Posts Tagged ‘obraodirocab’

Obradoiro ACB


2009
10.10

Non dou crédito. Esta última semana foron moitos os que entraron na fiestra de masoucos buscando “Obradoiro ACB” no buscador de yahoo. Fago a proba e aquí o resultado…

Busqueda obradoiro ACB

A fiestra de masoucos, aparece diante da páxina da acb, da propia web do obradoiro, e tamén diante dun xigante como é o Marca. Nada fixen para ter ese bo trato por parte de yahoo, que por outra parte google nega, e ai que ir máis aló da páxina 10 para encontrar a referencia.

Por outra parte, o obra debutará hoxe na liga ACB, despois de 20 anos de luita, cun nome por riba de todo, Jose Ángel Plantel ObradoiroDocobo. Será diante do todopoderoso Barça, e a expectación e máxima, non so polo apoio recibido por institucións e afecionados(habrá cheo absoluto), senón polo inédito do caso no deporte español. Serán máis de 70 medios acreditados, entre eles a radio galega que conectará a partir das 17 horas coas inmediacions do sar. Parece que este sí pode ser o equipo de Galicia, cousa que non puideron antes obstentar antes nin breo, nin ourense,… etc.

Na parte deportiva, todo o mundo coincide, as carencias son evidentes, pero sobre todo no posto de base. Aínda así este Obra ilusiona e non debe caer no pesimismo se non gana este primeiro e duro partido dunha temporada que será larga, e que esperemos se consiga cando menos a permanencia.