Posts Tagged ‘pensamentos’

Somos convencionais. Por Undetordea


2008
07.17

Secadra estou a tomar demasiada liberdade para englobarnos a todos nesta afirmación, polo menos a tódolos que leen estas liñas irreais (non vos pensedes tolos por facelo)…pero xa o pensaredes ou me comentaredes.é a vida unha utop�a?Dende o comezo do noso ser, penso, que todos intentamos ser, por unha banda diferentes, destacando nalgo ou por outra parecernos a algo ou alguen para pertencer a un grupo social ou estilo. Quen non dixo algunha vez aquelo de “pois eu cando chegue o momento non vou facer así” aquel día que dixemos que nunca poñeríamos un traxe e o final caes e compralo, coma todos e polo un puto día “torres máis grandes caeron”.

Sempre falando de escapar de tópicos típicos, estudiar, acabar os estudos, atopar moza, atopar traballo, comprar coche, hipotecarse, casarse, ter un ou dous fillos, criar os fillos, estudalos, que empecen a traballar, ser avó… sempre o mesmo.

Que foi daquela arroutada de venres noite cun colega na barra dun bar a falar de vivencias hippies e soños, que sabemos que non tentaremos cumplir pero que quedan moi ben na conversa…

O peor de todo é que cando coñecemos a alguen que vive diferente, ten outras metas na vida, pensa diferente no tocante aTópico? todo o aparentemente importante para nós, chegamos a marxinalo…que non?? Pero si xa o fan os rapaces de 5 anos na escola…

Bueno, deixo esta pequena reflexión aquí, pois agora non a podo continuar, xa que teño que acabar a carreira, buscar traballo, buscar moza, buscar piso, coche… deus!!! Teño todo o importante por facer!!!!

Consecuentes. I


2008
02.13

 [lang_gl]José do Campo era xa un home cando marchou estudar a Madrid medicina, o único dos irmans que estudou, bueno, digo mal, outro deles tomou os hábitos anos despois. José do Campo viña a casa cando podía, daquela só se facía coma moito unha vez no ano. Traía ideas, faladurías, teorías que deixaban asombrados a tódolos rapazolos e homes veciños. Sempre cando viña presumía de ser comunista das ideoloxías, da universidade.

Unha desas tardes estaban os rapaces ó redor de José, mentres este expoñía as súas teorías comunistas  “e ti Amador que tes 3 vacas pois daríaslle unha a Pepita do Encanto pois esta ten unha e parte das súas ovellas serían tamén túas e as galiñas da túa casa, Joquín, serían de todos…”, e así continuaba.

José do Campo tiña un tío solteiro na casa, seu padriño. Este regaláralle unha egua moi feita, na cal José esculcaba nas rapazas. Pois o caso é que seu padriño era un home bruto sen estudo algún pero non menos entendido de teorías que seu afillado, e tamén escoitaba as teorías coas que viña o estudante de Madrid, e ese día foise sen dicir nada cara a casa, sacou a egua da corte e deulle unha vareada encamiñándoa cara o camiño de Gracian. A egua saíu o galope e José detrás dela berrando “uoh volve, volve…”.

 e xa ían os dous por aló abaixo e nesto que berra seu padriño “non decías que eras comunista ? deixa a egua que vaia para Gracian que ti xa te serviches dabondo dela” 

Moitas veces identificámonos con símbolos con maneiras de pensar, frases feitas que soltamos en conversas que semellan interesantes e co que intentamos poñernos nun bando o outro. Falando cun compañeiro, dicíame que falta “raciocinio” na xente, e poida que non lle falte razón.

Moitas veces cantos hai que se escoitan dicir “eu son rojo, comunista” como querendo dicir con eso que son antifeixistas (estes non son os que se negan a facer feixes) e contrarios a dictaduras, “libertarios”. Igual non son consecuentes co que din.

Estes que non se lles esqueza que moitas dictaduras houbo con comunistas e parece que as sigue habendo con pseudocomunistas. Outros póñense na tremenda de que o comunismo non chegou a nada, que é algo negativo, un atraso. Que non se enganen pois nos vellos países europeos, a alternancia entre os conservadores e progresistas está á orde do día, uns non o fan mellor que outros, pero postos a respostar, os socialistas, esquerdistas teñen algo que ver co antigo comunismo.

Por poñer un exemplo e con esto non defendo ó “castrismo”, polo ano 69 en cuba xa se traballaba na investigación dos apareamentos do gando holstein con outras razas…Nós que facíamos neses anos?

Supoño que non é malo pensar coma uns ou outros, expoñer os pensamentos cheos de razón segundo un mesmo, senón que o malo é non saber o porque se pensa así, e ser monicreques de algo ou alguén.

Fmdo: ‘Un de tordea’[/lang_gl]

[lang_es]Lo siento, ‘un de tordea’, escribe solo en gallego. Pulsa para ver el texto original.  [/lang_es]