Posts Tagged ‘organismos’

Non queda outra que Intentalo


2009
10.07

Xa fai unhos días que non estou a actulizar a fiestra. O san froilán, tamén coñecido como San Pailán, e algo de lectura xurídica, etc, etc estanme a roubar todo o tempo. A lectura destas leis débese a que estou a punto de presentarme a unhas oposicions (quén o diría). O certo é que son tempos de paro, xa estamos en máis de 3.500.000 de personas (A  noticia é deste días) .

Con este panorama a xente non invirte, non invirte porque os bancos no dan facilidades. Se a esto lle sumas que  a capacidade emprendedora dos españois está a altura, polo menos polo menos, do betún…

En tódolos lugares hai carteis que din “se vende” ou “se alquila” e moito máis nos baixos comerciais polo que todos buscan(mos) un empleo en empresas públicas que aseguren o futuro. Unhos con bolsas nas universidades, aínda que o traballo sexa ordenar alfabeticamente unhas credencias para un congreso da supervivencia do caracol común, outros nos corpos e forzas de seguridade do estado, e os demáis na administración, nalgunha das múltiples existentes, eso é o de menos.

O certo é que buscar academia está complicado(non fun quen de atopar unha), e chegas a pensar… “se tivera catro pesos montaría unha academia para enseñarlle a xente como estudiar”.  Non parece tan complicado, pero claro despois ven a segunda parte, aínda máis complexa. Moverse nas oscuras alcantarillas de mil administracions públicas que temos. Concellos, comarcas, provincias, deputacions, … mil organismos. Mil exámenes, mil oposicions, mil posibles enchufes, mil rumores, mil excusas. Realmente non andas, estudiar par que?nin estás para historias. Tampouco buscas grandes proxectos. Queres estar tranquilo e sobre todo baixo a seta e o paraguas de papá/mamá Estado.

As prazas son escasas, 10 – 20 plazas, duás para minusválidos, tema a discutir sobre o que non consigo facerme unha oponión clara, sinceramente. Con este rebumbio, súmalle unha manchea de opositores  no marco inconfundible de Silleda, ese gran centro de oposicions que cambiou, cambia e cambiará a vida de [email protected] por un empleo sobre todo seguro, que non mellor. Seguro que haberá nervios pero non queda outra que intentalo.