Posts Tagged ‘grandes exitos’

Trasdabarra o esperado regreso¡¡¡


2008
10.16

Cós ollos abrasados pola emoción, e aínda coa incredulidade que da ver que o día que xa coidabas nunca chegaría, está por fin confirmado, é un pracer convidarvos á nosa nova andaina.

Crise Subprime…? Xornada laboral de 80 horas…?

A peor crise dende o 29…? Non todo ían ser malas novas…

TRASDABARRA VOLVE AOS ESCENARIOS!!!

Tras máis dun ano de longa -e tensa- interrupción, e trala incorporación da nosa nova fichaxe á batería, o amigo Juan, Trasdabarra comezará a súa nova andaina onde nos vimos por última vez, na vila da Coruña (iso si, se ningunha tixeira de podar se interpón no noso camiño, que hai moito patán solto polo mundo…)

SÁBADO 18 DE OUTUBRO
23horas – PUB GARUFA
(Rúa San Francisco, 8 – Zona vella de A Coruña)

Entrada: 3 euros (só canxeable por favores sexuais a calquera dos membros da banda)

Entrada: 3 euros. ÚNICA EXCEPCIÓN: Quen acuda coa camiseta da banda, pasa gratis.
Se non podemos cambiar o mundo, cando menos agharrar unha boa enchenta coa excusa. Convida a canta xentiña queiras, sodes todos benvidos.

Vémonos o 18!!!  Contamos con vós. Deica.