Posts Tagged ‘pol’

Parque eólico de Monciro e Meda, si ou non?


2009
01.21

Unión Fenosa, a que foi unha das grandes derrotadas do concurso eólico da Consellería de Innovación e Industria, fíxose cos 41 megawatts do parque eólico de Monciro e Meda, asignados nun principio a Total Eólica. Total Eólica S.A., con sede na Coruña, pertencía ao xigante petroquímico europeo Total-Fina-Elf. Así os parques de Monciro e Meda, que abarcan os concellos de Castroverde, Pol, Lugo e Castro de Rei quedan en mans da división de renovables de Unión Fenosa.

Segundo Javier Crooke, responsable de Iberdrola en Galicia, afirmou: “O Territorio galego sóbralle enerxía” Esto so é unha mostra máis douso indebido das fontes de enerxía que temos ao lado da casa, na leira, na carballeira, na veiga, etc.

Poñendo un exemplo gráfico, sería como os contenedores da basura. Todo o mundo non dubida de que sexan necesarios, pero naide os quere diante das súas casas (sobre todo no vrao). Os parques eólicos ademáis, tamén afectan a paisaxe e a especies protexidas. Na súa contra tamén teñen a súa escasa eficiencia enerxética, os poucos beneficios sociais que aporta, e as sospeitosas e elevadas subvencions estatais recibidas.

¿Pero que podemos facer entonces? ¿Poñemolos na casa do veciño e olvidamonos deles? O debate segue aberto e servido.