Posts Tagged ‘millo’

“todos somos iguais …excepto o Rei… e algún máis” (PorUnDeTordea)


2011
11.16

Leva o xabarín comido e destrozado no ano 7,5 millóns de euros (elcorreogallego.es, 19.08.2011).

Cartos que só Coche oficial feijoorecolle o dano nas colleitas agrarias. A enorme cifra que parece das que dan ultimamente no telexornal cando serefiren o que roubou un empresario ou político ou o que debe ou non un país, aínda se queda curta si pensamos que aestimación só tivo en conta os danos denunciados, xa que a realidade e que por medo, por desilusión ou por resignación, moitos danos non se dan a coñecer.

A todo isto s ille sumamos os danos que provoca en accidentes de tráfico a cifra, o meu parecer sería o triple da que citan. ¿E quen paga eses danos?

Pois a sociedade penso de que non é consciente de que esos danos non os paga ninguén. Sobretodo a sociedade urbana, ou polo menos ate que van pola estrada e baten cun ou un cento dos 40.000 exemplares que saben debullar o millo axeno.

É nese momento no que “ a quen chamas” para que che paguen. Xa en primeiro lugar non te preocupes si o becho non quedou morto, que como conseguira escapar “puido ser calquer outra cousa señoriña”. Despois a ver de quen se faría cargo, si o tecor, si o dono da estrada, que nunca se sabe quen é.

Pero claro sempre podes ser algún privilexiado da sociedade, e que cho paguemos todos, como lle ocorrerá a Alberto Núñez Feijóo, o cal incluso fixo unhas declaracións Millodo accidente,destacando a problemática do asunto en Galicia “si no llegamos a llevar un coche grande, hubiéramos tenido un problema peor”.

Bueno igual me apresurei demasiado ó escribir a anterior frase el nin conta se da do problema. O que deixou claro é que ten un coche grande (secadra tan grande coma o Audi do seu predecesor) e tamén admitiu que con coches pequenos o atropelo pode ser fatal. Si oh!! Coches pequenos dos que ten a maioría da xente, e que por suposto teñen que pagar eles o amaño, e no mellor dos casos se non pasa nada peor.

A vida dalgún é máis complexa que a doutros, pero nada pasa!! Que todos somos iguais e listo, iso é o que importa.

Ou polo menos o que nos gusta escoitar.

Calquer tempo pasado foi mellor (porundeTórdea)


2010
03.25

Véndonos no presente a todos nos pasa esto, sobre todo debido á facilidade côa que borramos os malos tragos vividos Tempo(si non foron moi duros, senón apartámolos por un instante).

A min pólo menos si que me pasa e secadra neste momento mais póla melancolía que me abrangue. Véñenme a mente recordos da infancia, ir na busca do mellor “gua” para xogar as canicas cos meus no patio do colexio, as “aventuras” no bus do colexio, un día que fun a Lugo a radio e o profesor coma si se tratase dun guía turístico e nos nunca haber saído da eira da casa levounos polo centro e díxonos o chegar a unha fonte “rapaces, esta fonte bota viño un día o ano”, as tardes de verán no río, os traballos en común cos veciños, como o de empacar e esperando que os maiores tempos de festache mandaran “chama aí do tractor” e o importante que xa te sentías, as horas e horas perdidas dentro do portal do piso “deste editor”, as tardes de “futbolin”, os primeiros paseos na vida nocturna, esa despedida mais que cariñosa nun portal as 8 da mañá, o nerviosismo o presentar un proxecto…

Que tempos aqueles, o certo é que daba algo por abrir unha ventá e ver por un intre aqueles tempos, ate daría aquela cazadora que tanto cariño lle tiña!!!jaja.

Tantos recordos, seguro que agora, si vos parastes a leer esto viranvos lembranzas. Facede o exercicio de pensar un anaco en tempos pasados, e si vos sae compartir esas morriñas facedeo aquí para todos nós.