Posts Tagged ‘politoticos’

sorpresa en castro… de rei


2009
10.28

Sigome sorprendendo cada vez que deteñen a alcaldes e concelleiros, sexa donde sexa, pero este caso toca “cerca”. A operación está baixo secreto de sumario, pero parece que a operación está relacionada coa posible adxudicación castro de rei“irregular”(si entre comllias) de obras subvencionadas por outras administracions. Esta operación saiu a luz por escuitas que fixo a policía xudical con relación a outra investigación. Pero chegado a este punto…as conclusións que se poden sacar…

– que a corrupción salpica a todolos partidos, e especialmente os que máis tempo levan no poder.

O tráfico de influencias, delitos fiscais, blanqueo de diñeiro, etc. non se producen de modo aislado, como aseguran os partidos cada vez que salta un novo escándalo. Son tantos os casos, que deberíamos preguntarnos se a corrupción política é, senon xeralizada, polo menos sí mui extendida. Neste punto os máximos dirixentes dos partidos teñen a súa parte de responsabilidade, ou son tontos para non detectar e eliminar os corruptos nas suas filas ou son cómplices por mirar cara outro lado.

Corrupcion Chama tamén poderosamente a atención a celeridade con que os políticos anuncian reformas de leis e endurecemento de penas cando hai algún escándalo en outros campos (delincuencia xuvenil, por exemplo) pero contrasta a lentitude que mostran cando os que son xuzgados son eles mesmos.

-Por último deberían(mos) reflexionar sobre o descrédito que produce que os políticos se vexan salpicados por problemas deste tipo.

Son políticos, uns máis ca outros, uns mellores, outros peores.