Posts Tagged ‘informáticos’

a problemática das TIC


2008
10.28

Vendo a foto sacada de sinergias, puxenme a escribir da problemática das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación);

O Convenio das TIC, cada día está máis lonxe. 18 meses de negociación tirados a basura, literalmente, perdidos en negociacións por un convenio xusto para Colectivo de Consultoría e empresas TIC. Agardábase que todo transcurrira con normalidade, pero o que sucedeu, e que algunhas das empresas que non estaban na mesa da negociación, e que non estaban ao día do que se iba a firmar, entereraronse no último momento, e paralizaron o proceso.
Son dúas das grandes, INDRA (a cabeza pensante dun monstruo que extende a súa actividade por múltiples sectores e actividades), e IBM, (a ata fai pouco vendedora de pc’s), ás que se sumaron EVERIS (qué decir), IECISA(que aínda aplica os seus traballadores o convenio correspondiente ao Corte Inglés, o dos grandes almacens) e algunha que outra consultora, as que paralizaron o proceso.
Pero, por qué se negaron a firmar ese acordo do novo convenio? A resposta está na súa diversificación cara centros de desenvolvemento de software fora das grandes cidades, donde poden contratar traballadores sen experiencia e ofrecerlles un salario mínimo. Non lles gusta ademais a forma de xestionar ás carreiras

profesionais, con promocions automáticas por antigüedade. Ademáis de non aceptar as 1800 horas anuais traballadas, nin os 30 días naturais de vacacions.

O último convenio que se firmou data do ano 2006, pero é unha chapuza doutros anteriores, sobre todo o do ano 1992, donde existían categorías como ‘Calcador’ e ‘Perforador’, que hoxe en día, evidentemente, non aplican.
Todo un paso atrás para lograr mellorar e dignificar o traballo dos enxeñeiros, e técnicos de informática. Un traballo pouco valorado e cheo de outro moitos problemas, como o instrusismo, etc, etc.