Posts Tagged ‘labregos’

únete a tractorada virtual!


2009
06.16

Tractorada Virtual

Actualización(17-06-09): Gracias a ‘UndeTordea’ por completar a entrada…

Foto (Ano 1997, Lugo) que representa perfectamente o espíritu daquela tractorada(veciño do Concello), e a canción con todo o espírito do rock bravú e do xabarín, que nacera pola mesma temática…

Ferro, barullo, caucho, remolques
Mil tractores baixan do monte
Pan, lacon e viño, paus e marras
Ferve o sangue, barricada agraria
Se non razoan levamos a Armando
Que armando unha boa van razoando
Sete chavellas, sete estadullos
Dalle no lombo, dalle nas ventas!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota ei Motransa
Fume negro do tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN, DALLE FERRO!
NON PASARÁN, TRATORADA!
NON PASARÁN!
Co terceiro punto en alto
Dilles que se acheguen, Dilles que discutan
Rodas de corenta lonas
Gasolina dalles lume!
Un remolque cheo de pedras
E unha vella cun fouciño
Hai machadas, hai galletas
Corre o sangue polas veas!
NON PASARAN…
E se non se pode vivir
Pola culpa do progreso
A próxima tractorada
Hache de ser no Congreso.
Fabricantes de iogures
Leite en polvo e desnatada
Din que hai demasiado leite
E agora chamanlle excedentes
Din que hai demasiado leite
E a algún macho xa lle ferve
Baixan as vacas doentes
Baixan ensinando os dentes!
Arde o ferro do motor
Ei Kubota, ei Motransa
Fume negro de tractor
Galicia tomada pola tractorada!
NON PASARAN…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/A9eCxMPqeJ4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]