Posts Tagged ‘polder’

O polder máis grande do mundo (I). (Por UndeTordea)


2011
07.08

PolderUn polder en neerlandés, ven sendo o térreo gañado o mar e dedicado a fins agrícolas.Termo que tamén podemos aplicar practicamente a calquera desecación para o mesmo fin, realizado sobre marismas, lagoas etc.

Similitude tamén atopada en Galiza, como a lagoa de Antela, secada para os mesmos fins ou a lagoa de Cospeito. O meu ultimo acercamento ate Holanda posibilitoume estar no polder máis grande do mundo, a provincia de Flevolandia. A curiosidade levoume a buscar información xa que aspreguntas eran moitas. Como se seca un mar, como este se converte nunha lagoa doce,como se cultiva a terra nun lugar supoño que con salinidade elevada, como se fai para repartir esas terras e territorios.

Inundaciçon holanda 1953Moitas preguntas que a maioría delas , xa o digo agora,non lles atopei resposta directa e clara, pero si algunha liña polaque chego a imaxinar e comprender algunha cousa. Holanda, ou mellor denominado Países Baixos, xa pornatureza están en moitos puntos do seu territorio por baixo do nivel do mar, o que sempre levou os seus habitantes a loitar contra o mar por un espazo colonizado dende tempos remotos. Sexa polo que sexa, eles non renunciaron o seu fogar e viron algunhavantaxe para seguir loitando e facer a súa vida alí máis segura. A un sistema de diques no país despois dunha catástrofe ocorrida no ano 53 no suroeste do pais sumóuselle un dos proxectos máis ambiciosos na hidráulica, dotando o país dunha serie de diques de dimensión e enxeñaría incalculables.

FlevolandPero das grandes obras, para min as máis doadas de visitar e disfrutar son as do centro de Holanda, onde a terra se atopa ca entrada domar do norte. Nese punto se atopa a provincia de Flevolandia, creada entre os anos 40 e 68. A súa capital é Lelystad, cidade fundada fai só un cuarto de século. Esta falta de historia e por outra banda ver unha cidade tan desenrolada levoume a plantear moitísimas cuestións e non parar de asombrarme. Como fixeran eses holandeses paracolonizar tan pronto o território? O Zuider Zee era o mar do sur, parte do mar do norte que se metía como se fose un golfo xigante ou unha ría en terra. Parece que polo ano1886 se debatía en Holanda cerrar ese cacho de mar para dedicalo a fins agrícolas. Oenxeñeiro Cornelis Lely deséñao e impulsao. En 1927 comezan as obras de construción do dique Afsluitdijk rematado no 32.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/RnjdGwY_Vg4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]