade con respecto o rival, xa nos primeiros minutos de partido se poideron ver as primeiras ocasións claras nas botas dos dianteiros locais. No minuto 15 gran xogada de elaboración na que o centro de Albino e rematado por Marcos a gol. O segundo chegaría despois dun corner botado dende a esquerda, o balón vai pasado, recollea Javi e o seu centro volve a ser rematado por Marcos a gol, esta vez de cabeza. En pleno vendaval de ocasións locais chegaría o terceiro, despois dun gran pase de Gelo entre os centrais que recollía Marcos en velocidade e cruzaballa o porteiro na sua saida.

Despois de tanta superioridade na primeira parte, a segunda foi moito máis igualada, os locais xogaron coas liñas moi separadas, o que limitaba moito que o balón circulara con fluidez, a parte e como ben sendo habitual gran baixón físico acompañado de certa relaxación polo resultado fixeron que o partido fora aburrido e sen ritmo. Nos minutos finais gol dos visitantes de tiro lonxano na que Chino non estivo todo o acertado que de él se espera.

En definitiva quedámonos coa gran primeira parte do Castroverde, que nos deixa certo bo sabor de boca para enfrentarnos contra os líderes da categoría para a semana próxima.

Comezo sufrido


2008
09.15

SD CASTROVERDEPhotobucket

Comezo moi sufrido o da SD Castroverde, no campo das gándaras e contra un rival moi correoso, o Garabolos.

A pesar do bo inicio de partido, coa total posesión do balón, pero creando pouco peligro na porta rival. Aínda así unha xogada polo centro acaba en gol, logo dun disparo de Carlos, no primeiro disparo entre os tres paos.

Cando parecía que o partido xa se poñía de cara, e comezaba a dar síntomas de irse do partido, un balón moi largo, moi pasado que recolle o dianteiro sen ningún peligro aparente, pero un penalti infantil de Juán, fai que consigan o empate.

Non deu tempo a máis na primeira parte, con moito calor. Continuou o partido, x ana súa segunda parte, co calor de novo protagonista o Castroverde continuou co balón pero sen crear moito peligro.

Nunha xogada aislada, o garabolos adiantase no marcador despois de que o disparo pegara nun defensa e superara por riba a chino, que pouco pudo facer. Co marcador en contra, e con moi pouco tempo para a reacción, o equipo foi capaz de sobrepoñerse, e marcar nese último cuarto de hora 2 goles, que deron a volta definitivamente.

O primeiro despois de un penalti sobre Gelo, que non transforma Carlos, pero o rechace favorece o Castroverde, que cun centro dende o fondo, marca o empate. E un par de minutos despois, de novo Carlos, cun disparo lonxano, que o porteiro non ve, fai que o castroverde consiga a victoria definitiva. Xa pouco lle quedaba o partido, e o garabolos non foi quen nin de achegarse.

Primeira victoria a domicilio da temporada, moi importante e sufrida para pelear por estar arriba. O sábado de novo a domicilio, viaxe ata monforte.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Manolo, 4.-Javi, 5.-Juan, 6.-Pereira, 7.-Albino, 8.-Carlos, 9.-Héctor, 10.-Richard, 11.-Carlos. Tamén xogaron: Gelo, Iván, Toño, e Tino.

Resultados
Lucense – Antas 1 – 3
Portomarín – Río Sil 0 – 1
Friol – Sagrado Cr. 1 – 2
Rubián – Lugo 1 – 0
Calasancio – Muralla 1 – 2
Garabolos – Castroverde 2 – 3
Comercial – Pradeda 2 – 2
Guntín – Oural 1 – 4

Clasificación:

Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Oural 1 1 0 0 4 1 3
2. Antas 1 1 0 0 3 1 3
3. Castroverde 1 1 0 0 3 2 3
4. Muralla 1 1 0 0 2 1 3
5. Sagrado Cr. 1 1 0 0 2 1 3
6. Río Sil 1 1 0 0 1 0 3
7. Rubián 1 1 0 0 1 0 3
8. Comercial 1 0 1 0 2 2 1
9. Pradeda 1 0 1 0 2 2 1
10. Garabolos 1 0 0 1 2 3 0
11. Calasancio 1 0 0 1 1 2 0
12. Friol 1 0 0 1 1 2 0
13. Lugo 1 0 0 1 0 1 0
14. Portomarín 1 0 0 1 0 1 0
15. Lucense 1 0 0 1 1 3 0
16. Guntín 1 0 0 1 1 4 0
Próxima Xornada
Antas-Guntín
Río Sil-Lucense
Sagrado Cr.-Portomarín
Lugo-Friol
Muralla-Rubián
Calasancio-Castroverde
Pradeda-Garabolos
Oural-Comercial

Volve o futbol de novo


2008
09.12

Outra tempada máis comeza o futbol na terceira rexional, e desta volta faino cunha importante novidade para a SD, xa que competirá no grupo XIII. Novos campos, novos xogadores, novo entrenador, Juan Carlos Grandela, e 4 novos fichaxes, para intentar de novo, por fin, o ansiado ascenso.

O próximo domingo xa poderán ver os resultados da pretemporada. Será las 18.00 en Lugo, no campo das Gándaras, contra o Garabolos.Un partido onde o resultado é máis que incerto polo descoñecemento dos rivais, e no que se espera a primeira victoria da temoprada.  A próxima semana a crónica. Ata daquela.

SD CASTROVERDEPhotobucket
Calendario Completo SD Castroverde 2008-2009