Posts Tagged ‘paleolítico superior’

Os comezos do paleolítico superior: A COVA DA VALIÑA.


2008
03.05

 [lang_gl]Como decía nunha anterior entrada, volvo falar da cova da valiña; Da que se pode atopar ata un libro(Autor/es: Llana Rodríguez, César / Soto Barreiro, María José), o que corresponde a imaxe, e sobre todo encontrase muita e boa información na rede, coma: [/lang_gl]

 [lang_es]Como decía en una entrada anterior, vuelvo a hablar de la ‘cova da valiña’; De la que se puede encontrar hasta un libro(Autor/es: Llana Rodríguez, César / Soto Barreiro, María José), al que corresponde la imagen, y sobre todo se encuentra mucha y buena información en la red, como: [/lang_es]

O único xacemento no que está representado o inicio do Paleolítico Superior enGalicia é a Cova da Valiña, en Castroverde (Lugo). Descuberta casualmente durante traballos de extracción de pedra caliza para a obtención de cal, foi dada a coñecer por Vázquez Seijas en 1965, xunto coas pedras e ósos (entre os que figuraba unha punta de azagaia, que documenta a actividade de caza con este instrumento típico do Paleolítico Superior) recollidos no  momento do seu descubrimento.
A súa excavación, dirixida por C. Llana e Mª Xosé Soto, realizouse en tres
campañas entre 1987 e 1989, das que foi publicada unha síntese das dúas primeiras.
Na zona excavada, correspondente a unha parte interior da cova (a área da entrada fora destruída), delimitouse unha ampla estratigrafía na que se identificou claramente un nivel arqueolóxicamente fértil que, ademáis de restos de ósos e de industria lítica, contiña carbóns e un somero pavimento de pedras, o que fai pensar nunha estructura de hábitat.
A industria lítica, realizada maioritariamente sobre cuarzos, xistos e calizas,
sendo anecdótica a presencia de sílex, presenta útiles de reducido tamaño e pouco espesos, cun neto dominio das lascas frente aos soportes laminares, empregándose tamén fragmentos de xisto tal como foron recollidos para a obtención de útiles mediante retoque. Os tipos líticos identificados son varios tipos de burís, raspadores, perforadores, becs, coitelos de dorso tipo Abri Audi, unha posible punta Chatelperron, raedeiras e denticulados. Segundo apunta R. Villar, autora do estudiodesta industria, as súas características apuntan indudablemente ó comezo do Paleolítico Superior e, dentro das dúas tendencias deste (Perigordiense e Auriñaciense), certos aspectos a aproximan á liña Perigordiense, como o predominio do retoque abrupto, o índice de burís superior ao de raspadores, a abundancia de burís sobre fracturas retocadas e a presencia de pezas típicas; dentro do Perigordiense, aínda que con menos garantías, pódese postular un momento temperán, cecais Chatelperroniense.
Do estudio (por C. Llana) pormenorizado das materias primas empregadas,
atendendo ás súas características morfoestructurais (presencia ou non e tamaño de gran, e presencia ou non de planos de fractura preferente) e ó seu grado de alteración (pátina, rodadura), dedúcese un abastecimento puramente local (abranxendo un radio máximo duns centenares de metros desde o xacemento) e unha preferencia polos materiais sen gran aínda que con planos de fractura, observándose un claro comportamento selectivo en atención ao tipo de útil que se pretende fabricar, de xeito que, por unha parte, un material dado recibe un tratamento técnico e é destinado a determinados tipos de útiles segundo as súas características morfoestructurais e propiedades mecánicas e, por outra, para a fabricación dun útil elíxese, dentro do abano das posibilidades dispoñibles, aquela materia prima que millor se adecúa ás técnicas a empregar para a obtención do tipo desexado.
As condicións medioambientais foron establecidas por diferentes medios. O
estudo sedimentolóxico (A. Martínez) do nivel arqueolóxico permitiu inferir que a súa deposición tivo lugar sen intervención de procesos de xelifracción,
correspondendo á auga o arrastre dos sedimentos en condicións de alta pluviosidade, o que revela un clima húmedo e non frío. Estas conclusións foron
refrendadas e precisadas polas análises polínicas, que revelaron que no momento de formación de dito nivel existía nos arredores da cova unha paisaxe de bosque dominado por piñeiros e abedules, propios de clima máis frío que o actual, aínda que con certa presencia de carballos e castiñeiros que indican que o frío non era extremo; póidose precisar tamén a existencia de espacios abertos en forma de pradeira de gramíneas con certo desenrolo do matorral.
Tamén o estudo da fauna (C. Fernández) foi coherente coas conclusións sinaladas pois, ao lado da significativa ausencia dos animais máis característicos dos fríos extremos dos momentos estadiais (reno, mamut, rinoceronte lanudo, marmota, lebre ártica), os restos óseos aparecidos pertencen a unha fauna composta por especies propias de climas temperados e húmedos (corzo, xabarín, rinoceronte de Merck, castor), xunto con especies indiferentes ao clima (oso das cavernas, lobo, hiena, raposo, marta) e outras que, se ben poden adaptarse ao frío, non son alleas ás condicións máis benignas (cabalo, bisonte, cervo); as preferencias de hábitat das mesmas especies apuntan ao bosco (corzo, xabarín, oso), a condicións mixtas (cervo, coello, raposo, lobo, marta), á pradeira (cabalo, hiena, rinoceronte de Merck, lebre) e a presencia de cursos de auga (castor), con dúbidas nos ósos dungran bóvido difícil de identificar, que sinalaría ao bosque no caso de tratarse dun uro e á pradeira de ser un bisonte. Outros comentarios e conclusións poden extraerse do estudio da fauna, como a alta presencia de carnívoros; no caso da hiena parece claro o seu carácter de habitante da cova, tal como demostra a presencia de coprolitos, sen que se poida precisar se se tratou dunha ocupación estacional intermitente, alternándose coa presencia humana, ou se produciu con inmediata posterioridade ao abandono da cova. A alta presencia do raposo permite suxerir que, ao igoal que o coello, poda ter sido obxecto de caza para aproveitar as peles.
Con todo, non hai ningunha especie que se presente como claramente dominante sobre as demáis, incluindo os macromamíferos; este feito fai pensar nunha actividade cazadora non especializada, sen que se observe preferencia diferencial dunha especie ou especies concretas, evidenciando máis ben un comportamento de cazador oportunista, no que se aproveita todo tipo de carne ofrecido polo medio.
Cabe sinalar tamén o alto grado de fragmentación dos ósos, que máis parece provocada por presión que pola intervención humana, mesmo se esta tamén se produciu, como mostran as incisións deixadas nos ósos polas actividades de desarticulación de membros e de descarnado (P. Pumarejo); o feito de que non aparezan sinais de separación da pel e da parta pode ser indicio de que os animais non foron levados completos ao xacemento, senón campamento aquelas partes (fundamentalmente as extremidades) de maior contido cárnico, deixando o resto no lugar de captura; esto é coherente coa composición da mostra ósea recollida, se ben se debe ter en conta que o pequeno tamaño desta e a xa citada elevada fragmentación dotan ás conclusións dunha certa provisionalidade.
A atribución das industrias ao Paleolítico Superior inicial e as condicións climáticas deducidas dos estudios faunísticos, paleobotánicos e sedimentolóxicos apuntan a unha situación da ocupación humana na Valiña durante o Interestadial Würmiense, único período no que se da o conxunto de características sinaladas.Esta atribución ven corroborada polo resultado dunha datación por Carbono 14 feita no laboratorio de Groninga, que proporcionou unha data de 34.800 +1.900/-1.500 BP (GrN-17729), dentro do mencionado período.
O xacemento da cova da Valiña ven así a echer un vacío na Prehistoria de Galicia, e aporta os primeiros datos acerca da vida humana neste territorio durante o Paleolítico Superior, en momentos inmediatamente anteriores ao comezo dos grandes fríos da segunda fase da glaciación Würm.

[lang_gl]Que foi o que máis vos sorprendeu? A que había cousas que nin sabíades? [/lang_gl]

[lang_es]Que foi o que máis vos sorprendeu? A que había cousas que nin sabíades? [/lang_es]