Segundo ven de denunciar o PP de Castroverde na Voz de Galicia, actualmente non hai os suficientes sinais nin son homoxéneas polo que, debido á dispersión, a quen non coñeza a zona resúltalle moi difícil chegar a determinados núcleos de poboación.
De feito sería unha boa medida que o Concello colocase sinalización turística(ante todo) e toponímica na maioría de vías que percorren o concello.
Primeiras fotos de indicador de Masoucos (e Trascastro, ata que dure…). Máis tarde tamén serviu para sinalizar Vilacote.
Pero visto o visto, parece pouco probable que esta medida se leve a cabo. Desconozco se queda algunha parroquia por sinalizar, pero ata finais de 2007 non puidemos ver un letreiro ou identificador da parroquia de Masoucos.