Posts Tagged ‘monumentos’

Qué facer e qué ver en Castroverde


2007
11.06

Non é a primeira vez que me preguntan, qué se pode facer e qué se pode ver, en Castroverde, esto pretende ser unha mini guía de turismo do concello de castroverde, a web oficial non está dispoñible, segue así dende que se inaugurou a nova web fai máis ou menos un ano atrás. Ven e verás o concello de castroverde.

Seguiremos actualizando, con novos contidos en próximos días. Se ti vives nalgún lugar do concello non dubides en escribirme e pedirme que agregue ese espacio que todo visitante non pode deixar de ver.

Capela de Vilafrío: Edificio rectangular construído con muros de pedra e cuberto con lousa a tres augas. Parece obra do século XVIII, aínda que reformada posteriormente. No interior conserva un retabulo popular moderno cunha escultura de Santa Mariña do século XVIII e un primitivo capitel románico co seu correspondente basea, a modo de pila de auga bendita, pertencente sen dúbida ao antigo mosteiro de Castroverde.

Igrexa Parroquial de San Salvador de SoutoMerille: De orixe prerrománico que foi restaurada en época barroca. No ábside pódese apreciar unha primitiva fiestra con barrotes verticais labrados en pedra. A fachada principal é de estilo barroco.

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilabade: Coñecida popularmente como “A Catedral de Castroverde”, foi declarada Monumento Nacional en 1979. Construída en 1557 por Fernando de Castro e reformada por Diego Osorio no s. XVII, de estilo ojival tardío con influencias góticas-románicas. Pertenceu a un antigo monasterio. De planta rectangular, fabricada con sillería granítica e cuberta de lousa. Consta de nave rectangular dividida en tres tramos por arcos de ojiva, presbiterio, sacristía e oratorio. Na fachada destaca gran pórtico renacentista de cinco arcos, escalinata central, frontón triangular con escudo dos Osorio, acróteras nos extremos e cruz no vértice. Frontis con porta gótica, abocinada, de tres arquivoltas e columnas con capiteles vexetais, rosetón central e espadana de dous corpos e dobre van, con balconada exterior sobre ménsulas e balaustres de pedra. Interior: destaca o retabulo maior barroco de Francisco Moure (s. XVII).

Torre-Fortaleza de Castroverde: Da antiga fortaleza do s. XIV, propiedade dos Condes de Lemos e Moscosos, só queda en pé a torre da homenaxe, de 20 mts. de altura e cinco pisos, e as ruínas das murallas, situada no cume dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Conserva parte das súas almenas e destaca no lenzo norte unha ventá con dintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro. Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspillera, en arco. No Museo Provincial de Lugo áchanse dous candados procedentes deste castelo, con grilletes para colocar nos pés dos presos, recordo do primitivo cárcere.

Pazo de Abraira Arana (Pazo de Vilabade): Na actualidade dedicado a turismo rural. Sitúase no extremo dereito dunha gran leira amurallada formada por grandes prados separados por muros baixos de lousas. A fachada principal ábrese á praza que constitúe, xunto ao muro e a igrexa un interesante conxunto. Planta cadrada, cun corpo central elevado que ilumina o interior. A cuberta é de pizarra e sobre ela hai unha gran cheminea circular rematada por un pináculo central. A fachada principal é simétrica e nela aparecen dúas pedras de armas.

Casa Grande de Osorio: Casa de gran tamaño, levantada sobre planta rectangular, con piso baixo e superior. Parece que foi fundada no s. XVI e pertenceu ao Pazo de Carballedo. Na fachada principal temos unha ancha porta de entrada adintelada e outra porta máis estreita, cunha fiestra a cada lado. O piso alto leva seis fiestras e sobre a porta unha ventá con balcón fixo. Parte traseira similar. O máis característico son os dous escudos que locen na fachada principal, de formato similar e gravados sobre unha pedra cadrada cunha cornisa cortada na súa cimera: o escudo dereito, ovalado, circunscrito por unha corda, con cruz e castelo nos laterais e tres cuarteis cunha media lúa e tres estrelas dos Luaces, catro barras e un ave; e o escudo esquerdo, de contorno similar, con man e cruz nos laterais, con tres cuarteis: unha “M” coroada dos Montenegro, unha torre de tres homenaxes e un cordeiro sobre un bolo dos Bolaño.


Mirador Natural de A Serra do Miradoiro: No límite do concello de Castroverde co concello de Baleira, ppodese divisar unha vista panorámica das terras dos dous concellos no medio dun paraxe natural de gran beleza e interés. O punto máis alto desta serra localizase no monte do Pradairo a 1029 metros de altitude. Este lugar convertese no principal enclave natural de Castroverde. Non hai que esquecer ás múltiples rutas de sendeirismo que se poden percorrer así como os parexes naturais das distintas parroquias.

Cova da Valiña: O único xacemento no que está representado o inicio do Paleolítico Superior en Galicia é a Cova da Valiña, en Castroverde, da que falaremos nunha próxima entrada.

Entrada adicada a MVO e a toda a xente que se interesou nalgunha ocasión por facer turismo no concello de castroverde, graciñas pola súa achega, e tamén a súa colaboración, sempre con críticas constructivas na mellora do blog.